martes, 7 de junio de 2011

Reforma Laboral.Parte 1:Como afecta ós diferentes tipos de contratos.

Neste blogue imos facer unha serie de artigos para intentar explicar os aspectos mas salientables das sucesivas  e nefastas reformas laborais,pactadas polo Goberno,Patronal e Sindicatos Gobernamentais as costas de tódolos traballadores que supoñen unha perdida de dereitos dos mesmos ,sen precedentes.
Neste primeiro artigo imos empezar por como afecta a os diferentes tipos de contratos.

Contratos indefinidos.

Antes de la reforma la indemnización por despido para os contratos indefinidos era de 45 días por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades,33 días(dos cales a empresa abona 25 e o FOGASA 8)  e 24 mensualidades de máximo en caso de que fora un contrato indefinido de fomento de contratación.
Ca reforma laboral os contratos indefinidos tecnicamente desaparecen,e imos explicar porque,xa que a empresa alegando perdidas ou previsión de estas,(calquera empresa pode facelo cun pouco de enxeñería contable) e sempre que os despidos afecten a 10 traballadores nunha empresa de 100,o 10% nunha empresa de entre 100 e 300 ou a 30 nunha empresa de mais de 300, só ten que abonar 20 días por ano traballado ata un máximo de 12 mensualidades,ainda que realmente só ten que abonar 12 días xa que os outros 8 corren por conta do FOGASA.
Polo que a empresa lle costa o mesmo despedir a alguén que leve 12 años que 40.
Podemos facer un pequeno cálculo para ver a diferencia de despedir a un traballador fixo antes e despois da reforma,supoñamos que os 45 días de traballo sumaran de 2000€ e a antigüidade do traballador na empresa  fora de 40 anos:
Antes:
2000x40=80.000€
Agora en vez de 2000€ por 45 días serían 533€ ,xa que en vez de 45 por ano serían 20 e deles a empresa solo abona 12 ,e antes o máximo eran 42 mensualidades e agora son 12 ,polo que serían:
533x12=6.396€
Con esta diferencia queda claro que non existen contratos fixos,polo menos no ámbito privado. 

Contratos temporais.

Antes da reforma laboral os contratos por obra podían prolongarse indefinidamente mentres durase o motivo de contratación, pero si  o motivo de contratación  non estaba ben especificado (fraude de lei) ou o motivo de contratación finalizaba  e o traballador seguía traballando ,sumando mais de 24 meses nun período de 30, mediante 2 ou mais contratos,pasaba a ser fixo,salvo que os contratos foran formativos,de relevo ou por interinidade,a indemnización por despido de este tipo de contratos era de 8 días por ano traballado.
Ca nova reforma o contrato por obra limitase a 3 anos,hasta 4 si o convenio sectorial o permite,pero non vale amplialo mediante un convenio de empresa,a indemnización sube a 9 días por ano para os que se fagan no 2012, 10 no 2013,11 no 2014 e 12 no 2015.
En canto os contratos por interinidade (baixas,etc) poden prolongarse o tempo que dure a causa e encadearse varios sen adquirir ningún tipo de dereito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario