domingo, 16 de octubre de 2011

Carta a todos os traballadores

Estimados compañeiros,debido aos graves acontecementos ocorridos nestes últimos meses, co resultado de oito compañeiros despedidos e por mor das mentiras vertidas sobre nós en relación a este asunto vémonos na obriga de deixar claras algunhas cuestións.
Ten narices a cousa, que CCOO colaborador necesario no despedimento dos nosos compañeiros, intente agora botarnos a culpa destes despedimentos e dicir que nós puxemos en risco a futura contratación deste persoal.
Nós denunciamos os contratos destes compañeiros porque eran ilegais, e de facto, según recoñece a propia inspección de traballo, indefinidos de pleno dereito. E fomos quen de presionar a Empresa para que antes de fin de ano os fixera indefinidos, exceptuando a un, que quedaría para febreiro. Pero a presión de CCOO, co presidente do Comité a cabeza fixo imposible este acordo, que o quería o inspector de traballo, a Empresa, e o que é máis importante, o querían os compañeiros afectados polos despedimentos.
Todas as razóns que deron para non aceptar esta proposta, que non foi nosa, senón da inspección de traballo, que fixo unha labor mediadora intachable, non foron máis que pretextos totalmente absurdos e contraditorios. O Presidente do Comité chegou a dicirlle ao inspector que si aceptaba isto ”podía ir a Teixeiro” e por iso a súa asesoría xurídica lle aconsellaba non aceptar. O inspector non daba crédito do que estaba oíndo, e foi el mesmo que lle rebateu ese argumento tan peregrino. Os propios compañeiros afectados foron falar co Comité e lles pediron que aceptaran o trato, e incluso un cargo do Comité quería negarse a falar coa metade deles por non seren afiliados ao seu sindicato. Hai que ser miserable, desgraciado e mal compañeiro para dicirlle iso a uns traballadores que teñen a carta de despido na man, porque e obrigación do Comité representar a todos os traballadores da empresa independentemente da súa afiliación. Acabou a conversa decindolles que non se preocuparan, que si finalmente decían que non, era que xa o tiñan arranxado doutra forma. Pois se agora a Empresa pon trabas para contratalos toda a culpa e de CCOO porque sabían de sobra ao que se arriscaban, e advertidos estaban por nos, pola empresa e polo inspector de traballo do que podía acontecer. A decisión final foi deles, e estaban todas as carta sobre a mesa, ou se firma este acordo ou non garantimos nada, dixo a Empresa. O sabían e non aceptaron. Serán eles os que teñan que explicar as súas razóns, e non valen as que deron ata o de agora. A tontería de que os poden meter na cárcere porque teñen posta unha demanda contra a empresa por saltarse a orde de antigüidade na adxudicación dos contratos de relevo é unha auténtica patraña. Ademais de que esta demanda a teñen prácticamente perdida. Porque non hai ningún acordo ao respecto por escrito e ningún xuíz vai facer de seleccionador de persoal e dicirlle a empresa a quen ten que contratar. Isto en todo caso tiñamos que ganalo doutra forma, presionando a Empresa entre todos. A outra razón que esgrimiron, que teñen que respectar o listado do referéndum e outra patraña peor, porque agás eles, ninguén coñecía o dichoso listado o día do referéndum, e ademáis, o listado que nos facilitaron despois tampouco respecta a orde de antigüidade por moito que eles queiran vender a moto. Hai compañeiros menos antigos por diante doutros máis antigos nesa lista. Ese e un dato irrefutable.
Entón, porque puxeron tantas trabas? Será simplemente por darnos a nós nas cornas, e por non recoñecer que facendo as cousas doutra forma pódense alcanzar obxectivos máis altos? Ou será por facer prevalecer unha orde nos listados sobre outra, onde que pisotea os dereitos consolidados dunhos compañeiros para favorecer a outros?
En todo isto hai unha verdade indiscutible, que os compañeiros que foron despedidos pola empresa eran indefinidos de pleno dereito, e para ser máis xustos tiña que prevalecer ese dereito na orde de contratación, e non o dicimos nós, o di a autoridade laboral, en boca do inspector de traballo. E o Presidente do Comité preferiu poñer por diante a outros que tiñan menos dereito.
Outra cousa que temos claro é que o sindicalismo de CCOO na nosa fábrica e un sindicalismo de salón, que se fai nos despachos, é un sindicalismo clientelista, que nada maís intenta favorecer aos seus afiliados e amigos, pisoteando se fai falta os dereitos do
resto dos compañeiros, e tamén e un sindicalismo desmobilizador dos traballadores, que lles di que non se preocupen , que non fai falta que fagan nada, que xa están eles para amañar os problemas. E organizan referendums infames, nos que se  nos propoñe a votar unha carta do xefe de planta, nos que a dirección da fábrica vai a votar, nos que votamos para que os nosos compañeiros, que tamén teñen que dar de comer os seus fillos queden sen traballo.
Que os voten á calle, e ninguén diga nada, e que se vaian os que traballan, coa cantidade de “pinchalaghartos” que hai na fábrica sen que ninguén saiba a que se dedican, é totalmente intolerable, é inxusto e é un dos actos sindicais máis ignominiosos que nos temos encontrado.
Pois ben, o que hai que saber e que por culpa desta clase de sindicalismo a Empresa despide impunemente a oito compañeiros, que ían ser máis, pero este proceso acortou o número, e aínda encima nos queren votar a culpa do que pase no futuro coas contratacións. Que eles tiñan garantido que serían indefinidos a finais de 2012. E logo, aos que non sexan contratados nesa fecha lle vai pagar o salario CCOO. Pero que clase de garantías tiñan? Porque a nós deixounos ven claro recursos humáns de que se non melloraban as cousas non os ían contratar. O que hai que saber é que a estes compañeiros os despiden porque o permite o Comité, e colabora coa empresa para despedilos. E non son máis porque a asemblea que convocou o Comité, na que se ía  votar o acordo non lles saleu ben, e tiveron que forzar unha pequena mellora do acordo para intentalo co referéndum. Que si non, moitos quedarían fora dese suposto compromiso de futura contratación. Con outra forma de facer sindicalismo non estarían na calle, iso seguro. Pero hai que loitar, e loitar todos os traballadores xuntos, e non desmobilizalos, porque a única forza que temos e a xuntanza de todos os traballadores..
Xa veremos o que pasa o ano que ben, e non queremos ser agoireiros, porén parécenos que este non vai ser o derradeiro conflito. Estade seguros que se aveciñan tempos duros, e con esta clase de resposta sindical vamos de cu.
Un saúdo nacionalista e de clase.

viernes, 14 de octubre de 2011

CCOO favorecendo o fraude de lei e o despido de traballadores

Como sección sindical o último que esperábamos ver era a un sindicato favorecendo o fraude de lei e provocando o despido de traballadores.
A sección sindical de CCOO amparándose nun referendo que só propuxeron eles, sen facer una asemblea informativa previa facendo mención os contratos en fraude de lei ,(xa non se atreveron,despois de mentirlles descaradamente a tódolos traballadores na anterior,como xa demostrou esta sección sindical), permitindo participar o persoal de función directiva nel e filtrando as listas que só eles coñecían a quen lles conviña( obviamente a os que non ían ser despedidos),para que votaran o “Si”,( lonxe quedan os tempos onde dicían que ían pelexar por todos e cada un dos 59 traballadores afectados), torpedeou un preacordo promovido pola inspección de traballo onde 19 traballadores con contratos en fraude de lei pasaban a ser fixos de pleno dereito no que queda de ano. A este preacordo chegouse debido a denuncia presentada pola C.I.G. ante inspección de traballo polo fraude nos contratos fin de obra.
Na reunión celebrada o día 23 de Setembro na inspección de traballo onde estaban presentes os traballadores afectados, o inspector,un representante da dirección, e nós; o inspector dounos a razón dicindo que estaban en fraude de lei e instou a empresa a corrixir esta situación facéndoos fixos de inmediato, sen non, se lles imporía una forte sanción e remitiría o asunto á fiscalía, sendo o xuíz o que os declararía en fraude de lei obrigando a empresa a facelos fixos,aínda que logo a empresa ,indemnizándoos por un despido improcedente podía votalos, si quixera,(como pode facer con calquera de nos), ante isto, e para non dilatar mais o proceso, tódalas partes chegamos a un acordo onde os traballadores continuarían traballando e pasarían a converterse en fixos o largo de este ano. Inspector, empresa, traballadores e nós estabamos de acordo coa solución polo que esta sección acordou retirar a denuncia pero cal e a nosa sorpresa cando ó día seguinte a dirección comunícanos que non pode haber acordo porque CCOO negase a elo ameazándoos con non firmar o mal chamado pacto pola competitividade (con iso xa nos podemos facer una idea de a quen favorece realmente ese acordo), do que son únicos asinantes xunto con APC, polo que parte de eses traballadores serán despedidos coa promesa de volvelos a coller pero con un contrato de interinidade que non xera ningún tipo de dereitos perdendo todos os que tiñan, e que nun futuro lles van a cambiar o contrato facéndoos fixos, sempre e cando se manteñan as actuais condicións de mercado,como xa nos deixou ben claro a dirección. Entón o inspector fai o derradeiro intento por acadar un acordo e convócanos de novo para o día 26, a un representante de cada sección sindical, a empresa e aos traballadores afectados polos despedimentos. Nós lles dicimos a eses traballadores que comparen a súa situación actual ,ca que tiñan antes da denuncia e que lle pidan responsabilidades ós que provocaron todo isto, só co único interés de pagar favores que deben. Os traballadores chaman aos cargos directivos do Comité e concertan unha cita esa mesma mañán para intentar convencelos de que acepten a proposta da autoridade laboral.
Chegado o día 26, os argumentos que esgrime CCOO para negarse son ridículos(como xa lle deixou ben claro o inspector ao líder da súa sección) dicindo que teñen una denuncia no xulgado (saben de sobras que iso non vai saír ben) por non seguir o criterio da data de entrada, na adxudicación dos contratos de relevo ¿Onde di que se ten que contratar a xente por orde de entrada?, no estatuto non, no convenio tampouco, e o de que sempre se fixo así tampouco e certo como moi ben saben eles xa que cando non lles interesou ven que deixaron tirados a varios traballadores ó largo de estes últimos anos. Ademais ese criterio podería ter algunha lóxica seguilo si a diferenza fose moita, pero neste caso a diferenza de antigüidade entre a maioría de eles e de un día,e hai moitos que foron despedidos e finiquitados contratándoos varios meses despois,perdendo así a antigüidade, pero sobre todo o que non ten sentido e facer un acordo que se salte a lei e xenere un dano tan grave a estes traballadores, por moita maioría que teñan eles.
Ahí remata a responsabilidade de esta sección sindical neste asunto,xa que consideramos que debería terse amañado satisfactoriamente para os implicados pero non puido ser pola cabezonería de terceiros.
O mais curioso de todo isto que a maioría das persoas beneficiadas polo preacordo conseguido por esta sección son afiliados de CCOO,e foi a súa propia sección sindical quen o malogrou, ¿será porque son afiliados de 2º, e aínda non acadaron o nivel de favores necesario?.