miércoles, 8 de junio de 2011

REDUCCIÓN DE PLANTILLA

Esta mañán a direccón da fábrica comunicaba a unha pequena representación do Comité de Empresa os seus plans de futuro. Basicamente o que pretende a empresa e reducir os seus costes a costa da plantilla. A ineptitude da dirección e dos mandos da fábrica para optimizar recursos e para implantar sistemas e procedementos de traballo o máis operativos e rendibles posibles, a organización infame que padecemos a diario en calquera dos departamentos da fábrica, a presunta corrupción interna no sistema de contratacións de obras e servicios e de compras supoñen un derroche constante en cartos, producción e recursos. E totalmente inmoral que pretendan que todo este custe o paguemos os traballadores en reducción de dereitos e cos nosos empregos.

O plan da dirección ten varios aspectos, todos tremendamente negativos para os traballadores, comenzando pola pretensión de desfacerse de todos os nosos compañeiros que teñen contratos eventuais, ao mesmo tempo que subcontratar tarefas productivas a compañias auxiliares, coma o serrado e a carga de camións dos terminados. Tamén incluen traslados forzosos de 12 compañeiros de mantenemento a postos de producción, de 2 de laboratorio a fundición e un de EHS a producción tamén. En total destruirían máis de 50 postos de traballo.

Esto xa o esperabamos por parte da empresa, pero o que nos podemos entender e que o Presidente do Comité de Empresa espere ao vindeiro luns para convocar unha reunión urxente do Comité, e que faga de correveidile da dirección conminándonos a guardar sixilo destas informacións hasta que a dirección convoque a todo o Comité para repetirlle outra vez o mesmo discurso. Non necesitamos que nos repitan outra vez o que xa sabemos, o que necesitamos e organizarnos, e movilizar a totalidade dos traballadores. Esperamos que o máis tardar nunha semana teñamos unha asamblea xeral para poder tomar as decisións necesarias para frear este ataque directo contra nos.

E imperativo que nestes momentos a empresa non vexa ningunha fisura na unión de toda a plantilla. Temos que dar unha resposta contundente a Empresa, e facerlle ver que non somos tan mansos como se creen, porque de outra forma estaremos perdidos. Pedímoslle entón, á maioría social do Comité que non se arrugue nesta ocasión e que non se dedique a desmovilizar senon a movilizar a todos os compañeiros. Negociar está ben, pero negóciase mellor con lobos na porta que con cordeiros.

Entre todos podemos, YES, WE CAN


En pé os escravos da terra

en pé os que non teñen pan;

a nosa razón forte berra

o triunfo chega en volcán.

Crebemos o xugo do pasado,

pobo de servos, erguete xa,

que o mundo vai ser transformado

e unha orde nova vai reinar.

Axuntémonos todos, é a loita final,

o xenéro humán, forman a Internacional.

Non hai salvadores supremos,

nen rei, nen tribuno, nen deus,

temos que salbarnos nos mesmos,

o Pobo Traballador.

Para que nos devolvan o roubado,

para derrubar esta prisión,

batamos no lume sagrado,

ferreiros dun mundo mellor.

Axuntémonos todos, é a loita final,

o xenéro humán, forman a Internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario