miércoles, 29 de junio de 2011

5ª REUNIÓN DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

Hoxe a Representación da Dirección sorprendeunos pola visión que mostrou ou entendeu por competitividade con pinceladas de creatividade como amosan nas seguintes propostas:

Fundición: 
cobertura das vacacións por persoal de mantemento central que teña experiencia en fundición.

Electrolisis:
lavado de maos: eliminación da acumulación de días a todo o persoal que sexa posible.
Apoio de mantemento con experiencia previa en produción para cobertura de vacacións e baixas
o mesmo tempo apoio de produción a mantemento para vacacións e baixas.

Hai que engadir a isto o retorno das 12 persoas de mantemento a produción e a finalización de contrato das 12 persoas de produción ( polo retorno do persoal de mantemento) isto é o que
a Representación da Dirección entende por competitividade e futuro na nosa fabrica.

A Representación dos traballadores rechazamos  negociar os despidos que supoñen os traslados a
produción e a Representación da Empresa emprazounos a continuar o xoves 30.


En resumen: Canto mais avanzan a reunións mais claro temos que non buscan competitividade
                     senón precariedade e unha leonina redución de plantilla, bótase en falla unha
                     organización mais profesioalizada  que si axude a mellorar os nosos procesos
                     produtivos con propostas serias e beneficiosas para a nosa planta.
 
Se hai algo que mereza a pena informar nas vindeiras reunións o faremos,a próxima celebrarase maña, a cal será decisiva,e probablemente a última si e que non hai un cambio de actitude por parte da Dirección.,.
             

No hay comentarios:

Publicar un comentario