miércoles, 19 de junio de 2013

IMPORTANTE SENTENCIA CONTRA O INSS E A SEGURIDADE SOCIAL

A CIG gaña unha sentencia definitiva no Xulgado Central Contencioso Administrativo que anula a orde do INSS de pagar aos inspectores médicos por reducir os tempos de baixas dos traballadores e traballadoras.

En marzo do 2011 o INSS crea un complemento de produtividade para os inspectores médicos en función das altas que promovan. Cantas máis altas, máis cobran.

A sentenza e de dobremente importante xa que afecta ao conxunto de traballadores de todo o Estado, e pola súa transcendencia económica, xa que o Instituto Nacional da Seguridade Social é o que paga as prestacións por incapacidade temporal das traballadoras e traballadores que se encontran de baixa por enfermidade ou accidente.

Esta decisión atentaba contra a saúde dos traballadores e traballadoras, provocando que moitas persoas sen estar curadas fosen dadas de alta para o traballo, prexudicando a súa curación e a súa saúde.

Para a CIG a prestación sanitaria por IT (incapacidade temporal), é fundamental na medida en que garante a subsistencia material das traballadores e traballadores en situación de enfermidade. Ante estas sentenzas, Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación da central sindical denuncia que as políticas de austeridade están levantando sospeitas sobre as/os traballadoras/es que se ven na necesidade de exercer este dereito. “Hai cantidade de persoas que teñen que acudir aos seus postos de traballo dados de alta estando enfermas e mesmo casos de despedimentos para aqueles que pola súa situación de enfermidade non están aptos para realizar o seu traballo en condicións óptimas”.

Este goberno actúa en función das reclamacións dos empresarios,desprezando os nosos dereitos.