lunes, 28 de diciembre de 2015

Alcoa Inespal boicotea a folga convocada no departamento de electrólise ao decretar uns servizos mínimos do 100%






A folga convocada polo Comité de empresa de Alcoa Inespal no departamento de electrólise quedou finalmente desconvocada debido ao boicot da empresa, que impuxo uns servizos mínimos do 100% e obriga a traballar ao persoal deste departamento como nunha xornada habitual. Porén, en folgas anteriores, a dirección impuxera uns servizos mínimos só destinados ao mantemento e seguridade das persoas e das instalacións.

Estes servizos mínimos, denuncia a Sección Sindical da CIG en Alcoa, non foron negociados coa representación do persoal e resultan tan abusivos que para cumprilos, a dirección mesmo tería que “contratar” persoal adicional para poder cubrir o servizo.

A folga, cuxo inicio estaba previsto para hoxe as oito da mañá, e cunha duración de catro horas por quenda laboral durante catro días, foi convocada contra as pretensións da empresa de aplicar unha modificación substancial das condicións de traballo ao persoal deste departamento de maneira arbitraria e sen negociación de ningún tipo.


A Sección Sindical da CIG en Alcoa considera que estes servizos mínimos impostos pola empresa supoñen un ataque frontal contra os dereitos dos/as traballadores/as ao dinamitar, na práctica, o exercicio do dereito fundamental de folga. 

domingo, 13 de diciembre de 2015

!MANIFESTACIÓN ! 17 Decembro

  •   Saída dende a Factoría de Alcoa. 
  •    Avenida de Arteixo.
  •    Rúa Notario.
  •    Rúa Fontán.           
  •   Delegación do Goberno