lunes, 4 de agosto de 2014

Cambios propostos no servizo médico

Xa fai un mes que a empresa propuxo ó comité un cambio no servizo médico, ata o de agora non nos pronunciamos sobre o tema porque non sabiamos exactamente o que andaban a buscar xa que as opcións que nos deron (para aforar custes segundo eles) eran totalmente opostas.
Na primeira reunión que mantivemos coa dirección, propuxéronos un cambio no servizo médico debido segundo eles a o alto custe que tiña a nosa fábrica,dicindo que o seu custo por persoa era o dobre que Avilés e San Cibrao,(cousa que dubidamos ata que nos ensinen as cifras reais) e ademais nos puxeron uns exemplos absurdos de outras empresas que a maioría de elas nin sequera están obrigadas a ter servizo médico propio, debido o seu numero de traballadores (menos de 250) ou pola actividade que realizan.
Nesta primeira reunión a dirección propoñía dúas alternativas:
 -Primeira opción: Suprimir o ATS en quendas de tarde e noite, asi como os fins de semana,segundo eles porque hai menos xente traballando (esquecesen que a necesidade dun servizo médico non ten que ver só co número de xente traballando senón co risco que corren), no seu lugar os xefes de quenda con un manual guiaburros e a chave do botiquín serían os encargados de decidir a gravidade do accidentado, prestarlle os primeiros auxilios e estabilizalo, ata a chegada da ambulancia ,que ademais terían que chamar eles, e segundo a gravidade do accidentado elixirían unha ambulancia privada concertada para os casos mais leves e as UVI´s móbiles do 061 nos casos mais graves,incrible que os médicos perdan unha década da sua vida formándose cando con este manual en cinco minutos poden socorrer a calquera accidentado.
Ademais todos os traballadores terían que facer un curso de primeiros auxilios de dúas horas para poder botar unha man (non sabemos a onde con tremenda formación) en caso de accidente.
Por si iso fora pouco en casos de enfermidade común tamén serian os xefes de quenda os encargados de decidir si pode seguir traballando ou non.
Cal foi a nosa sorpresa que aínda sin chegar a explicarnos ben a segunda opción practicamente o día seguinte xa sacan unhas charlas para que os xefes de quenda expliquen o novo funcionamento do servizo médico baseado nesta primeira opción sin os ATS de quenda.
Ante semellante despropósito o pleno do comité negouse en redondo, e chegamos o acordo por unanimidade de tomar as medidas que fagan falta para evitar esa situación que suporía unha desprotección total para os traballadores a quendas,ante iso a empresa parece que temporalmente desistiu de implantar inmediatamente esa opción e formuloumos algo mais en serio a segunda opción ,o Autoseguro.
 -Segunda opción:Facernos entidade colaboradora da seguridade social e facer un Autoseguro como teñen Avilés e San Cibrao.
Nesta opción parte dos cartos que destina a empresa a seguridade social e a mutua irían para unha especie de fondo xestionado pola empresa para facer fronte as incapacidades temporais derivadas de accidentes de traballo,non cubriría enfermidade común ,nin incapacidades permanentes,ou morte que as cubriría a SS e a mutua.
Para facerse entidade colaboradora da SS,habería que adecuar as instalacións do servizo médico da fábrica ampliándoas para poder dar un maior grado de cobertura sanitaria os traballadores nas propias instalacións,mantendo a atención as 24 horas do día os 365 días do ano igual que agora.
Ademais habería que manter concertos con centros de fisioterapia,ortopedia,radioloxía e cirurxía plástica,asi como con un hospital privado para casos graves (posiblemente o Modelo) e un centro hospitalario da SS ( J. Canalejo) para os casos de extremada gravidade.
Esta opción si no la chegan a detallar pormenorizadamente sería unha opción a considerar xa que os centros de traballo que a teñen a nivel nacional(a maioría de empresas públicas así como Avilés e San Cibrao) parece que funciona bastante ben e se acortan moito os tempos de atención sobre todo a hora de facer determinadas probas médicas, obter próteses, etc, que coas mutuas e case imposible conseguir hoxe en día.
Despois de tres reunións ca dirección o longo do mes pasado, agora temos claro que a intención da empresa é simplemente  deixar as quendas sin servizo médico ,xa que non se ve ningún movemento por parte da empresa para adoptar a opción do autoseguro (que por certo xa lles foi denegada no ano 1996 por non cumprir os requisitos básicos), ante esta situación esta sección sindical quere amosar o seu mais absoluto rexeitamento e fará todo o posible para impedir que a empresa leve a cabo esta reforma, deixando a xente que traballa a quendas desprotexida totalmente en caso de teren un accidente.