martes, 28 de junio de 2011

4ª REUNIÓN DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe incorporouse á mesa o Xefe de Planta solicitando un repaso de todas as medidas propostas na mesa.

Comenzou a súa participación cunha exposición global de mercado do grupo Alcoa, na que non comentou nada novo na posición de precaria competitividade en que se atopa a nosa planta.

Cabe suliñar que non mostran interese en atopar unha solución inmediata que pase pola modernización con inversións na fundición, si se denota pola parte da Representación da Empresa as intencións de precarización da planta por todas as propostas que expoñen que non son outras que as que xa coñecemos. Eles mesmos son os responsables da situación na que se atopa a planta da Coruña co rumbo que marcaron para ela excluíndo inversións claves para afrontar o futuro con garantías así como unha mala xestión dos recursos dos que dispuxo e dispón para a planta. No tocante as inversións estamos a pagar as deficiencias nas instalacións con problemas crónicos sen solucionar incrementando os custes de proceso e asumidos pola Dirección que non se pronuncia.

Esta dirección está a demostrar que non ten capacidade para prantexar e xestionar nada serio de cara a o futuro desta fábrica e pretenden que sexa a Representación dos Traballadores os que poñamos sobre a  mesa as solucións cando é competencia súa e non nosa facelo. Así a todo isto, a Representación dos Traballadores somos os que estamos a levar as iniciativas, incrementando inclusive as propostas iniciais, a actitude da Representación da Empresa é pasar por alto as malas xestións que fan e centrarse en recortes que precarizan aínda máis a posición da fábrica.

A Representación dos Traballadores estamos a facer un gran esforzo para continuar nesta mesa pola competitividade, xa que a representación da dirección non atende nin aporta medidas eficaces, e o que está claro e que de continuar nesta mesma situación, a Representación dos Traballadores iniciaremos tódalas medidas oportunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario