miércoles, 22 de junio de 2011

2º Reunión da Mesa Pola Competitividade.

 
Hoxe celebrouse a segunda reunión da mesa de traballo pola competitividade na que se trataron os seguintes temas:

- Plans de acción na fundición: amortización serra, troco dun forno en fundición na vertical 5 (ampliando ata as 37 Tm) substitución do fuel na fundición por gas natural, troco de formato na vertical 1.
A Representación da Empresa sostén que toda a inversión que se realice pasa por unha amortización de un ano para a súa aprobación. Os Representantes dos Traballadores esixen un compromiso por parte de Alcoa e un tratamento especial nas inversións que necesita esta planta polo abandono que sufriu en cuestión de inversións favorecendo a outras. Tamén se lle pide que o aforro que se consiga nesta planta coas medidas que se implanten se reinvirta na fundición.

- A Representación da Empresa expón en custes, as propostas seguintes:
Retorno das 13 persoas á produción, novas técnicas de laboratorio, exteriorización do serrado e expedicións e de unha nova aleación de placa tamén estudando as posibilidades de negocio en Europa.

Expoñen un listado de empresas exteriores, número de traballadores e custes, a continuación tamén un listado de vehículos e custes, a Representación dos Traballadores piden rigorosamente que as cifras e datos expostos se contrasten cos devanditos contratos, xa que estes datos non teñen ningún tipo de rigor.

Ábrese a posibilidade de facer extensible a outras plantas a proposta de baixas incentivadas ou traslados (estas dúas propostas están pendentes de aclarar por parte da empresa polo que aínda non podemos aportar información o respecto).

Resumindo, a reunión do día de hoxe por falta de rigorosidade dos datos aportados pola empresa e as intencións de inversión que se nos mostran, nos fan dubidar de que se busque unha solución a medio-longo prazo para esta planta.

Próxima reunión celebrarase o venres día 24 e esperemos que sexa mais produtiva que esta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario