viernes, 4 de marzo de 2011

NOVA POLÍTICA SANCIONADORA DE ALCOA

O día 28 de febreiro de 2011, recibimos a comunicación da sanción de 8 días de emprego e soldo ao noso compañeiro Abraham Amado Pazos. É a culminación dun expediente contraditorio aberto contra el, no que se lle acusaba de cometer tres faltas graves.
Finalmente retiran unha acusación de insubordinación por negarse a traballar, que demostramos que era falsa, e sanciónano por “neglixencia e desidia no traballo” por cometer un fallo nunha operación do seu posto de traballo. Concretamente por colar unha cuba por outra por erro, equivocación esta que ocurriulle moitas máis veces aos coladores das series e que nunca fora castigada. Dicir ademais que este erro non afectou a boa marcha do traballo por corrixirse sen maior problema.
Dende a sección sindical de CIG queremos deixar claro que o noso compañeiro non cometeu ningunha falta que poda ser sancionada e que as acusacións vertidas contra el non son máis que burdas falacias, coa intención de intentar amedrentalo agora que comenza a súa etapa coma representante dos traballadores no Comité de Empresa.
Consideramos pois, estes feitos, un ataque claro contra a liberdade sindical na nosa fábrica, e que constitúen, de feito, un atentado contra os dereitos de todos os traballadores. Por suposto que non aceptamos esta situación e daremos a batalla contra esta inxustiza en todos os ámbitos que consideremos oportunos.