jueves, 17 de octubre de 2013

Visita de Ramón Camino presidente de Alcoa España

Onte visitounos o presidente de Alcoa España, nesa breve visita comunicounos que Alcoa non vai facer ningún tipo de inversións no que queda de este ano nin no próximo na nosa planta,polo tanto sumamos outro ano sen inversións, demostrado que o ERE non só foi unha estafa a tódolos traballadores, senón que tamén un engano, xa que do famoso plan de competitividade non se cumpriu nin un só punto.
Díxonos tamén que as perspectivas do mercado cara o futuro non son boas xa que o LME, debido a que o stock de aluminio e moi alto, vaise manter como agora ou baixar, e o contrato enerxético non vai cambiar, porque o novo mecanismo de poxa non supón ningún cambio económico para Alcoa con respecto o que ten actualmente,ademais a todo isto hai que sumar que para o ano vanse baixar os aranceis ó aluminio que chega de fora de Europa, abaratando a tonelada en mais de 70$.
Outro punto dos que tratou é a venda do laminador ,xa que é unha máquina que non se vai volver a utilizar nunca mais(palabras textuais) ao cal o pleno do comité se negou en redondo xa que iso supón unha descapitalización máis sen ningunha contrapartida a cambio.
Tamén insistiu que temos que seguir gañando competitividade ,que traducido da neolingua quere dicir que van continuar cos despidos e que van vir mais recortes salariais, xa que o de gañar competitividade mediante inversións non vai con eles,neste punto se lle preguntou unha vez máis cal era a plantilla que esperan ter na fábrica o cal seguen sen responder.
Outra cousa moi interesante que nos comunicou e que se disolve a sociedade Alcoa Inespal(Aviles-Coruña) constituíndose cada unha de elas nunha sociedade independente,segundo eles por temas de claridade contable,cousa que non deixa de ser curiosa dada a opacidade das contas que mantiña ata agora a sociedade Alcoa Inversiones España S.L accionista maioritario de esta sociedade, teremos que seguir de cerca esta manobra para saber que esconde realmente.
Todo isto nos confirma unha vez mais o camiño que empezamos a percorrer fai xa case dous anos, un camiño que so ten dúas saídas, a venda no mellor dos casos e o peche no peor,xa que Alcoa unha vez mais nos demostra que con eles non hai futuro e ó ritmo que imos de desmantelamento e abandono da fábrica cada vez nos alongamos máis do primeiro e nos acercamos maís o segundo, o de onte, só foi un pasiño mais nese duro camiño que nos leva pola corda frouxa.


miércoles, 2 de octubre de 2013

Marcha polo emprego



MARCHA POLO EMPREGO NA CORUÑA

 A CIG rexistrou este martes no Parlamento de Galiza unha Iniciativa Lexislativa Popular dirixida á Mesa da cámara, coa que pretende xerar un debate social arredor do problema do desemprego e das medidas que se deberían adoptar para afrontalo, ademais de trasladar este debate á institución na que reside a soberanía popular: o Parlamento de Galiza. A presentación da ILP insírese na campaña polo Emprego posta en marcha pola central sindical, que contempla diferentes mobilizacións nas comarcas entre o 14 e o 19 de outubro e que culminará cunha manifestación nacional en Compostela, o día 19 estas mobilizacións consistiran nas marchas polo emprego que se farán en catro etapas nas que calquera pode participar.


1ª ETAPA. A CORUÑA - ARTEIXO
MARTES 15 DE OUTUBRO
12,5 KM.
SAÍDA ÁS 16:00 H DESDE O LOCAL DA CIG
ACTO PÚBLICO EN ARTEIXO ÁS 19:30 H

2ª ETAPA. A LARACHA - CARBALLO
MÉRCORES 16 DE OUTUBRO.
11 KM.
SAÍDA DA LARACHA (PRAZA DO CONCELLO) ÁS 16:00 H
ACTO PÚBLICO EN CARBALLO ÁS 19:30  H (PRAZA DO CONCELLO)


3ª ETAPA. POLÍGONO INDUSTRIAL DO ESPÍRITO SANTO - BETANZOS
XOVES 17 DE OUTUBRO.
11 KM.
SAÍDA DO P.I. ESPÍRITO SANTO ÁS 17:00 H.
ACTO PÚBLICO EN BETANZOS ÁS 19:30 H.

4ª ETAPA. CERCEDA - ORDES
VENRES 18 DE OUTUBRO.
17 KM.
SAÍDA DE CERCEDA ÁS 16:00 H.
ACTO PÚBLICO EN ORDES ÁS 19:30 H.