viernes, 24 de junio de 2011

3ª REUNIÓN MESA POLA COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe repasáronse as propostas incorporando algúns datos novos, coma os custes do Servizo de Prevención en subcontratación, estimación de aforro fundición na vertical do 5 e custes taxis San Cibrao.

Aportáronse novas propostas como a utilización do gas refinería para fundición, vaise estudar o impacto económico que tería esta alternativa ó gas natural.

A Representación da Empresa aclarou algúns datos económicos que quedaran pendentes relacionados cos custes de aluguer de maquinaria, os cales demostran o aforro que existe si os temos en propiedade na gran parte deles.

Proponse á Representación da Empresa facer unha correcta optimización dos recursos humáns, como a certificación de máquinas que actualmente se subcontrata a empresas exteriores dispoñendo de recursos propios pra facelo.

A Representación da Empresa nos fai unha presentación breve de como se atopa o mercado nas plantas de Avilés, San Cibrao e Fusina onde nos amosan un incremento claro de produción de lingote T, en detrimento de outros produtos con valor engadido (placas e tochos). Infórmanos da situación actual do laminador confirmando que na actualidade non hai ningunha oferta por el.

En resumen: Despois de tres reunións o que si queda claro e que hai marxe de aforro nas propostas da Representación dos Traballadores e acordamos que se cuantifiquen en breve na súa totalidade.

A próxima reunión celebrarase o martes vindeiro 28.

No hay comentarios:

Publicar un comentario