miércoles, 31 de agosto de 2011

XA ESTÁ A RATA NA LATA

No día de onte celebrouse na fábrica un referendum para aprobar a firma do acordo da mal chamada competitividade. Como era previsible o resultado foi que gañou o si por 178 votos a favor, 75 en contra, 11 en blanco e dous nulos.

Queremos en primeiro lugar, dar o máis sincero agradecemento a todos os compañeiros que depositachedes na urna a papeleta do NON.

Seguimos pensando que este plan de competitividade non o necesitamos para nada, a lo menos nos termos en que esta plantexado. Creemos que a dirección si que podería implementar medidas organizativas que melloraran a productividade sen necesidade de reducir plantilla productiva e sen ter que tomar medidas traumáticas. Sen embargo optan pola opción máis fácil para eles, co apoio do Comité claro está, de aforrar nas nóminas e nada máis. Todo o tema das inversións na fundición non son máis que castelos no ar. Porque para organizar e optimizar os recursos dos que dispoñen, para facer que as cousas funcionen ben, para eliminar derroches que vemos diariamente todos os que traballamos alí, para de unha vez por todas erradicar o mal endémico que padece a fábrica nas compras e na contratación de obras e servicios, en definitiva para xestionar dunha forma racional o negocio non necesitan firmar acordo algún co Comité, soamente teñen facer ben o sue traballo.

Queremos facer constar tamén, que parecenos inaudito que nunha consulta aos traballadores poidan votar coma tal fixeron o equipo directivo en pleno, agás o xefe de planta, e gran parte da xefatura da fábrica. E decir, que os que están do outro lado da mesa de negociación tamén forman parte das decisións dos traballadores. O mundo ao revés.

As preguntas que temos o obriga de facernos é: e agora qué? Xa temos o si ao acordo, de que nos vai servir? É necesario firmar esto para que a fábrica funcione?


lunes, 29 de agosto de 2011

RECOÑECEMENTOS MÉDICOS


Ten narices que nos acusen de mentireiros os compañeiros de CCOO. Será que creé o lardrón que todos son da súa condición. Eles si que mentiron descaradamente na asamblea, porque ese día tiñan previsto votar o acordo coa empresa porque xa lles valía, e como non puido ser sacaronse da manga o referendum sen asamblea prevía para explicar o trato coa empresa.

Se o tema dos recoñecementos sa estaba solucionado fai meses como din, enton por que lle fai un requerimento a inspección de traballo á empresa dándolle un prazo de dous meses para completalos? E por que a maioría de nos ten sen pasar o recoñecemento do 2010? E algún compañeiro leva tres anos sen facelo.

Se estaba resolto fai meses por que temos que poñer unha denuncia no mes de maio para solucionalo de verdade. E encima presumen de que so eles son quen de amañar os problemas.


viernes, 26 de agosto de 2011

NON


VOTA NON

· SI = DESPEDIMENTOS + NON SE SABE QUE

· ¿GAÑAMOS ALGO VOTANDO QUE SI?

Despois de ler a carta que firma o director e que nos meteron nas taquillas non vemos nada nada claro a gañar. A maioría quedamos igual.

· ¿QUE PERDEMOS VOTANDO SI?

Pois perdemos uns cantos compañeiros que vanse a rúa e un pouco de dignidade por non loitar por eles. Renunciamos a defendelos porque en outubro van ver si ven o gas e a ampliación dos fornos, etc. E dicir que firmamos o despido dos compañeiros a cambio de que estuden a posibilidade de facer unhas inversións, que por outro lado non dependen desta fábrica nin as poden garantir. Si señor, o mellor acordo do mundo, un éxito sindical sen precedentes.

· ¿E CO NON PERDEMOS ALGO?

Absolutamente nada

Logo se votar SI non ten nada positivo e votar NON non ten nada negativo, a decisión é ben fácil compañeiros. Por todo isto pedímosvos que votedes

NON

miércoles, 24 de agosto de 2011

REUNION EXTRAORDINADIA DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe a representación da dirección mostrouse molesta pola denuncia realizada
dos contratos fin de obra feita ante a  inspección de traballo por esta sección sindical, argumentado o gran esforzo que están a realizar,eles na mesa de competitividade,  CCOO tamén mostrou para sorpresa de todos (ou non de todos) , o seu rechazo a esta denuncia.

A representación da dirección aclarou que o marxe do desenrolo da denuncia, vai seguir ca derradeira proposta presentada (para isto a RD convocou a reunión).

A CIG contestou de novo co rechazo o plan de competitividade e a negativa de entrar na negociación nestas condicións.

Matizando: Nos non vamos a permitir que se incumpra ca legalidade vixente neste proceso, a fecha de hoxe a empresa non entregou a CIG a copia dos contratos eventuais tal como foi solicitada,a pesar do requirimento da inspección de traballo.

A situación sindical que estamos a vivir é do mais insólita, temos por un lado a unha sección
sindical, CCOO,  que estivo facendo un constante lavado de imaxe, despois da asemblea, cambiando
os contidos das actas das dúas derradeiras reunións anteriores a asemblea (27 de xulio e 1 de agosto) e
atacando o resto de seccións sindicais co obxecto de ¡¡¡¡Deus sabe o queeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!!
e para rematar oponse a denuncia do presunto fraude de lei no que están inmersos os contratos
fin de obra, argumentando "como nunca se denunciaron...."  entre outras cousas.

¡POIS NON SEÑORES!, A OBRIGA QUE TEDES COS TRABALLADORES E DE DEFENDER
OS SEUS INTERESES  E  OBRIGAR O CUMPRIMENTO DA LEXISLACIÓN LABORAL
 E O MAIS IMPORTANTE: LOITAR CONXUNTAMENTE POLOS POSTOS DE TRABALLO
COMO OS PEDIRON OS TRABALLADORES EN ASEMBLEA.

O que esta clariño é que unha gran parte dos nosos compañeiros vanse ir a rúa e  outra parte dos nosos compañeiros vanse a produción aplicándolles a inxusta mobilidade funcional sen esquecernos
da situación na que queda mantemento e o laboratorio.

A acción sindical limitase a facer un referendo o 30 de agosto evitando unha asemblea cos traballadores, ben poden perder o tempo cargando contra o resto de seccións sindicais e facerlle o traballo a empresa.

 Esta é a actitude insólita que temos por parte de CCOO e que terá consecuencias para todos nos.

VOTADE ¡NON! O REFERENDO E MANIFESTAR O QUE PENSADES DE TODO ISTO.


martes, 23 de agosto de 2011

REFERENDUM

No día de hoxe tivemos unha reunión do pleno do Comité de Empresa, para tratar o asunto dos despidos e da mobilidade funcional dos compañeiros de mantemento. O único que sacamos en claro e que o Comité vai someter a referéndum a última oferta da empresa. Parece que CCOO están desexosos de firmaren un acordo o antes posible. Xa o quixeron intentar na última asemblea e se lle torceron as cousas e agora fan a manobra de presentar un referéndum sen asemblea previa coa intención de lexitimar de algunha forma a firma do acordo coa empresa.



A verdade e que nos colleron algo desprevidos co tema do plebiscito, e nunha primeira instancia non nos opuxemos a súa celebración, entre outras cousas porque teñen ese dereito e ademais resultaría inútil xa que teñen a maioría absoluta no comité. Pero despois da aprobación da celebración desta votación para a vindeira semana, cando se empeza a concretar como facelo dámonos conta da trampa que supón e mostramos o noso desacordo, por unha banda con quen ten dereito a votar, xa que estarán incluídos os PFD’s, e por outra co contido do documento a votar, se se lle pode chamar documento.



Nos non estamos de acordo en que participen os PFD’s porque non os consideramos persoal afectado polas medidas que pretende implantar a empresa, pero a postura do presidente é ben distinta, e chega a dicir que non vai excluír a ninguén da votación porque non quere que lla tiren abaixo. Pero se o referéndum non ten ningunha validez legal, e é soamente un instrumento consultivo para coñecer a opinión dos traballadores, quen o organiza pode poñer as regras que considere máis oportunas, e non se pode refutar.



En canto o que se vai a votar non e a redacción final do acordo que se pretende firmar, senón o que escribiu a empresa na última acta da mal chamada mesa pola competividade, na que nos se concreta case nada e se chega a dicir que os contratos de obra finalizarán de todas a todas en setembro pero que algúns os tornarán en indefinidos e outros en relevo con fecha límite de fin de ano do 2012. E que o resto do persoal eventual, que prestan servizos por vacacións ou baixas iranos chamando, pero só os que tiveran un bo desempeño e actitude na súa estancia na fábrica.
E o máis macanudo do escrito e a cláusula de incumprimento, que ven a dicir que en caso de incumpriren o acordo garantirán a contratación dos eventuais afectados sempre que se manteñan as circunstancias actuais. E logo, cales son esas circunstancias? E isto unha licenza para incumprir o resto do acordo? E se non respectan o resto por que habían de respectar a contratación?



O caso e que a firma supón o beneplácito para despedir aos nosos compañeiros e a ver se non cambian “as circunstancias” e os volven a contratar.
Máis arriba falabamos dun REFERENDUM TRAMPA. E unha trampa porque e unha forma de saltarse a asemblea que lle dixo que non o acordo, é unha trampa porque se van votar os PFD’s en masa xa sabemos o resultado, e é unha trampa porque queren facernos crer que necesitamos un acordo.



E por que raios iamos a necesitar deste acordo? Pois non se sabe, ou polo menos nos o sabemos. Porque os compañeiros directamente afectados expresáronse libremente na última asemblea e parece que quedou claro que non o querían. E o resto do persoal da fábrica, necesitamolo? Pois non se nos ocorre que beneficio pode traer o resto de compañeiros que non somos despedidos. Entón nos non entenderiamos as razóns de ningún compañeiro para querer a aprobación deste trato, xa que aparentemente ningún colectivo sae beneficiado, algún indignado se cabe.



Outras curiosidades do documento son que adxunta nos anexos 1 e 2 os listados definitivos do persoal eventual que pasaría a relevo ou indefinido non máis tarde do 31 de decembro de 2012. Que ían adxuntar pero non adxuntaron querían dicir. Porque nos non os cheiramos. E resulta curioso que a empresa escriba nun papel que te entrega un documento que non te intención de entregar. A explicación do presidente e que que so os entregarán cando este firmado o acordo. Ou será que outros non deixan que os teñamos. Dende logo nos non firmariamos nada sen os listados, non vaia ser que logo non estén todos os que deberían estar. Pero claro, que non os teñamos nos non quere dicir que nos os teñan outros.



Por último, e máis sorprendente se cabe, e que a empresa cerra o documento ameazando que en caso de non chegar a acordo retira os puntos anteriores e volve a proposta presentada inicialmente. ¿ Pero por que ten todo o mundo tanta presa en firmar?


Sen máis despedímonos pedindo o voso voto negativo no referéndum.




VOTA NON
Saúdos compañeiros.

lunes, 22 de agosto de 2011

RECOÑECEMENTOS MÉDICOS

O pasado día 19 mantivemos unha reunión coa inspección de traballo para entre outros temas tratar o da vixilancia da saúde na fábrica. O resultado é que a empresa ten de prazo ata o 31 de outubro para facer os recoñecementos que faltan e os dos compañeiros que non firmaron a autorización de cesión de datos. Dicir tamén que, como xa sostiñamos coa dirección, non e necesario firmarlle nada ao médico para pasar o recoñecemento. Parece mentira que despois de de máis de un ano de conflito con este tema, teñamos (a CIG) que por unha denuncia na inspección de traballo e que se solucione nun momento o que era imposible de facer, según dicía a dirección da fábrica. Os compañeiros que tedes firmado o documento da cesión de datos recordade que podedes exercer o dereito de rectificación ou cancelación deses ficheiros solicitándoo a FREMAP.

jueves, 11 de agosto de 2011

CCOO CARGA CONTRA A CIG

Dende logo, os nosos compañeiros de CCOO teñen que ter a cara ben dura para despois de mentir descaradamente a todos os traballadores na súa cara na última asemblea xeral, traten de desprestixiarnos e de votarnos a culpa de non se sabe que cousas.

Din que lle reventamos a asemblea, e que impedimos que os traballadores se informaran da situación actual das negociacións. JAJAJA, pero se os que máis falaron foron eles, e se nos non lle quitamos a palabra, como demo fixemos para facer tal cousa.

Que facemos pública as listas do persoal afectado. JAJAJA, pero si foron eles os primeiros en repartilas antes da asemblea, e incluso houbo xente que se enterou de que estaba na lista de despedidos tomando café no bar antes da asemblea. E foron eles os únicos que as filtraron antes da asemblea interesadamente a quen se quedaba na fábrica. E que as listas teñen información confidencial. JAJAJA, sí, os nomes dos afectados e a súa antiguidade na fábrica.

Que nos dicimos que a asemblea era para votar un acordo coa empresa. JAJAJA pois a verdade e que fomos a asemblea pensando que era así, e a nosa sorpresa foi cando eles cambiaron o guión sobre a marcha o ver que a xente non tragaba. E na asemblea da mañán fixo falta que un compañeiro lles preguntara hasta 5 veces se estaban a favor ou en contra do acordo, e non se atrevían a dicir que non.

Que negan taxativamente que non se ía realizar ningunha votación. JAJAJA, e logo para foron buscar a urna as 9:30 da mañán, antes da asemblea?, para sacarlle o po?, jajaja. E que digan que non, que temos testemuñas que o viron.

So hai que ver a mesma entrada no seu blog antes e despois da asemblea,¿adiviñan o que cambiou?.....,si,iso mesmo.

Orixinal
Modificado (MENTIREIROS)







E ben certo que se colle antes a un mentireiro que a un coxo, pero os mentireiros son eles, e tiveron a desfachatez de mentirlle na cara os traballadores.

Pero o importante non e isto, o importante e que despiden os nosos compañeiros e o comité de empresa non fai nada.
O que hai que facer e mobilizar a todos os traballadores.!! FOLGA XA !!

lunes, 8 de agosto de 2011

TENSA E DURA ASEMBLEA XERAL

O pasado venres celebrouse unha tensa asemblea xeral para tratar o asunto da mal chamada mesa pola "competitividade",nela íase presentar, despois de 10 reunións,para someter a votación un principio de acordo,pactado supostamente polo sindicato maioritario (CCOO) e a Representación da Dirección, xa que esta sección sindical levantarase da mesa de negociacións na 8º reunión e UGT na seguinte, que incluía unha lista de persoal eventual que se ía a rúa e outra da que se quedaba,ademais da lista de traslados de departamento así como un suposto plan de inversións que mais parecía un plan de mantemento básico ,de aprobarse esa lista  realizada sen ningún criterio obxectivo,suporía desfacerse de todo o persoal contratado durante o ano 2011,2010 e parte do 2009.
Pero as cousas empezáronselles a torcer dende un principio e en vista do xiro que tomou a asemblea, e o estado de animo xeral,víronse obrigados a  negar a maior, dicindo que tampouco estaban de acordo e que non se ía a votar nada,cando no seu propio blogue dicían o contrario,e os propios traballadores os viron chegar ca urna das votacións.
Esta sección sindical abandonou a mesa de negociacións no momento de que se empezou a negociar a mobilidade funcional que acarrearía o despido inmediato de varios compañeiros,e queremos deixar claro que non entraremos a negociar os despidos de ninguén,senón que loitaremos por defender todos os postos de traballo,e mais aínda cando se leva demostrado que ese persoal ,que en moitos casos leva traballando dende o ano 2009 é necesario en todos os departamentos en que se atopa,(só ai que recordar que o ano pasado se fixeron mais de 5000 horas extras "declaradas" e este ano levamos preto de 3000 sobrepasando en moitos casos o limite individual para todo ano) ,ademais todos os que alí traballamos sabemos que para o sitio dos que despiden ou lles rescinden o contrato virán outros,xa que son postos de produción imprescindibles.
A partir de agora esta Sección Sindical só ira as reunións da mesa pola competitividade(si é que hai mais) en calidade se simple notario para saber do que alí se fala e para amosar o noso desacordo ,sempre e cando se trate de falar de despidos e traslados.
Visto o anterior e ante a falta total de acordo, esta sección sindical como primeira medida procedeu a denunciar os contratos por obra e servizo,ante a Inspección de Traballo xa que consideramos que están en fraude de lei.
Dende esta Sección Sindical non podemos entender que esta Fábrica estea a pedir cartos do diñeiro público para acometer as "inversións mais custosas" por un lado ,e polo outro fale de destruír emprego.

martes, 2 de agosto de 2011

ASEMBLEA XERAL

O vindeiro día 5 de agosto terá lugar unha asemblea con todos os traballadores (unha as 10:00 e outra as 16:00 horas) para expoñer a proposta que presentou a Empresa para sometela en referendo.

A CIG mostrou  o rechazo total a esta proposta e non entrou en negociacións
o considerar que as solucións para a viabilidade e futuro da planta nunca
pasan polos despidos dos traballadores  ( "finalizacións de contrato") e
cabe suliñar que a organización da empresa, quen é  o máximo responsable da
marcha da planta, non vai tomar medidas para cambiar o rumbo da xestión
organizativa, a cal si é responsable da situación na que se encontra a planta.

Coma sempre o pato que o paguen os mais febles, os traballadores.

Esta Sección Sindical espera que na asemblea os traballadores  respondan con
obxectividade a esencia do problema. Que futuros queremos e a onde
estamos dispostos a chegar, esta é a realidade que temos que afrontar.

Facemos un chamamento a todos os traballadores para que asistades masivamente.

LEMBRA QUE TODOS SOMOS OS AFECTADOS!!!!!!!