viernes, 29 de noviembre de 2013

¿Segregación de Sociedades?,Alcoa Inespal Coruña Sociedade de responsabilidade limitada

O día 23 de Outubro do 2013 constituíuse formalmente a nova sociedade, Alcoa Inespal Coruña Sociedade limitada,sendo oficializada no boletín oficial do rexistro mercantil (BORME) o martes 19 de Novembro do 2013.
Unha das cuestións máis chamativas do nacemento de esta nova sociedade é a constitución dunha sociedade limitada, constituída cun capital social de 3000 euros,que é o capital social  mínimo que marca a lei para a constitución de este tipo de sociedades,cando a anterior sociedade Alcoa Inespal S.A. integrada polos centros de Avilés, Coruña, e Madrid tiña un capital social de 452 millóns de euros.


Antes (Alcoa Inespal S.A.)


Despois (Alcoa Inespal Coruña S.L.)

Este cambio de sociedade de S.A. a S.L. (que tamén sucedeu con Avilés) xéranos moitas incertezas, que a empresa terá que aclarar ó comité de empresa,tales como as condicións nas que nace esta nova sociedade,e o motivo de este cambio xa que non é propiamente unha segregación de sociedades como nos anunciaron.
Ante estes acontecementos, esta sección sindical solicitará toda a información económica esixible a empresa, para valorar o impacto e as intencións de estas medidas, xa que a día de hoxe non temos ningunha información económica desta nova sociedade a que pertencemos, e a data de hoxe por parte do resto do comité de empresa tampouco temos novidades de nada.

jueves, 17 de octubre de 2013

Visita de Ramón Camino presidente de Alcoa España

Onte visitounos o presidente de Alcoa España, nesa breve visita comunicounos que Alcoa non vai facer ningún tipo de inversións no que queda de este ano nin no próximo na nosa planta,polo tanto sumamos outro ano sen inversións, demostrado que o ERE non só foi unha estafa a tódolos traballadores, senón que tamén un engano, xa que do famoso plan de competitividade non se cumpriu nin un só punto.
Díxonos tamén que as perspectivas do mercado cara o futuro non son boas xa que o LME, debido a que o stock de aluminio e moi alto, vaise manter como agora ou baixar, e o contrato enerxético non vai cambiar, porque o novo mecanismo de poxa non supón ningún cambio económico para Alcoa con respecto o que ten actualmente,ademais a todo isto hai que sumar que para o ano vanse baixar os aranceis ó aluminio que chega de fora de Europa, abaratando a tonelada en mais de 70$.
Outro punto dos que tratou é a venda do laminador ,xa que é unha máquina que non se vai volver a utilizar nunca mais(palabras textuais) ao cal o pleno do comité se negou en redondo xa que iso supón unha descapitalización máis sen ningunha contrapartida a cambio.
Tamén insistiu que temos que seguir gañando competitividade ,que traducido da neolingua quere dicir que van continuar cos despidos e que van vir mais recortes salariais, xa que o de gañar competitividade mediante inversións non vai con eles,neste punto se lle preguntou unha vez máis cal era a plantilla que esperan ter na fábrica o cal seguen sen responder.
Outra cousa moi interesante que nos comunicou e que se disolve a sociedade Alcoa Inespal(Aviles-Coruña) constituíndose cada unha de elas nunha sociedade independente,segundo eles por temas de claridade contable,cousa que non deixa de ser curiosa dada a opacidade das contas que mantiña ata agora a sociedade Alcoa Inversiones España S.L accionista maioritario de esta sociedade, teremos que seguir de cerca esta manobra para saber que esconde realmente.
Todo isto nos confirma unha vez mais o camiño que empezamos a percorrer fai xa case dous anos, un camiño que so ten dúas saídas, a venda no mellor dos casos e o peche no peor,xa que Alcoa unha vez mais nos demostra que con eles non hai futuro e ó ritmo que imos de desmantelamento e abandono da fábrica cada vez nos alongamos máis do primeiro e nos acercamos maís o segundo, o de onte, só foi un pasiño mais nese duro camiño que nos leva pola corda frouxa.


miércoles, 2 de octubre de 2013

Marcha polo emprego



MARCHA POLO EMPREGO NA CORUÑA

 A CIG rexistrou este martes no Parlamento de Galiza unha Iniciativa Lexislativa Popular dirixida á Mesa da cámara, coa que pretende xerar un debate social arredor do problema do desemprego e das medidas que se deberían adoptar para afrontalo, ademais de trasladar este debate á institución na que reside a soberanía popular: o Parlamento de Galiza. A presentación da ILP insírese na campaña polo Emprego posta en marcha pola central sindical, que contempla diferentes mobilizacións nas comarcas entre o 14 e o 19 de outubro e que culminará cunha manifestación nacional en Compostela, o día 19 estas mobilizacións consistiran nas marchas polo emprego que se farán en catro etapas nas que calquera pode participar.


1ª ETAPA. A CORUÑA - ARTEIXO
MARTES 15 DE OUTUBRO
12,5 KM.
SAÍDA ÁS 16:00 H DESDE O LOCAL DA CIG
ACTO PÚBLICO EN ARTEIXO ÁS 19:30 H

2ª ETAPA. A LARACHA - CARBALLO
MÉRCORES 16 DE OUTUBRO.
11 KM.
SAÍDA DA LARACHA (PRAZA DO CONCELLO) ÁS 16:00 H
ACTO PÚBLICO EN CARBALLO ÁS 19:30  H (PRAZA DO CONCELLO)


3ª ETAPA. POLÍGONO INDUSTRIAL DO ESPÍRITO SANTO - BETANZOS
XOVES 17 DE OUTUBRO.
11 KM.
SAÍDA DO P.I. ESPÍRITO SANTO ÁS 17:00 H.
ACTO PÚBLICO EN BETANZOS ÁS 19:30 H.

4ª ETAPA. CERCEDA - ORDES
VENRES 18 DE OUTUBRO.
17 KM.
SAÍDA DE CERCEDA ÁS 16:00 H.
ACTO PÚBLICO EN ORDES ÁS 19:30 H.

jueves, 19 de septiembre de 2013

As mensaxes da Dirección que nos levan a extinción.

Cada vez que Alcoa move e ficha ,as respectivas direccións das plantas que ten en España, nunha estratexia conxunta apresurase a dar mensaxes de tranquilidade ó persoal,de aquí non pasa nada e séguenlle a pedir ós operarios que sigan arrimando o ombro e facendo mais esforzos para ser competitivos, e de paso que poñan nas enquisas que están encantados de que os exploten, lles recorten o salario e lles acaben ca saúde,unha proba de cara onde nos leva esta estratexia é a comunicación publicada por unha das seccións sindicais das plantas que agora están en venta, despois de manter unha reunión ca dirección da planta hai pouco mais de tres meses.(Omitimos o nome da sección xa que é irrelevante porque todas saíron ca mesma impresión).

 

Como se pode ver a mensaxe e totalmente idéntica as que mandan na nosa planta ca diferencia de que aquí xa nin se molestan en mentirnos sobre as inversións .
As respectivas seccións sindicais desa planta tiñan a esperanza que tras os tremendos esforzos realizados pola plantilla no traballo, asumindo unha carga maior de traballo debido os numerosos despidos,e os multiples ERES, algún deles brutal onde so se traballaban pouco 150 xornadas o ano,así como dun recorte do 20% do salario esas promesas de futuro poderían cumprirse,pero co tempo demostrouse que non era así,todo o que fixeron só valeu para reducir a plantilla de cara a un futuro peche (cantos menos sexan menos impacto político mediático) e máis baratas serán as indemnizacións.
Por iso dende esta sección sindical levamos dicindo moito tempo que a única maneira de ser máis competitivos e a través de inversións que na nosa planta fai anos que brillan pola súa ausencia, e ultimamente nin se destina cartos mantemento básico das instalacións  cal nos pon nunha situación moi complicada.
Agora despois do anuncio da venda por parte de Alcoa das plantas de Amorebieta e Alicante a nosa dirección apresurase a dicir que iso non nos afecta para nada,que  temos que seguir facendo esforzos os de sempre,pero o primeiro que nos ven a cabeza é a quen lle imos vender o que producimos xa que imos perder o principal cliente de placas que temos e dicimos iso porque aínda que a cousa saia ben e se concrete a venta non teñen porque seguir comprándonos a nós, temos un claro exemplo ca fábrica de Sapa o noso lado, que prefire traer o aluminio de Mostar ,Qatar ou calquera outra parte antes que comprárnolo a nos, gracias a gran xestión da nosa dirección,e aínda máis Amorebieta tamén e o principal cliente de placas de San Cibrao e si o perden terán que ir a tocho polo que Alcoa terá que decidir entre recortar a produción alí ou na nosa planta, e creemos que a estas alturas xa sabemos cal pode ser a decisión.
Agora que so van quedar tres das doce plantas que tiña a antiga Inespal antes da "venda" e saqueo por parte de  Alcoa, e despois de perder case 4000 postos de traballos nos acordamos de que dúas das condicións de "venta" era manter o emprego e elaborar un plan de futuro para o grupo,15 anos despois se confirma a que veu realmente Alcoa a España, a saquear as fábricas regaladas polo PP,explotar a xente,levarse case 1000 millóns de euros de subvencións enerxéticas e tódolos beneficios sen apenas pagar  impostos e quedarse ca couta de mercado en Europa.
Dito isto, só nos queda desexarlle o mellor os compañeiros de Amorebieta e Alicante desexando que atopen un comprador que non se dedique a especular con eles e poña un plan de futuro sobre a mesa,porque nos temos claro que con Alcoa non hai futuro posible.


miércoles, 14 de agosto de 2013

Maís de dous anos despois o compañeiro Abrahan gaña o xuizo pola inxusta sanción que se lle impuxo.






Máis de dos anos despois a  xustiza danos a razón sobre a inxusta sanción imposta o noso compañeiro,por parte do xefe de departamento,ca axuda inestimable do xefe de quenda,casualmente coincidindo ca súa presentación a delegado de persoal, recordamos que a primeira proposta de sanción era de unha falta moi grave que podería significar o seu despido,con esta sentenza queda patente a persecución a que son sometidos algúns compañeiros e demostra que non hai que deixarse amedrentar polas ameazas da empresa algo que agora mais que nunca estase a dar, e tamén queda claro que se lles pode facer fronte e gañar.

jueves, 1 de agosto de 2013

Os traballadores de San Cibrao rexeitan o preacordo de convenio

Os compañeiros da planta de San Cibrao rexeitaron o preacordo de convenio o que chegaran a empresa,UGT,CCOO,APC, e CSIF ca única oposición da CIG   por 432 votos en contra e 362 a favor,por consideralo sobre todo lesivo para o persoal de novo ingreso xa que os condenaba a estar catro anos no nivel salarial máis baixo pero facendo o mesmo traballo que o resto,a empresa tratou de repetir a mesma xogada que xa fixera con éxito na nosa fábrica nun anterior convenio dándolles só o 80% e 90% do salario do nivel máis baixo durante os dos primeiros anos o persoal de novo ingreso,pero esta vez non lle saíu gracias a solidariedade dos traballadores.

Aquí reproducimos a nota de agradecemento ós traballadores dos nosos compañeiros da CIG de San Cibrao:


martes, 30 de julio de 2013

LAUDO ARBITRAL SOBRE A INAPLICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO



O árbitro D. Francisco Gonzalez de Lena, designando pola Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos (CCNCC) polo proceso que de Inaplicación do Convenio que iniciou a Dirección da Empresa acaba de decidir no seu ditame que aínda que existen causas económicas na empresa para promover o proceso de Inaplicación.

O Laudo arbitral limita a Inaplicación e só poderá facerse a partir do 5 de Abril 2013 (finalización do período do ERE)  ata o 30 de Xuño de 2013.

Polo que a empresa só pode facer a conxelación salarial que quería nese período de tempo,ademais de rebaixar en 15 días de salario a paga extra de Xullo, pero non pode facer o mesmo coa de Decembro como tiña solicitado. A prima de Resultados de 2013 terá tamén que ser aboada de acordo ao recollido no Convenio Colectivo.

Este Laudo dálle en gran parte a razón os traballadores e rebaixa considerablemente as pretensións da empresa, algo por outra banda lóxico debido a desproporcionada acumulación de medidas de aforro que soportabamos os traballadores.

Este laudo non fai referencia as medidas de aforro tomadas sobre o persoal PFD e aínda que parte deles como ben nos demostrou APC non sumándose a demanda, esta de acordo cas mesmas, non implica que os que non estean de acordo non poidan denuncialas e máis tendo agora este precedente, esta sección sindical apoiará a todos aqueles que decidan facelo.

miércoles, 19 de junio de 2013

IMPORTANTE SENTENCIA CONTRA O INSS E A SEGURIDADE SOCIAL

A CIG gaña unha sentencia definitiva no Xulgado Central Contencioso Administrativo que anula a orde do INSS de pagar aos inspectores médicos por reducir os tempos de baixas dos traballadores e traballadoras.

En marzo do 2011 o INSS crea un complemento de produtividade para os inspectores médicos en función das altas que promovan. Cantas máis altas, máis cobran.

A sentenza e de dobremente importante xa que afecta ao conxunto de traballadores de todo o Estado, e pola súa transcendencia económica, xa que o Instituto Nacional da Seguridade Social é o que paga as prestacións por incapacidade temporal das traballadoras e traballadores que se encontran de baixa por enfermidade ou accidente.

Esta decisión atentaba contra a saúde dos traballadores e traballadoras, provocando que moitas persoas sen estar curadas fosen dadas de alta para o traballo, prexudicando a súa curación e a súa saúde.

Para a CIG a prestación sanitaria por IT (incapacidade temporal), é fundamental na medida en que garante a subsistencia material das traballadores e traballadores en situación de enfermidade. Ante estas sentenzas, Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación da central sindical denuncia que as políticas de austeridade están levantando sospeitas sobre as/os traballadoras/es que se ven na necesidade de exercer este dereito. “Hai cantidade de persoas que teñen que acudir aos seus postos de traballo dados de alta estando enfermas e mesmo casos de despedimentos para aqueles que pola súa situación de enfermidade non están aptos para realizar o seu traballo en condicións óptimas”.

Este goberno actúa en función das reclamacións dos empresarios,desprezando os nosos dereitos.

viernes, 26 de abril de 2013

Manifestación 1º de Maio


A Confederación Intersindical galega convoca manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.
A CIG denuncia o ataque ás pensións, os dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo”.
A central sindical denuncia tamén a redución das prestacións sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus amigos; o poder que se dá ás mútuas para as baixas por enfermidade; o encarecemento da universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Pregúntase por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano.
Lembra que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación.
Alerta de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas”.

Manifestación convocada
-          A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo

martes, 26 de marzo de 2013

Reunión martes 26

A reunión celebrada hoxe non valeu para nada (unha vez mais),a dirección non presentou a organización, con posto e nome do persoal de cada departamento  despois da finalización do ERE,como se lle solicitara en anteriores reunións, e iso que estamos a unha semana do remate do mesmo,o que si nos deixou claro e que quere dispor das nosas vacacións a conveniencia, e que aínda quere reducir mais o persoal de tódolos departamentos,que sumado a falta total de inversións condenándonos a unha perdida de competitividade que ademais porá en risco a integridade e saúde dos traballadores.
Tampouco aclarou si se cubrirán por voluntarios as prazas de internacionalización ou irán os 27 elixidos a dedo que xa están na lista e que xa se lles comunicou por carta.
Por outra banda tampouco nos aclarou si pensa tomar mais medidas que prexudiquen os traballadores o rematar o ERE,e tampouco nos dixo si vai continuar reducindo persoal o longo do ano,como xa leva facendo o longo dos dous últimos anos.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Asemblea Informativa

Hoxe rematou o o período de consultas sobre a modificación substancial e a inaplicación de convenio sen acordo ,nestes máis de dous meses de negociacións a Dirección practicamente non se moveu nin un ápice da súa proposta inicial xa que antes de sentarse a negociar xa o tiña todo comprometido,dende o principio deixou claro que a cantidade a aforrar era intocable,así como a conxelación salarial,e que non haberia retorno de cantidades aínda que a empresa se equivocara nas súas predicións e obtivera beneficios ó final do ano,polo que nos deixou pouco marxe de manobra e  tamén ben claro que non se trataba de un problema económico xa que aínda que entre todos conseguísemos os cartos e os puxésemos enriba da mesa o proceso seguiría igual para adiante.
A pesares do anterior dende o comité se puxeron múltiples propostas sobre a mesa para aforrar esa cantidade sempre cun retorno de parte das mesmas en caso de teren beneficios que foron rechazadas pola Dirección.
Por outra banda a empresa tampouco quixo comprometerse a facer nin sequera as mínimas inversións que xa se acordaran nos plan de competitividade e do ERE,e tampouco se comprometeu a non acometer novas medidas de recorte salarial ou de redución de plantilla o largo deste ano.
Polo tanto para explicar o proceso e aclarar dubidas, así como explicar o proceso a seguir convocase :
Asemblea xeral o luns 11 de marzo as 10:30 horas e as 17:15 horas.

viernes, 22 de febrero de 2013

Nova proposta de descolgue de convenio



Onte celebrouse un pleno do comité onde valoramos a nova proposta de descolgue de convenio presentada pola empresa, e estamos todos de acordo no inxustificada e desproporcionada da proposta de descolgue que presentou a empresa tirando abaixo o acordo acadado coa representación dos traballadores o pasado día 18 de Xaneiro negándose a negociar calquera retorno de cantidades.
Con este novo ataque queda patente que a intención da empresa non é aforrar eses cartos(1.5Millón de Euros),porque aínda que entre todos os traballadores pedísemos un préstamo e lle puxésemos enriba da mesa esa cantidade, seguirían exactamente igual co proceso,xa que simplemente se trata dun ataque frontal contra o convenio e as condicións de traballo,e xa deixaron claro que o teñen comprometido.
Tamén nos quedou claro que non existe ningún plan de futuro para a Fábrica e que as inversións previstas non chegan nin a metade da cantidade que pretenden aforran cos recortes nos nosos salarios,conprometendo así a viabilidade da fábrica.
Visto o anterior e despois de un mes de negociacións onde  o comité presentou múltiples propostas alternativas que foron todas rechazadas,por unanimidade decidiu tomar as seguintes medidas:

-Acordouse convocar a tódolos traballadores a unha folga cos seguintes horarios:
  • Xoves 28 de Febreiro de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
  • Venres 1 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10 
  • Luns 4 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10. 
  • Martes 5 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10. 
  • Mércores 6 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
 Tódolos días de folga ademais os traballadores da empresa concentraranse na entrada da fábrica nos seguintes horarios:

  • Xoves 28 de Febreiro 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
  • Venres 1 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 horas
  • Luns 4 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas 
  • Martes 5 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
  • Mércores 6 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
 Ademais o Xoves 28 terá lugar unha asemblea no lugar de concentración tanto de mañá como de tarde para informar do proceso.
Dende esta sección sindical pedimos a todos os nosos afiliados e traballadores en xeral o máximo apoio en tódalas medidas adoptadas polo comité, tamén recordamos a todos os traballadores que non debemos colaborar máis ala das nosas obrigas e cumprir escrupulosamente con todas as normas de seguridade e os tempos establecidos en tódolos procesos. 
 

viernes, 18 de enero de 2013

Acordo de Retirada do Proceso de Descolgue de Convenio

Esta é unha copia do texto da acta de acordo de retirada do proceso formal de descolgue de convenio colectivo firmada na reunión de hoxe por ámbalas partes,que da comenzo a un novo período de negociación nos seguintes termos:




sábado, 12 de enero de 2013

Descolgue de convenio


Como xa nos anticipara a empresa na anterior reunión, e demostrando que non había ningunha vontade de negociar nada ,a empresa  presentou formalmente  o descolgue do convenio colectivo nos seguintes puntos:
  • Conxelación salarial do IPC previsto para o ano 2013.
  • Non incremento do plus de quendas nin o de xornada fraccionada no ano 2013.
  • Non incremento da prima fixa no ano 2013.
  • Non incremento da prima de vacacións no ano 2013.
  • Suspensión do compromiso recollido no art.º 34 Convenio Colectivo sobre aboamento da prima de resultados do ano 2013.
  • Suspensión durante o 2013 das achegas ao plan de pensións.
  • As pagas extra de xullo e decembro ao 50% no ano 2013.

Todos estes recortes que supoñen preto de 5000 euros de media a cada traballador e todos eles  son sen ningún tipo de garantías de continuidade,nin de retorno si a situación mellora,e o aforro eque van producir é mínimo en comparación con outras medidas que se poden tomar,polo que  non son nin para facer máis competitiva a fabrica nin para garantir o noso futuro senón que se trata claramente dun ataque sen precedentes os dereitos dos traballadores ,polo que non nos imos deixar roubar de esa maneira e temos que tomar medidas, empezando pola non colaboración máis alá das nosas obrigas,realizando as nosas tarefas cumprindo escrupulosamente as normas de seguridade, revisión de máquinas, etc. e informando os Delegados do Comité de Empresa de todas as anomalías que encontremos este sentido para que as poñan en coñecemento das autoridades laborais si é preciso.



O Comité de empresa quedou citado para o próximo mércores día 16 ás 11:30h. Para ese mesmo día e hora, mentres o Comité e a Empresa están reunidos convocouse a todos os traballadores que non teñan que traballar (quenda de tarde ou noite, vacacións, descanso ou ERE) a unha CONCENTRACIÓN na porta da Fábrica para facerlle entender á Empresa que non imos consentir que se nos ataque deste xeito,e o momento de mobilizarse e pararlle os pes a empresa temos que facerlle entender a empresa que non pode xogar así con nos.
Este e o pago que recibimos por un ano de loita en busca de unha tarifa competitiva para a empresa, ano no que fixemos máis de 30 mobilizacións loitando pola continuade da fábrica ata conseguir o que estaba buscando.

martes, 8 de enero de 2013

Reunión día 8 "plan de recortes"


Na reunión de hoxe a dirección cunha actitude prepotente e ata chulesca négase a negociar nada co comité, que é o principal órgano de representación dos traballadores,di que so se vai sentar a mesa cunha comisión de sete representantes dos traballadores e como segundo eles, que o comité se presentase alí en pleno, desobedecendo a súas ordes demostra que non hai unha actitude negociadora, van presentar estes días diante da autoridade laboral o descolgue de convenio.
Non deixa de ser curioso que nos acusen de falta de actitude negociadora,cando pola súa parte deixan claro que non hai nada que negociar,porque alí cansáronse de repetir que a conxelación salarial y a perda da prima de competitividade xa están comprometidas (gustaríanos saber con quen) e non son negociables ,polo que so queda por negociar unha pequena parte do total dos recortes.
Tamén o comité lles pediu que se nos entregara a documentación económica detallada da empresa xa que eles mesmos se contradín cos datos continuamente,e xa sabemos a facilidade que teñen para mentir sobre eles,xa que agora fixéronse públicas as contas consolidadas do ano 2011 cuns beneficios(directos e indirectos) de máis de 400 millóns de euros ,contas que xa adiantou esta sección sindical en Febreiro do ano pasado nas seguintes publicacións e na documentación presentada en Madrid diante da inspección,polo tanto o ERE queda claro que foi unha estafa os traballadores e agora pretenden continuar con ela por medio dos recortes.

www.cigmetal.org/2012.02.17/cig-alcoa-rexeita-o-ere-por-non-considerar-xustificadas-cau

A CIG rexeita o ERE por considerar inxustificadas as causas económicas

O que ten claro o comité e que non lles vamos regalar nada,so estamos dispostos a facer un "préstamo" con garantías de devolución,e como os cartos saen do noso peto queremos elixir de onde os sacamos,porque si esto so se trata de aforrar un millón e medio de euros,terían o mesmo valor independientemente da parte que se quite.
Despois de esta pequena reunión queda claro a falta de vontade negociadora da empresa,e tamén nos deixa claro que o fin último de estas medidas non e garantir a competitividade e a viabilidade da fábrica,porque como xa dixemos, so o novo contrato enerxético suponlle un aforro 20 veces superior o do plan de recortes,ademais de haberes outras formas de recortar ese millón e medio de euros sen meterlle a man no peto os traballadores,que bastante teñen con seguir traballando nunhas condicións lamentables, debido ERE, a perda de persoal ("371 trabajadores y bajando" como ben nos recordou na reunión a xefa de persoal cun sorriso na boca) e a falta de inversións na fábrica.