lunes, 20 de junio de 2011

1º Reunión da mesa pola competitividade

Hoxe celebrouse a primeira reunión da mesa encargada de buscar alternativas ós despidos para mellorar a competitividade e acurtar custes.

Esta primeira reunión foi unha toma de contacto para establecer o calendario e criterios de negociación,emprazando as reunións todos os luns,mércores e venres de 13:00 a 14:30 horas ó largo das dúas próximas semanas,podendo ampliar as horas e días en función das necesidades que xurdan.

Nesta primeira reunión tanto a Representación da Dirección(composta por 4 membros,o Xefe de planta estaba ausente) como a Representación dos Traballadores (Composta por 1 membro da C.I.G, 2 de CCOO,2 UGT e 1 de APC),fixeron un recordatorio dos seus respectivos plans,recalcando a Representación dos Traballadores que que non ían debater nada referente os despidos senón sobre as outras medidas de aforre de custos como  son plan de aforro enerxético ( contrato de interrumpibilidade),e a mellora na eficiencia da Fundición, e a internación dos servizos subcontratados, que xa se demostrou noutras ocasións que e viable e rendible para empresa.

Así mesmo a Representación dos Traballadores tamén lle solicitou a Representación da Dirección información referente a:
-Cantidade de vehículos en aluguer que ten a Fábrica e o custo que lle supón isto a empresa.
-Numero de  empresas externas que traballan para a fábrica e presupostos das mesmas.
-Presuposto do futuro Plan de competitividade da Fundición e cartos repartidos nas suxestións realizadas na fábrica que deberían reverter nel.
A representación da Dirección contestou  que tentará presentalos na seguinte reunión que se celebrará o mércores 22 as 13:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario