jueves, 16 de junio de 2011

Asistencia masiva a asemblea de traballadores

Hoxe celebrouse unha asemblea xeral de traballadores onde mais de 200 traballadores entre as quendas de asemblea de mañá e tarde  reuníronse para apoiar o comité e informarse da presentación por parte da Dirección dun plan de axustes de custes e mellora da conflitividade,plan que por outro lado solo aporta como única solución a destrución e precarización dos postos de emprego da nosa fábrica.

Desde esta sección queremos agradecerlle a tódolos traballadores a súa masiva asistencia,e lembrarlles o importante que é o seu apoio a hora de tomar tódalas medidas de presión que se teñan que tomar de agora en diante para evitar o comenzo do desmantelamento de esta fábrica,pola nosa parte esta sección sindical  está disposta a loitar ata o fin para defender os postos de traballo de tódolos compañeiros desta fábrica.

Nesta reunión onde quedou patente a unión de todo o comité para afrontar esta difícil situación a que nos enfrontamos procedeuse a ler varios escritos feitos polo comité dándolle resposta a empresa polo seu plan de aforro.

O primeiro foron os argumentos para non aceptar a súa proposta:

                                                              (premer a imaxe para ampliar)


Logo se expuxo un plan de aforro alternativo,elaborado polo comité co apoio dos traballadores:


                                                       (premer as imaxes para ampliar)


Na asemblea o comité comunicoulles ós traballadores que se conseguira a paralización temporal das medidas adoptadas pola empresa,logrando a constitución de unha mesa de traballo cá empresa que celebrará a primeira reunión o luns día 20.

No hay comentarios:

Publicar un comentario