viernes, 22 de febrero de 2013

Nova proposta de descolgue de convenio



Onte celebrouse un pleno do comité onde valoramos a nova proposta de descolgue de convenio presentada pola empresa, e estamos todos de acordo no inxustificada e desproporcionada da proposta de descolgue que presentou a empresa tirando abaixo o acordo acadado coa representación dos traballadores o pasado día 18 de Xaneiro negándose a negociar calquera retorno de cantidades.
Con este novo ataque queda patente que a intención da empresa non é aforrar eses cartos(1.5Millón de Euros),porque aínda que entre todos os traballadores pedísemos un préstamo e lle puxésemos enriba da mesa esa cantidade, seguirían exactamente igual co proceso,xa que simplemente se trata dun ataque frontal contra o convenio e as condicións de traballo,e xa deixaron claro que o teñen comprometido.
Tamén nos quedou claro que non existe ningún plan de futuro para a Fábrica e que as inversións previstas non chegan nin a metade da cantidade que pretenden aforran cos recortes nos nosos salarios,conprometendo así a viabilidade da fábrica.
Visto o anterior e despois de un mes de negociacións onde  o comité presentou múltiples propostas alternativas que foron todas rechazadas,por unanimidade decidiu tomar as seguintes medidas:

-Acordouse convocar a tódolos traballadores a unha folga cos seguintes horarios:
  • Xoves 28 de Febreiro de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
  • Venres 1 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10 
  • Luns 4 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10. 
  • Martes 5 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10. 
  • Mércores 6 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
 Tódolos días de folga ademais os traballadores da empresa concentraranse na entrada da fábrica nos seguintes horarios:

  • Xoves 28 de Febreiro 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
  • Venres 1 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 horas
  • Luns 4 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas 
  • Martes 5 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
  • Mércores 6 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
 Ademais o Xoves 28 terá lugar unha asemblea no lugar de concentración tanto de mañá como de tarde para informar do proceso.
Dende esta sección sindical pedimos a todos os nosos afiliados e traballadores en xeral o máximo apoio en tódalas medidas adoptadas polo comité, tamén recordamos a todos os traballadores que non debemos colaborar máis ala das nosas obrigas e cumprir escrupulosamente con todas as normas de seguridade e os tempos establecidos en tódolos procesos.