martes, 31 de enero de 2012

MANIFESTACIÓN

                                                                                                                                                                                 J.Rúa

O vindeiro venres 3 de febreiro de 2012 temos convocada unha manifestación contra o peche da nosa fábrica que sairá as 20:00 horas da Palloza e dirixirase ata a delegación do Goberno en Galiza.

E de vital importancia que acudades todos e levedes a canta máis xente mellor. Temos que convocar a familia, amigos e a toda a cidadanía en xeral. E que vaian tomando nota os xefes, que parece que non vai con eles, salvo honrosas excepcións.

O venres temos que petar A Coruña e facernos oír moi alto e moi lonxe.

Tamén vos recordamos que o xoves día 2 de 13 :00  a 14:00 horas farase a concentración diante da entrada de Alcoa,e o venres 3 as 15 :00 horas celebrarase unha asemblea informativa no comedor social para informarvos do acontecido durante a semana.

Ánimo a todos,

¡NON Ó ERE, NON Ó PECHE!

lunes, 30 de enero de 2012

Reunión coa dirección de A Coruña

Na mañán de hoxe tivemos unha reunión coa dirección na que nos deron un listado dos postos de traballo que pretenden manter durante o ERE para operar a fábrica.

Antes de nada deixar claro que dende a CIG opoñémonos rotundamente ao ERE. Pensamos que os motivos que presentan para convencernos non son nin serios nin rigurosos. Usando o mesmo plantexamento e as mesmas contas que nos presentaron en Madrid, no que partindo dun prezo do aluminio de 1975 $/Tn, auguraban unhas perdas para a nosa fábrica de 13 millóns de euros, podemos do mesmo modo, nos, augurar uns beneficios de máis de 4 millóns de euros, coa cotización no LME a día de hoxe, e usando o mesmo tipo de cambio euro-dolar, e os mesmos custes en materias primas e enerxía que eles. Por iso pensamos que presentar o ERE basandoo en perdas futuras non se sostén, coma tampouco pódese defender co balance de beneficios que dan o resultado dos últimos tres anos.

Nembargantes pretender seguir adiante, e tratan de aleccionarnos con máis números e gráficas, e comparativas con outras plantas, que cando menos, supoñen unha información sesgada. Así e todo, publicamos a continuación o cadro de persoal que teñen en mente, advertindo eso si, que non está negociado nin cerrado, nin por nos nin polas outras forzas sindicais da empresa.

FUNDICIÓN:

1 xefe de departamento
1 xefe de taller
1 enxeñeiro de proceso e coordinador de EHS
1 técnico de proceso e utillaxe
1 técnico de control de calidade
2 persoas para planificación e expedicións
32 polivalentes A e B
5 xefes de turno
2 analistas C
1 xefe de mantenemento mecánico
3 mecánicos
1 electricista

ELECTROLISIS

1 xefe de departamento
1 xefe de operacións
2 enxeñeiros de proceso e EHS
1 listero
1 coordinador técnico
1 coordinador de ánodos
3 persoas en mostras e medidas
1 supervisor de preventivo
5 xefes de turno
25 polivalentes función cubista
1 polivalente en formación
13 barristas
5 coladores
12 picadores de preventivo
1 xefe de mantenemento
1 xefe de zona mecánico
1 xefe de zona eléctrico
5 mecánicos
3 electricistas

PAC

1 xefe de PAC
1 enxeñeiro de procesos
1 técnico de procesos anexos
7 polivalentes anexos-captación
3 operarios de captación
1 xefe de mantenemento de captación
2 mecánicos de captación
1 electricista de captación
1 coordinador de producción de pastas
2 cargadores de pastas
12 polivalentes de pastas

MANTENEMENTO CENTRAL

1 xefe de enerxía
1 xefe de subestación
1 electricista de subestación
1 xefe de vehículos, ERR, obra civil e manutención
1 xefe de almacén
0 administrativos de almacén
1 mozo de almacén
4 conductores ou chóferes de manutención
1 xefe de infraestructuras
1 técnico de compresores
2 mecánicos de taller central
1 electricista de taller central
2 técnicos ou enxeñeiros de fiabilidade
1 xefe de planificación e GEMA
1 planificador
1 administrativo GEMA
1 xefe de zona mantenemento mecánico
5 electricistas de turno
5 mecánicos de turno
1 xefe CAPEX
1 xefe de departamento

SERVIZOS XERAIS

1 xefe de compras
1 administrativo de compras
1 controler (financieiro)
2 máis en financieiro
1 informático
1 xefe de EHS
1 xefe de HS
1 xefe de medioambente
1 ATS
3 PC's
2 de RRHH
1 encargado xeneral

Ala, xa podedes ir botando pestes, pero recordade, a nosa postura e NON AO ERE

lunes, 23 de enero de 2012

Postura da C.I.G. sobre os recortes na produción de Alcoa


A CIG-Metal quere manifestar o mais absoluto rexeitamento ás pretensións da multinacional ALCOA de aplicar un Expediente de Regulación de Emprego nas plantas de A Coruña e Avilés, xa que carece de toda xustificación e o único que pretende a compañía con esta medida e avanzar no proceso de deslocalización das nosas fábricas.

Xa a finais do ano pasado tivemos coñecemento, a través dunha filtración, de que a mesma consultora italiana que elaborara o informe para o peche da planta de Portovesme, previsto para o mes de febreiro, estaba a traballar na elaboración duns informes semellantes para as plantas de A Coruña e Avilés. Unha semana despois o obxecto do informe foi ampliado para incluír tamén a fábrica de San Cibrao. Ante a gravidade da noticia decidimos avisar a todos os comités de primario de España e Italia. En menos dun mes a empresa move ficha e anuncia o peche de Portovesme, e unha redución de 90.000 toneladas nas plantas de A Coruña e Avilés.

Compre lembrar que no ano 2009 ALCOA realizou un recorte de produción das mesmas proporcións ao que anuncia na actualidade, amparándose tamén nun contexto de crise económica. Naquela ocasión a medida foi menos traumática xa que se produciu un reparto de xeito equitativo entre todas as plantas do mundo. Porén este ano ALCOA centra este recorte no peche de 3 plantas e na redución drástica da produción de outras dúas.

Todo isto que esta acontecer nas plantas de aluminio primario que ten ALCOA aquí, contrasta co investimento de máis de 4.500 millóns de euros na planta que esta a construír en Arabia Saudita, que terá capacidade para producir 750.000 toneladas de aluminio anuais (aproximadamente o 75 % da produción total de Europa) e 4 millóns de toneladas de alúmina.

Ademais, hai tres anos a compañía inaugurou outra planta en Islandia cunha produción de 350.000 toneladas. Estes dous proxectos viñeron acompañados dun desinvestimento no resto de plantas que ALCOA tiña en Europa coa conseguinte perda de competitividade.

Esta descapitalización continua, o alto custe do prezo da enerxía (máis de 40€/Mw contra os 20€/Mw das plantas de Islandia e Noruega, e menos aínda na planta de Arabia Saudita), a negativa da empresa a dar  garantías de futuro, e as informacións previas que temos, fannos pensar que non estamos diante dun recorte temporal da produción, senón do primeiro paso para o peche e deslocalización das plantas de primario de Galiza e Asturias a países con custes de produción máis baixos. Posiblemente para o ano 2013, cando se prevé a entrada en funcionamento da planta de Arabia Saudita. Non debemos perder de vista o feito de que os EREs temporais non son máis que a primeira etapa no camiño do peche definitivo de  moitísimas empresas, sobre todo no sector industrial.

viernes, 20 de enero de 2012

Escrito presentado polo BNG no parlamento sobre a situación de Alcoa

O día 10 de Xaneiro o grupo parlamentario do BNG a petición da CIG presentou o seguinte escrito no parlamento:

                                                                     Preme nas imaxes para agrandar







martes, 17 de enero de 2012

Reunión do martes 17,en Madrid.

Esta reunión foi unha toma de contacto onde non se concretou nada relevante,tratouse a situación actual que están inmersas as plantas de Avilés e  A coruña,neste punto a empresa aclara que as eléctricas  néganse a sentarse a negociar un prezo competitivo polo canon do CO2, matizando que o prezo de mercado non ten viabilidade todo primario (isto non e nada novo).Tamén nesta reunión se aproveitou para pedir tódolos datos económicos relacionados coa nosa planta.
Tamén falouse da situación,  de Italia,onde se dixo que presenta grandes perdidas e estase a tramitar a solicitude de despido colectivo, nun proceso de negociación cunha duración estimada de 75 días.
En canto as plantas de España afirman  estudaron tódalas posibilidades  posibles  decantándose por el ERE,como data de presentación do mesmo nos din que a finais de este mes vaise presentar ,si ben esta semana e a que ben ,son  de tomas de contacto.

Queremos aproveitar para facer un chamamento a tódolos compañeiros para que acudades a concentración do xoves as 13 horas,así como tamén a asemblea do sábado as 10 da mañá.

sábado, 14 de enero de 2012

Reunión extraordinaria do pleno do comité

O Comité de Empresa levou a cabo hoxe unha xuntanza extraordinaria para acordar as medidas que se aplicaran de inmediato en resposta o anuncio do recorte de produción por parte da empresa e como consecuencia a aplicación dun ERE temporal.

Sobre a representación do Comité da Coruña na mesa de Madrid o Comité informou que a empresa convocou a 7 membros de cada Comité (Coruña e Avilés) para constituír a mesa conxunta, fixando a primeira reunión para o próximo martes 17 ás 11:30 da mañá e unha segunda reunión o xoves en horario a determinar na primeira reunión. Tódolos sindicatos están de acordo en que todos teñen que ter representación na mesa de Madrid e que debe de aplicarse a representatividade existente no Comité de Empresa. Finalmente acordouse que a representación do comité da Coruña fora de; CCOO 3, UGT 2, CIG 1, APC 1.
Por outro lado a representación do comité de Avilés esta formada por:CCOO 2,UGT 2,USO 1,ATA 1,APC 1.

O Comité tamén acordou realizar concentracións de traballadores na entrada á Fábrica tódolos xoves de 13 a 14 horas e facer unha Asemblea Xeral Informativa o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 10 da mañá no comedor social da empresa.

viernes, 13 de enero de 2012

Reunión do Comité

Mañán as 11:00 temos reunión do Comité de Empresa para tratar a situación da fábrica e a convocatoria dunha asamblea. Xa vos contaremos o que pase nesa reunión.

Tamén queremos aproveitar a ocasión para decir que temos decidido abrir a opción de comentarios para que podades opinar e facer críticas ou suxerencias.


Saúdos.

martes, 10 de enero de 2012

ERE

Na reunión de hoxe coa dirección o único que nos aclararon e que o ERE vai ser conxunto para A Coruña e Avilés e negociarase comisión conxunta dos dous comités. Do que pretenden facer, da forma en que teñen planeado presentarnos o ERE non soltan prenda de momento.

A reunión xa comenzou mal ao acusar o xefe de planta á CIG de querer pechar a planta, e recibiu unha contundente resposta do noso compañeiro Rubén. Tamén preguntamos o impacto na nosa fábrica que vai ter a futura posta en marcha da megaplanta de Arabia Saudí. A resposta foi que esa planta está destinada exclusivamente a satisfacer o mercado asiático. Cada vez que nos contestan a algo temos máis a impresión de que están a tomarnos o pelo. Nun mundo globalizado como actual esa afirmación non nos cadra. E máis, de todos e coñecido que en Perfiles están ou estaban a comprar tochos en Dubai.

Ou moito cambia a situación no próximo ano ou, moito tememos que o problema e máis serio do que nos presentan.

Ánimo e a loitar todos xuntos. Xuntos podemos.

lunes, 9 de enero de 2012

CRÓNICA DUN ERE ANUNCIADO

No día de hoxe a dirección da fábrica convocou a todo o Comité de Empresa para comunicarnos que inician o período de consultas para presentar un ERE temporal.


Comenzou falando o xefe de planta do anuncio que fixo Alcoa o pasado 5 de xaneiro de reducir un 12% a súa capacidade de produción. Isto supón unha redución de 531.000 Tm, das que 291.000 Tm supoñen o peche de duas fábricas americanas en Tennessee y Texas, que fan un 7% da produción. O 5% restante (240.000 Tm) saen do máis que probable peche de Portovesme, que ten unha produción anual de 150.000 Tm e das fábricas de A Coruña e Avilés, que teñen que repartirse unha perda de 90.000 Tm. Falounos do forte compromiso que ten Alcoa con A Coruña e Avilés e que estimaban unhas perdas entre as dúas para o ano 2012 de 15 millóns de euros. Isto e o que nos contaron e maña as 12 da mañan empezarán a darnos máis detalles.



Pois ben compañeiros, a noticia que máis temiamos xa está aquí, e se sumamos isto a negociación do prezo da enerxía e a posta en funcionamento da planta de Arabia para o vindeiro ano, parece que estamos ante o principio do fin.



A partir de agora o papel que xogue o Comité de Empresa na negociación do ERE, e o empuxe necesario que temos que dar entre todos os compañeiros a ese Comité vai ser de vital importancia. Esperamos que estén, que esteades e que esteamos todos a altura das circunstancias, e que todos rememos na mesma dirección, sen que se torza ninguén a metade de camiño coma ven sendo habitual nos últimos conflitos. Non nos podemos render, non podemos esmorecer e tede moi presente, que todos teremos unha parte de responsabilidade nos acontecementos futuros. A labor dos traballadores vai ser a de presionar a todas as Seccións Sindicais e ao Comité para que non se desvíen da ruta. Vai ser manter o conflito vivo, apoiar e propoñer mobilizacións e todo canto se nos ocorra. Temos que ser quen de saír da mellor forma posible desta situación, de manternos unidos e evitar por todos os medios que nos dividan ou compren, para poñer a uns poucos en contra de outros. Dende xa mesmo temos que estar preparados, en pe de guerra aprestos para a loita.



A partires de mañán estamos en estado de emerxencia e esperamos que o Presidente do Comité comence por convocar unha asemblea xeral o antes posible, para poder informar da situación directamente. E despois desa asemblea terán que vir moitas máis.



Ánimo a todos compañeiros, e recordade:



EN PE E EN LOITA



NON AO PECHE DA NOSA FÁBRICA. NON A DESLOCALIZACIÓN DO TRABALLO



jueves, 5 de enero de 2012

Pleno do Comité de Empresa 5/01/2012

Hoxe celebrouse na fábrica o primeiro Pleno do Comité do ano. Curiosamente a convocatoria non tiña orde do día agás o apartado de varios, e non será porque non teñamos temas que tratar na fábrica, e máis aínda tendo en conta que o último pleno celebrado foi no mes de agosto pasado.


Así e todo, foi unha reunión interesante e esclarecedora nalgúns puntos. O máis interesante saíu pola solicitude que lle fixo UGT ao Presidente do Comité, da copia da denuncia que se había posto no xulgado, na que denunciábase a empresa por saltarse a orde de antigüidade na asignación dos contratos de relevo. En teoría esta denuncia tiña que estar posta dende o mes de marzo, se non recordo mal, porque era un mandato do Comité de Empresa que o decidira co acordo dos tres sindicatos. Se recordades entradas anteriores, esta foi a denuncia que usou o Presidente do Comité de Empresa como principal argumento na inspección de traballo para non aceptar o acordo que xa tiñamos case amarrado coa empresa para dar prioridade na contratación aos compañeiros con contrato en situación de fraude e que ían a ser despedidos. Como xa comentamos en ocasións anteriores, a "brillante" exposición que fixo daquela diante do inspector e dos compañeiros despedidos baseouse en que non podía aceptar o acordo porque como tiña posta esta demanda, corría o risco de perdela, de que o xuíz lle chamara idiota e de que o mandaran para Teixeiro. Que isto fora o que lle aconsellara a súa asesoría xurídica. E máis, despois da discusión posterior e oídas todas as partes incluídos os propios interesados, nun acto de contrición pediulle ao inspector un prazo de dúas horas para falar cos seus avogados, dando a entender que todavía quedaba unha posibilidade de acordo. Dando unha última esperanza aos compañeiros despedidos.


Pois ben, todo mentira, mentira cochina, porca mentira. Hoxe despois da petición da copia desa demanda, famosa demanda, non tivo máis remedio que confesar que non existía tal demanda, que non tiña posta tal demanda. Si, si, non leíchedes mal; MENTIRA. Agora que llo explique aos que están na casa.


Continuamos a reunión e a CIG faille dúas preguntas ao Presidente do Comité, unha referente a ese estudio que ía facer a empresa da viabilidade de traer o gas natural a fundición e outra polas horas extras.


Preguntámoslle se se sabe algo de ese informe, que tiña que estar entregado o 28 de outubro pasado e do que nos non tiñamos noticia algunha, e penso que as outras seccións sindicais tampouco. A resposta tamén e do máis singular, que si, que algo hai, que non e moita cousa, que llo deron con algo de atraso, que no que hai parece que sae moi caro o do gas pero que el ten constancia de que se está traballar nese tema e que o gas vai a vir para a fábrica. Xa está, e agora nos temos que estar tranquilos e tomalo como Dogma de Fe, cando todos os indicios van na dirección oposta, e segundo comentan compañeiros de mantemento do Comité, que incluso hai plans para mellorar a rede de fuel da planta. Sinceramente esperamos equivocarnos neste tema, pero fe o que se di fe, moi pouquiña.


Co tema das horas extras preguntamos se a empresa está a cumprir o Convenio Colectivo que no artigo 36 di o seguinte:


Artº. 36.- HORAS EXTRAORDINARIAS


Cuando la dirección del centro considere necesaria la realización de horas extraordinarias y teniendo en cuenta que se ha establecido como norma interna de los trabajadores la prohibición de realizarse, éstas solamente se podrán efectuar en los casos siguientes:
- En el caso de trabajadores que desarrollen su labor en equipos de turnos permanentes en instalaciones o servicios de marcha continua. La ausencia del relevo en el trabajo a turnos se regulará según el artículo 21 rigiéndose en cuanto a las normas de descanso, en caso de prolongación excepcional de la jornada, por lo dispuesto en la legislación vigente.
- Cuando sea por necesidades del servicio, deberá existir una información previa de la dirección al comité.
- Si se prevé que una avería originada durante la jornada o pendiente del día anterior, puede dar lugar a la continuación de la jornada establecida, deberá comunicarse al comité inmediatamente de ser esto conocido por la dirección del centro.
- La dirección informará mensualmente al comité de centro, respecto a las horas extraordinarias efectuadas, mediante relación nominal con expresión de número de horas efectuadas y servicios al que pertenece. Asimismo, el comité de centro podrá recabar, en los casos en que lo considere oportuno, información suplementaria respecto a las causas que motivaron la realización de las horas extraordinarias.
- El trabajador podrá optar por la alternativa de cobrar el importe de las horas extraordinarias, o cambiar una hora extraordinaria por una de descanso y cobrar la diferencia entre ambos valores (horas extraordinarias menos horas normales).
- En los casos de cambio de turno por suplencia, sus descansos se compensarán con otros descansos: si la suplencia coincide con sábado, domingo o festivo, se percibirá la compensación correspondiente establecida para sábados, domingos y festivos.


Resposta: unhas veces cumpren e outras non. Sen comentarios.


Solucións ou accións a tomar: na de na.


Co tema das horas queremos aproveitar a ocasión para facer un chamamento a solidariedade de todos os compañeiros para que se neguen a facer máis horas, que se non está ben facelas en situacións normais, nas actuais circunstancias, na que na empresa está a reducir a nosa plantilla, e cando temos compañeiros despedidos e outros na bolsa de traballo esperando que os chamen para contratalos, consideramos que facelas constitúe un Pecado Mortal contra a clase traballadora.


Así está o patio, entre mentiras, actos de fe, pecados mortais e o advenimento do gas, que lle pasa o mesmo que a República, que como non a traiamos nos ela soa non ven.


Saúdos compañeiros.