jueves, 30 de junio de 2011

6ª Reunión mesa pola competitividade

A reunión de hoxe so confirmou o  que xa viñeramos anunciando das reunións anteriores, o desacordo coa
Representación da dirección  é total,  todas a medidas propostas  e que contempla a dirección  so pasan  polos despidos indiscriminados  dos traballadores, e as únicas propostas de competitividade  que expoñen pasan pola precariedade laboral de todos nos.
Hoxe a representación dos traballadores decidiu o inicio de mobilizacións ante a postura da dirección
coa proposta do desmantelamento do servizo de mantemento, que foi a seguinte:
  1. Almacén xeral: Traslado a produción de 1 mozo de almacén e 1 administrativo.
  2. Obra Civil: Traslado de 2 operarios a produción.
  3. T. Central: Traslado de 1 electricista  a produción.
  4. Mantemento electrolise:traslado 2 eléctricos, 2 mecánicos a produción e un terceiro a o ERR
  5. Mantemento Fundición: Traslado de 2 mecánicos a produción
  6. Mantemento PAC (pastas-anexos-captación): traslado de un mecánico ó  ERR
 Estos movementos do persoal supoñen o despido de 12 compañeiros de produción,a maiores, que se engadiran a longa lista  de despidos anunciados pola empresa ( eventuais e contratos fin de obra),  ESTA É  A COMPETITIVIDADE E A EXCELENCIA QUE TEMOS NA NOSA PLANTA CON ESTA DIRECCIÓN,  a representación dos traballadores continuara na mesa na búsquea de solucións onde van a ser necesarias todas a medias de presión que se poidan exercer.
A CIG pediulle a o presidente do comité de empresa un pleno do comité o mais axiña posible para iniciar as mobilizacións e medidas a levar a cabo.
Todas estas medidas tomadas pola dirección  atentan a viabilidade da fábrica e a seguridade dos que traballamos nela e supón un avance mais no desmantelamento da mesma.

FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODOS OS TRABALLADORES PARA QUE  SECUNDEN TODAS A PROPOSTAS QUE  O COMITÉ ESTIME OPORTUNAS, TENDO EN CONTA  QUE NOS ESTAMOS A XOGAR O FUTURO DA FÁBRICA.

miércoles, 29 de junio de 2011

5ª REUNIÓN DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

Hoxe a Representación da Dirección sorprendeunos pola visión que mostrou ou entendeu por competitividade con pinceladas de creatividade como amosan nas seguintes propostas:

Fundición: 
cobertura das vacacións por persoal de mantemento central que teña experiencia en fundición.

Electrolisis:
lavado de maos: eliminación da acumulación de días a todo o persoal que sexa posible.
Apoio de mantemento con experiencia previa en produción para cobertura de vacacións e baixas
o mesmo tempo apoio de produción a mantemento para vacacións e baixas.

Hai que engadir a isto o retorno das 12 persoas de mantemento a produción e a finalización de contrato das 12 persoas de produción ( polo retorno do persoal de mantemento) isto é o que
a Representación da Dirección entende por competitividade e futuro na nosa fabrica.

A Representación dos traballadores rechazamos  negociar os despidos que supoñen os traslados a
produción e a Representación da Empresa emprazounos a continuar o xoves 30.


En resumen: Canto mais avanzan a reunións mais claro temos que non buscan competitividade
                     senón precariedade e unha leonina redución de plantilla, bótase en falla unha
                     organización mais profesioalizada  que si axude a mellorar os nosos procesos
                     produtivos con propostas serias e beneficiosas para a nosa planta.
 
Se hai algo que mereza a pena informar nas vindeiras reunións o faremos,a próxima celebrarase maña, a cal será decisiva,e probablemente a última si e que non hai un cambio de actitude por parte da Dirección.,.
             

martes, 28 de junio de 2011

4ª REUNIÓN DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe incorporouse á mesa o Xefe de Planta solicitando un repaso de todas as medidas propostas na mesa.

Comenzou a súa participación cunha exposición global de mercado do grupo Alcoa, na que non comentou nada novo na posición de precaria competitividade en que se atopa a nosa planta.

Cabe suliñar que non mostran interese en atopar unha solución inmediata que pase pola modernización con inversións na fundición, si se denota pola parte da Representación da Empresa as intencións de precarización da planta por todas as propostas que expoñen que non son outras que as que xa coñecemos. Eles mesmos son os responsables da situación na que se atopa a planta da Coruña co rumbo que marcaron para ela excluíndo inversións claves para afrontar o futuro con garantías así como unha mala xestión dos recursos dos que dispuxo e dispón para a planta. No tocante as inversións estamos a pagar as deficiencias nas instalacións con problemas crónicos sen solucionar incrementando os custes de proceso e asumidos pola Dirección que non se pronuncia.

Esta dirección está a demostrar que non ten capacidade para prantexar e xestionar nada serio de cara a o futuro desta fábrica e pretenden que sexa a Representación dos Traballadores os que poñamos sobre a  mesa as solucións cando é competencia súa e non nosa facelo. Así a todo isto, a Representación dos Traballadores somos os que estamos a levar as iniciativas, incrementando inclusive as propostas iniciais, a actitude da Representación da Empresa é pasar por alto as malas xestións que fan e centrarse en recortes que precarizan aínda máis a posición da fábrica.

A Representación dos Traballadores estamos a facer un gran esforzo para continuar nesta mesa pola competitividade, xa que a representación da dirección non atende nin aporta medidas eficaces, e o que está claro e que de continuar nesta mesma situación, a Representación dos Traballadores iniciaremos tódalas medidas oportunas.

viernes, 24 de junio de 2011

3ª REUNIÓN MESA POLA COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe repasáronse as propostas incorporando algúns datos novos, coma os custes do Servizo de Prevención en subcontratación, estimación de aforro fundición na vertical do 5 e custes taxis San Cibrao.

Aportáronse novas propostas como a utilización do gas refinería para fundición, vaise estudar o impacto económico que tería esta alternativa ó gas natural.

A Representación da Empresa aclarou algúns datos económicos que quedaran pendentes relacionados cos custes de aluguer de maquinaria, os cales demostran o aforro que existe si os temos en propiedade na gran parte deles.

Proponse á Representación da Empresa facer unha correcta optimización dos recursos humáns, como a certificación de máquinas que actualmente se subcontrata a empresas exteriores dispoñendo de recursos propios pra facelo.

A Representación da Empresa nos fai unha presentación breve de como se atopa o mercado nas plantas de Avilés, San Cibrao e Fusina onde nos amosan un incremento claro de produción de lingote T, en detrimento de outros produtos con valor engadido (placas e tochos). Infórmanos da situación actual do laminador confirmando que na actualidade non hai ningunha oferta por el.

En resumen: Despois de tres reunións o que si queda claro e que hai marxe de aforro nas propostas da Representación dos Traballadores e acordamos que se cuantifiquen en breve na súa totalidade.

A próxima reunión celebrarase o martes vindeiro 28.

miércoles, 22 de junio de 2011

2º Reunión da Mesa Pola Competitividade.

 
Hoxe celebrouse a segunda reunión da mesa de traballo pola competitividade na que se trataron os seguintes temas:

- Plans de acción na fundición: amortización serra, troco dun forno en fundición na vertical 5 (ampliando ata as 37 Tm) substitución do fuel na fundición por gas natural, troco de formato na vertical 1.
A Representación da Empresa sostén que toda a inversión que se realice pasa por unha amortización de un ano para a súa aprobación. Os Representantes dos Traballadores esixen un compromiso por parte de Alcoa e un tratamento especial nas inversións que necesita esta planta polo abandono que sufriu en cuestión de inversións favorecendo a outras. Tamén se lle pide que o aforro que se consiga nesta planta coas medidas que se implanten se reinvirta na fundición.

- A Representación da Empresa expón en custes, as propostas seguintes:
Retorno das 13 persoas á produción, novas técnicas de laboratorio, exteriorización do serrado e expedicións e de unha nova aleación de placa tamén estudando as posibilidades de negocio en Europa.

Expoñen un listado de empresas exteriores, número de traballadores e custes, a continuación tamén un listado de vehículos e custes, a Representación dos Traballadores piden rigorosamente que as cifras e datos expostos se contrasten cos devanditos contratos, xa que estes datos non teñen ningún tipo de rigor.

Ábrese a posibilidade de facer extensible a outras plantas a proposta de baixas incentivadas ou traslados (estas dúas propostas están pendentes de aclarar por parte da empresa polo que aínda non podemos aportar información o respecto).

Resumindo, a reunión do día de hoxe por falta de rigorosidade dos datos aportados pola empresa e as intencións de inversión que se nos mostran, nos fan dubidar de que se busque unha solución a medio-longo prazo para esta planta.

Próxima reunión celebrarase o venres día 24 e esperemos que sexa mais produtiva que esta.


lunes, 20 de junio de 2011

1º Reunión da mesa pola competitividade

Hoxe celebrouse a primeira reunión da mesa encargada de buscar alternativas ós despidos para mellorar a competitividade e acurtar custes.

Esta primeira reunión foi unha toma de contacto para establecer o calendario e criterios de negociación,emprazando as reunións todos os luns,mércores e venres de 13:00 a 14:30 horas ó largo das dúas próximas semanas,podendo ampliar as horas e días en función das necesidades que xurdan.

Nesta primeira reunión tanto a Representación da Dirección(composta por 4 membros,o Xefe de planta estaba ausente) como a Representación dos Traballadores (Composta por 1 membro da C.I.G, 2 de CCOO,2 UGT e 1 de APC),fixeron un recordatorio dos seus respectivos plans,recalcando a Representación dos Traballadores que que non ían debater nada referente os despidos senón sobre as outras medidas de aforre de custos como  son plan de aforro enerxético ( contrato de interrumpibilidade),e a mellora na eficiencia da Fundición, e a internación dos servizos subcontratados, que xa se demostrou noutras ocasións que e viable e rendible para empresa.

Así mesmo a Representación dos Traballadores tamén lle solicitou a Representación da Dirección información referente a:
-Cantidade de vehículos en aluguer que ten a Fábrica e o custo que lle supón isto a empresa.
-Numero de  empresas externas que traballan para a fábrica e presupostos das mesmas.
-Presuposto do futuro Plan de competitividade da Fundición e cartos repartidos nas suxestións realizadas na fábrica que deberían reverter nel.
A representación da Dirección contestou  que tentará presentalos na seguinte reunión que se celebrará o mércores 22 as 13:00 horas.

viernes, 17 de junio de 2011

Prohibición de facer horas extraordinarias

O pleno do comité ante a delicada situación que vivimos acordou sacar unha nota prohibindo a realización de horas extraordinarias,xa que no nos parece normal que cando se está falando de despedir a compañeiros ,por outro lado se estean a facer horas extraordinarias.




                                                       
                                                             (premer a imaxe para ampliar)

jueves, 16 de junio de 2011

Asistencia masiva a asemblea de traballadores

Hoxe celebrouse unha asemblea xeral de traballadores onde mais de 200 traballadores entre as quendas de asemblea de mañá e tarde  reuníronse para apoiar o comité e informarse da presentación por parte da Dirección dun plan de axustes de custes e mellora da conflitividade,plan que por outro lado solo aporta como única solución a destrución e precarización dos postos de emprego da nosa fábrica.

Desde esta sección queremos agradecerlle a tódolos traballadores a súa masiva asistencia,e lembrarlles o importante que é o seu apoio a hora de tomar tódalas medidas de presión que se teñan que tomar de agora en diante para evitar o comenzo do desmantelamento de esta fábrica,pola nosa parte esta sección sindical  está disposta a loitar ata o fin para defender os postos de traballo de tódolos compañeiros desta fábrica.

Nesta reunión onde quedou patente a unión de todo o comité para afrontar esta difícil situación a que nos enfrontamos procedeuse a ler varios escritos feitos polo comité dándolle resposta a empresa polo seu plan de aforro.

O primeiro foron os argumentos para non aceptar a súa proposta:

                                                              (premer a imaxe para ampliar)


Logo se expuxo un plan de aforro alternativo,elaborado polo comité co apoio dos traballadores:


                                                       (premer as imaxes para ampliar)


Na asemblea o comité comunicoulles ós traballadores que se conseguira a paralización temporal das medidas adoptadas pola empresa,logrando a constitución de unha mesa de traballo cá empresa que celebrará a primeira reunión o luns día 20.

miércoles, 15 de junio de 2011

Asemblea do Xoves 16 de Xuño

Recodámoslles ós nosos afiliados e a tódolos traballadores en xeral de Alcoa-Inespal  da fábrica da Coruña que mañá Xoves día 16, as 10:00 horas da Mañá e as 16 :00 horas da Tarde,terá lugar unha asemblea co pleno do comité,para tratar os graves asuntos que nos afectan estes intres,polo que e de vital importancia a asistencia de tódolos traballadores.

lunes, 13 de junio de 2011

Nota do Comité de Empresa Dirixida ó Xefe de Planta e ó Presidente de Alcoa Europa

Mantenida la reunión extraordinaria del Pleno del Comité de Empresa con motivo de su propuesta de “competitividad de la Fábrica y planes de corrección”, el Comité de Empresa de Alcoa Inespal S.A. de A Coruña quiere expresarle su total rechazo a todo lo planteado en la misma. Este Comité considera que tal planteamiento agrede y ataca cobardemente a los trabajadores de esta Fábrica, que son los que menos culpa tienen de todo y son los que con su esfuerzo diario mantienen en marcha esta Fábrica, pese a la incompetente y negligente gestión que la Dirección ha llevado de la misma en los últimos años.

Hace algo más de dos años, con el beneplácito de Primario Europa, iniciamos en esta Planta un camino “distinto” a los demás Centros de trabajo. Este acuerdo con la Dirección se trata de internalizar todos los trabajos posibles con el fin conseguir una Fábrica cien por cien Alcoa. Esta política consiguió ahorrar más de 1Millón de Euros en el momento de mayor crisis de la Fábrica. Desde entonces, y una vez que se ha recuperado la senda de los beneficios, la Dirección ha incumplido lo acordado con el Comité y ha invertido la política acordada, subcontratando cada vez más trabajos dejando al personal propio sin ocupación.

Este Comité de Empresa sigue manteniendo que la subcontratación es una sangría para las maltrechas arcas de la Compañía, este es el momento de que los Alcoanos saquemos a la Fábrica del lugar en donde nos han colocado los ineptos de nuestros dirigentes. Es incompresible que se apueste por subcontratar tareas cuando tenemos personal propio suficiente para realizar ese trabajo, más aún, cuando el coste final del personal subcontratado llega a duplicar el de un trabajador de Fábrica.

Además, está más que demostrado que realizando nosotros mismos ciertas tareas de mantenimiento y conservación (pintado torre de pastas, pintado de silos puerto), se llega a gastar hasta cuatro veces menos de lo que costaría subcontratarlo. Por otro lado, somos incapaces de entender cómo se puede tener subcontratada a una Empresa de forma vitalicia en Fábrica, que se lleva un 30% de los presupuestos que ellos mismos realizan, y más aún, después de los continuos “fiascos” habidos, en donde continuamente se tienen que reformar las instalaciones desarrolladas por ellos. Tampoco es difícil encontrar situaciones en donde un presupuesto bastante competitivo, al final se convierte en un “buen sablazo” para la Fábrica al tener que rehacerse el trabajo varias veces.

Dicho todo esto, no nos queda otra cosa que pensar, que alguien en esta Fábrica tiene un negocio montado con la subcontratación, en vez de dedicarse a hacer Aluminio con la mayor calidad y el menor coste posible. Comunicaremos todo esto al Presidente de la Compañía y a los responsables que corresponda, para que auditen todo lo referente a la subcontratación y aportaremos toda la información y documentación de que disponemos.

Por la presente comunicación, este Comité le emplaza a formar una Mesa de trabajo que estudie más posibilidades de ahorro utilizando como herramienta la internalización de trabajos, para conseguir llevar a esta Planta a una buena posición de competitividad dentro de las limitaciones que la falta de inversiones nos ha dejado a lo largo de los últimos años.

Finalmente, queremos dejar claro que de persistir en sus planteamientos de la reunión del día 8 de Junio, este Comité acometerá las acciones que considere oportunas para defender a los trabajadores de esta agresión y hacer respetar los acuerdos alcanzados.

miércoles, 8 de junio de 2011

REDUCCIÓN DE PLANTILLA

Esta mañán a direccón da fábrica comunicaba a unha pequena representación do Comité de Empresa os seus plans de futuro. Basicamente o que pretende a empresa e reducir os seus costes a costa da plantilla. A ineptitude da dirección e dos mandos da fábrica para optimizar recursos e para implantar sistemas e procedementos de traballo o máis operativos e rendibles posibles, a organización infame que padecemos a diario en calquera dos departamentos da fábrica, a presunta corrupción interna no sistema de contratacións de obras e servicios e de compras supoñen un derroche constante en cartos, producción e recursos. E totalmente inmoral que pretendan que todo este custe o paguemos os traballadores en reducción de dereitos e cos nosos empregos.

O plan da dirección ten varios aspectos, todos tremendamente negativos para os traballadores, comenzando pola pretensión de desfacerse de todos os nosos compañeiros que teñen contratos eventuais, ao mesmo tempo que subcontratar tarefas productivas a compañias auxiliares, coma o serrado e a carga de camións dos terminados. Tamén incluen traslados forzosos de 12 compañeiros de mantenemento a postos de producción, de 2 de laboratorio a fundición e un de EHS a producción tamén. En total destruirían máis de 50 postos de traballo.

Esto xa o esperabamos por parte da empresa, pero o que nos podemos entender e que o Presidente do Comité de Empresa espere ao vindeiro luns para convocar unha reunión urxente do Comité, e que faga de correveidile da dirección conminándonos a guardar sixilo destas informacións hasta que a dirección convoque a todo o Comité para repetirlle outra vez o mesmo discurso. Non necesitamos que nos repitan outra vez o que xa sabemos, o que necesitamos e organizarnos, e movilizar a totalidade dos traballadores. Esperamos que o máis tardar nunha semana teñamos unha asamblea xeral para poder tomar as decisións necesarias para frear este ataque directo contra nos.

E imperativo que nestes momentos a empresa non vexa ningunha fisura na unión de toda a plantilla. Temos que dar unha resposta contundente a Empresa, e facerlle ver que non somos tan mansos como se creen, porque de outra forma estaremos perdidos. Pedímoslle entón, á maioría social do Comité que non se arrugue nesta ocasión e que non se dedique a desmovilizar senon a movilizar a todos os compañeiros. Negociar está ben, pero negóciase mellor con lobos na porta que con cordeiros.

Entre todos podemos, YES, WE CAN


En pé os escravos da terra

en pé os que non teñen pan;

a nosa razón forte berra

o triunfo chega en volcán.

Crebemos o xugo do pasado,

pobo de servos, erguete xa,

que o mundo vai ser transformado

e unha orde nova vai reinar.

Axuntémonos todos, é a loita final,

o xenéro humán, forman a Internacional.

Non hai salvadores supremos,

nen rei, nen tribuno, nen deus,

temos que salbarnos nos mesmos,

o Pobo Traballador.

Para que nos devolvan o roubado,

para derrubar esta prisión,

batamos no lume sagrado,

ferreiros dun mundo mellor.

Axuntémonos todos, é a loita final,

o xenéro humán, forman a Internacional.

martes, 7 de junio de 2011

Reforma Laboral.Parte 1:Como afecta ós diferentes tipos de contratos.

Neste blogue imos facer unha serie de artigos para intentar explicar os aspectos mas salientables das sucesivas  e nefastas reformas laborais,pactadas polo Goberno,Patronal e Sindicatos Gobernamentais as costas de tódolos traballadores que supoñen unha perdida de dereitos dos mesmos ,sen precedentes.
Neste primeiro artigo imos empezar por como afecta a os diferentes tipos de contratos.

Contratos indefinidos.

Antes de la reforma la indemnización por despido para os contratos indefinidos era de 45 días por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades,33 días(dos cales a empresa abona 25 e o FOGASA 8)  e 24 mensualidades de máximo en caso de que fora un contrato indefinido de fomento de contratación.
Ca reforma laboral os contratos indefinidos tecnicamente desaparecen,e imos explicar porque,xa que a empresa alegando perdidas ou previsión de estas,(calquera empresa pode facelo cun pouco de enxeñería contable) e sempre que os despidos afecten a 10 traballadores nunha empresa de 100,o 10% nunha empresa de entre 100 e 300 ou a 30 nunha empresa de mais de 300, só ten que abonar 20 días por ano traballado ata un máximo de 12 mensualidades,ainda que realmente só ten que abonar 12 días xa que os outros 8 corren por conta do FOGASA.
Polo que a empresa lle costa o mesmo despedir a alguén que leve 12 años que 40.
Podemos facer un pequeno cálculo para ver a diferencia de despedir a un traballador fixo antes e despois da reforma,supoñamos que os 45 días de traballo sumaran de 2000€ e a antigüidade do traballador na empresa  fora de 40 anos:
Antes:
2000x40=80.000€
Agora en vez de 2000€ por 45 días serían 533€ ,xa que en vez de 45 por ano serían 20 e deles a empresa solo abona 12 ,e antes o máximo eran 42 mensualidades e agora son 12 ,polo que serían:
533x12=6.396€
Con esta diferencia queda claro que non existen contratos fixos,polo menos no ámbito privado. 

Contratos temporais.

Antes da reforma laboral os contratos por obra podían prolongarse indefinidamente mentres durase o motivo de contratación, pero si  o motivo de contratación  non estaba ben especificado (fraude de lei) ou o motivo de contratación finalizaba  e o traballador seguía traballando ,sumando mais de 24 meses nun período de 30, mediante 2 ou mais contratos,pasaba a ser fixo,salvo que os contratos foran formativos,de relevo ou por interinidade,a indemnización por despido de este tipo de contratos era de 8 días por ano traballado.
Ca nova reforma o contrato por obra limitase a 3 anos,hasta 4 si o convenio sectorial o permite,pero non vale amplialo mediante un convenio de empresa,a indemnización sube a 9 días por ano para os que se fagan no 2012, 10 no 2013,11 no 2014 e 12 no 2015.
En canto os contratos por interinidade (baixas,etc) poden prolongarse o tempo que dure a causa e encadearse varios sen adquirir ningún tipo de dereito.