jueves, 25 de octubre de 2012

Referendum

SI                 - 40      votos    a favor de continuar as mobilizacións.
NON            - 116    votos    en contra das mobilizacións por consello de Alcoa.
En branco      - 3        votos    nin fu nin fa.



Por orde do señor Presidente de Alcoa España faise saber que as mobilizacións en defensa dos postos de traballo quedan desconvocadas oficialmente ate novo aviso.

Menos mal que todavía quedan 40 valentes, e algúns máis que non quixeron participar desta tomadura de pelo.

Supoño que para convocar a vindeira asamblea teremos que celebrar outro plebiscito, para que nos den o seu visto bo as maiorías silenciosas.

jueves, 18 de octubre de 2012

A CIG en Alcoa Inespal desminte que o problema coa tarifa eléctrica estea resolto e garantida a continuidade da produción


A Sección Sindical rexeita tamén a decisión adoptada por unha parte do Comité de empresa de desconvocar as mobilizacións previstas para esta semana
A sección sindical de CIG de Alcoa Inespal A Coruña ante a noticia da que se fan eco varios medios de comunicación a respecto de que o problema que ten Alcoa coa tarifa eléctrica actual xa está solucionado e que a multinacional anunciou que vai proseguir a súa produción normal para o vindeiro ano, quere manifestar que estas afirmacións non se corresponden á realidade.
12-09-26_ConcentracionAlcoaDelegacion_004
En primeiro lugar, explica a Sección Sindical da CIG, a Orde Ministerial que presuntamente firmou o ministro Soria o xoves pasado (11/10/2012), segundo anunciou o Presidente da Xunta de Galiza, e que garantiría un prezo competitivo da enerxía eléctrica para a industria, non é tal. De momento non é máis que unha proposta que foi enviada polo Ministerio de Industria á Comisión Nacional da Enerxía, para que esta elabore un informe preceptivo no que pode facer alegacións ou propoñer modificacións ao contido parcial ou total de dita Orde Ministerial.
En segundo lugar, a trasnacional Alcoa non se pronunciou publicamente dando por solucionado o problema e non garantiu de ningunha forma a continuidade da actividade nas fábricas de produción de aluminio que ten en Galiza. Aprazou a decisión final a finais de ano cando estea en vigor esa suposta norma, e ao resultado da negociación que ten que levar a cabo coas  compañías produtoras de  electricidade.
Así mesmo, a Sección Sindical da CIG amosou o seu total desacordo coa decisión tomada pola maioría do Comité de empresa, (co voto favorábel de CCOO e APC e o voto en contra de CIG e UGT), de desconvocar as mobilizacións previstas para esta semana, “xa que ao noso xuízo non existe garantía algunha por parte de Alcoa de retomar a produción normal da fábrica da Coruña e manter todos os postos de traballo”.

lunes, 15 de octubre de 2012

Comunicado de prensa CIG San Cibrao.

A CIG insiste que debe de continuarse coas mobilizacións por non haber garantía para a continuidade de Alcoa.

A día de hoxe non temos ningún compromiso que non sexa de palabra, pese a que a Dirección manifesta que se salvou un escollo importante. Á pregunta da CIG de si o acordado é suficiente para garantir a continuidade das fábricas,o director de San Cibrao manifestou contundente que non,emprazando a solución definitiva para despois das eleccións. “A nos para algo tan público e simple como un permiso de paternidade a dirección pídenos un xustificante, sen embargo queren que fagamos un acto de fe con algo que afecta a miles de persoas”.

A CIG tamén manifesta o seu descontento polo feito de ser excluída da reunión informativa que se celebrará mañá en Madrid e á que si asistirán os presidentes dos Comités pertencentes a CC.OO e UGT.


É responsabilidade tanto da Xunta como do ministro de Industria conseguir garantías de continuidade das factorías e dos postos de traballo, polo que consideramos se cabe máis urxente que antes continuar e intensificar as mobilizacións pois logo do día da xornada electoral a posibilidade de conseguir resultados será moito menor

jueves, 11 de octubre de 2012

Movilizacións de CIG



Na proxima semana, a que comeza o luns, 15 de outubro, a C.I.G. na comarca da Coruña, temos convocadas e acordamos apoiar diferentes mobilizacións en resposta ás antigalegas, duras e inxustas políticas  de recortes, de destrución de emprego e de direitos do P.P. de Feijoo e Rajoy.
Se mandamos este correo electrónico informativo é para  procurar a túa implicación, a tua participación e a sua maior difusión.
As mobilizacións son :
1.- O LUNS, 15 DE OUTUBRO, ás 19 horas desde a Praza de Pontevedra,  MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO EMPREGO E DOS SERVIZOS PÚBLICOS, convocada pola C.IG. e todos os sindicatos da Area Pública.
2.- O MARTES, 16 DE OUTUBROÁS 11 horas, diante do Recinto Feiral, EXPOCORUÑA. A PLATAFORMA " NUNCA MÁIS"  convoca UNHA CONCENTRACIÓN NACIONAL NA CORUÑA , con  motivo do  inicio do  macro-xuizo  do PRESTIGE.
3.- O MÉRCORES, 17 DE OUTUBRO :
- ÁS 10 HORAS, NOVA CONCENTRACIÓN da ASEMBLEA DE PARADOS/AS DA C.I.G. DA COMARCA DA CORUÑA, diante da Oficina do Inem da Avenida de Fisterra, na Coruña, como continuación a feita onte diante da Oficina do Inem de Monelos.
-  MANIFESTACIÓN CON MOTIVO DA FOLGA ESTUDANTIL ,  ÁS 12 HORAS, saída da  PRAZA DA PALLOZA.
4.- O XOVES, 18 DE OUTUBRO, MANIFESTACIÓN da PLANTILLA DE ALCOA- A CORUÑA, con saída ás 17:30horas da fábrica en Agrela.

RECORDADE  A CONCENTRACIÓN DO LUNS 15/10 NA ENTRADA DE FÁBRICA DE 13:30 A 14:30 QUE NON ESTÁ NA LISTA ANTERIOR PORQUE FOI ACORDADA CON POSTERIORIDADE A ELABORACIÓN DESTA LISTA.

miércoles, 10 de octubre de 2012

MOVILIZACIÓNS

-Luns 15 de outubro de 13:30 a 14:30: Concentración na entrada da  fábrica.

-Manifestacións os días 18 e 25 de outubro, saída da fábrica ás 17:30 horasdende rotonda de Arias Hermanos e regresando para Alcoa pola rotonda do Marineda City. 

lunes, 8 de octubre de 2012

jueves, 4 de octubre de 2012

Calendario de Mobilizacións

Presencia permanente nos actos públicos acordados na asemblea(debemos estar pendentes da prensa para saber día, hora e lugar).

-Día 4 manifestación da CIG as 20:00 horas con saída da praza de Vigo.


- Días 5 e 6 pegada de carteis escenificando a campaña electoral e publicitando a manifestación do día 10.


- Concentracións todos os venres ás 14:00 horas diante da fábrica.


- Participación na manifestación convocada por ( UGT, CCOO) para o día 8 ás 20:00 horas dende a praza da Palloza.


- MANIFESTACIÓN O DÍA 10 DE OUTUBRO dende Alcoa ata a Delegación do Goberno(praza de Ourense) ás 17:45 horas.


- Manifestacións os días 18 e 25 de outubro, saída da fábrica ás 17:30 horas dende rotonda de Arias Hermanos e regresando para Alcoa pola rotonda do Marineda City.