jueves, 19 de septiembre de 2013

As mensaxes da Dirección que nos levan a extinción.

Cada vez que Alcoa move e ficha ,as respectivas direccións das plantas que ten en España, nunha estratexia conxunta apresurase a dar mensaxes de tranquilidade ó persoal,de aquí non pasa nada e séguenlle a pedir ós operarios que sigan arrimando o ombro e facendo mais esforzos para ser competitivos, e de paso que poñan nas enquisas que están encantados de que os exploten, lles recorten o salario e lles acaben ca saúde,unha proba de cara onde nos leva esta estratexia é a comunicación publicada por unha das seccións sindicais das plantas que agora están en venta, despois de manter unha reunión ca dirección da planta hai pouco mais de tres meses.(Omitimos o nome da sección xa que é irrelevante porque todas saíron ca mesma impresión).

 

Como se pode ver a mensaxe e totalmente idéntica as que mandan na nosa planta ca diferencia de que aquí xa nin se molestan en mentirnos sobre as inversións .
As respectivas seccións sindicais desa planta tiñan a esperanza que tras os tremendos esforzos realizados pola plantilla no traballo, asumindo unha carga maior de traballo debido os numerosos despidos,e os multiples ERES, algún deles brutal onde so se traballaban pouco 150 xornadas o ano,así como dun recorte do 20% do salario esas promesas de futuro poderían cumprirse,pero co tempo demostrouse que non era así,todo o que fixeron só valeu para reducir a plantilla de cara a un futuro peche (cantos menos sexan menos impacto político mediático) e máis baratas serán as indemnizacións.
Por iso dende esta sección sindical levamos dicindo moito tempo que a única maneira de ser máis competitivos e a través de inversións que na nosa planta fai anos que brillan pola súa ausencia, e ultimamente nin se destina cartos mantemento básico das instalacións  cal nos pon nunha situación moi complicada.
Agora despois do anuncio da venda por parte de Alcoa das plantas de Amorebieta e Alicante a nosa dirección apresurase a dicir que iso non nos afecta para nada,que  temos que seguir facendo esforzos os de sempre,pero o primeiro que nos ven a cabeza é a quen lle imos vender o que producimos xa que imos perder o principal cliente de placas que temos e dicimos iso porque aínda que a cousa saia ben e se concrete a venta non teñen porque seguir comprándonos a nós, temos un claro exemplo ca fábrica de Sapa o noso lado, que prefire traer o aluminio de Mostar ,Qatar ou calquera outra parte antes que comprárnolo a nos, gracias a gran xestión da nosa dirección,e aínda máis Amorebieta tamén e o principal cliente de placas de San Cibrao e si o perden terán que ir a tocho polo que Alcoa terá que decidir entre recortar a produción alí ou na nosa planta, e creemos que a estas alturas xa sabemos cal pode ser a decisión.
Agora que so van quedar tres das doce plantas que tiña a antiga Inespal antes da "venda" e saqueo por parte de  Alcoa, e despois de perder case 4000 postos de traballos nos acordamos de que dúas das condicións de "venta" era manter o emprego e elaborar un plan de futuro para o grupo,15 anos despois se confirma a que veu realmente Alcoa a España, a saquear as fábricas regaladas polo PP,explotar a xente,levarse case 1000 millóns de euros de subvencións enerxéticas e tódolos beneficios sen apenas pagar  impostos e quedarse ca couta de mercado en Europa.
Dito isto, só nos queda desexarlle o mellor os compañeiros de Amorebieta e Alicante desexando que atopen un comprador que non se dedique a especular con eles e poña un plan de futuro sobre a mesa,porque nos temos claro que con Alcoa non hai futuro posible.