A Confederación Intersindical galega convoca
manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas
de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido
Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha
cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes
reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás
grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.
A CIG denuncia o ataque ás pensións, os
dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada
laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas
dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións
por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio
para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización
durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas
as que perderon o seu traballo”.
A central sindical denuncia tamén a redución das prestacións sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus amigos; o poder que se dá ás mútuas para as baixas por enfermidade; o encarecemento da universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Pregúntase por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano.
Lembra que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación.
Alerta de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas”.
Manifestación convocada
- A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo