viernes, 27 de mayo de 2011

Comunicado de Prensa do Comité de Empresa.

No presente comunicado o Comité de Empresa de Alcoa Inespal S.A. da Fábrica da Coruña,quere denunciar o sistemático incumprimento por parte da nova Dirección do Centro de tódolos acordos alcanzados ca anterior Xefatura de Planta.Entre estes incumprimentos están os seguintes:

  • Esta Dirección está a incumprir o acordo de internalizar os traballos de mantemento,mantendo o emprego e mellorando a calidade e a seguridade do mesmo.
  • A nova Dirección esta a fomentar a contratación en "precario" con entradas e saídas continuas dos novos traballadores o que supón un grave risco para a súa seguridade e a dos seus compañeiros.
  • Estase a incumprir o acordo de ofertar o Contrato de Relevo por orde de entrada na Empresa.Sendo esta maneira de obrar un uso e costume de funcionamento na Fabrica dende o ano 1999.A Dirección está a utilizar isto para aplicar un punto máis de presión sobre os traballadores eventuais,ofertando este contrato de maneira subxectiva,sen criterio e unilateralmente sen escoitar as múltiples protestas do Comité de Empresa.
  • Non se está respectando o prometido durante unha asemblea pola anterior Dirección ó Comité de Empresa e a 40 traballadores contratados en Outubro do 2009,de darlles continuidade na Fábrica se non había unha nova recesión do Sector do aluminio.
  • A política desta Dirección é reducir plantilla nos talleres a costa da seguridade,da produción e da calidade do produto terminado,poñendo en perigo a viabilidade da Fábrica a medio prazo.
  •  Esta Dirección esta a dedicarse a amedrentar ós traballadores presentandolles uns malos resultados da Planta,con datos sesgados e baseados en dous anos de gran crise,pensando que así poderá facer unha xestión antisocial sen a oposición dos traballadores.Para o Comité os malos resultados son a consecuencia dunha Dirección da planta incompetente e da falta de inversións enfocadas o noso mercado.
  • A política desta Dirección é pechar instalacións reducindo persoal e deslocalizando os nosos produtos,aínda que os nosos clientes os reclamen.Ente Comité de Empresa aínda está esperando unha solución o peche da instalación do Laminador.De ningunha das maneiras se permitirá que se quite un só tornillo desa instalación,mentres non se presente un plan de futuro para o Departamento da Fundición.      
De manterse esta dinámica,nun breve prazo de tempo este Comité de Empresa convocará a unha asemblea os traballadores para propoñer mobilizacións.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Reunión do Pleno do Comité de Empresa celebrada o 18 Maio.

Hoxe  as 10:30 reuniuse o Pleno do Comité de Empresa para tratar os seguintes asuntos :


1º-Colonias Infantís: Comentouse a necesidade de que si os diferentes membros da comisión teñen novas propostas  para a viaxe dos fillos dos traballadores as teñan preparadas, xa que en breve celebrarase unha reunión desta Comisión .

2º- Praza de Medidas:O considerar que houbo certas irregularidades na proba teórica da convocatoria, xa que non foi repartido o temario entre todos os solicitantes, decidiuse que se convoque de novo a praza vacante,para así garantir que exista  igualdade de oportunidades.

3º- Prima de Resultados:Tódolos  membros presentes coincidimos en que os actuais parámetros da prima non se basean nos principios recollidos no convenio,xa que consideramos que os empregados non inflúen en todos os seus valores e non son transparentes, xa que non se poden identificar e medir con claridade,polo que decidiuse rexeitar a proposta da Empresa para o ano 2011 e convocar á Comisión de Interpretación e Vixilancia .