viernes, 27 de mayo de 2011

Comunicado de Prensa do Comité de Empresa.

No presente comunicado o Comité de Empresa de Alcoa Inespal S.A. da Fábrica da Coruña,quere denunciar o sistemático incumprimento por parte da nova Dirección do Centro de tódolos acordos alcanzados ca anterior Xefatura de Planta.Entre estes incumprimentos están os seguintes:

  • Esta Dirección está a incumprir o acordo de internalizar os traballos de mantemento,mantendo o emprego e mellorando a calidade e a seguridade do mesmo.
  • A nova Dirección esta a fomentar a contratación en "precario" con entradas e saídas continuas dos novos traballadores o que supón un grave risco para a súa seguridade e a dos seus compañeiros.
  • Estase a incumprir o acordo de ofertar o Contrato de Relevo por orde de entrada na Empresa.Sendo esta maneira de obrar un uso e costume de funcionamento na Fabrica dende o ano 1999.A Dirección está a utilizar isto para aplicar un punto máis de presión sobre os traballadores eventuais,ofertando este contrato de maneira subxectiva,sen criterio e unilateralmente sen escoitar as múltiples protestas do Comité de Empresa.
  • Non se está respectando o prometido durante unha asemblea pola anterior Dirección ó Comité de Empresa e a 40 traballadores contratados en Outubro do 2009,de darlles continuidade na Fábrica se non había unha nova recesión do Sector do aluminio.
  • A política desta Dirección é reducir plantilla nos talleres a costa da seguridade,da produción e da calidade do produto terminado,poñendo en perigo a viabilidade da Fábrica a medio prazo.
  •  Esta Dirección esta a dedicarse a amedrentar ós traballadores presentandolles uns malos resultados da Planta,con datos sesgados e baseados en dous anos de gran crise,pensando que así poderá facer unha xestión antisocial sen a oposición dos traballadores.Para o Comité os malos resultados son a consecuencia dunha Dirección da planta incompetente e da falta de inversións enfocadas o noso mercado.
  • A política desta Dirección é pechar instalacións reducindo persoal e deslocalizando os nosos produtos,aínda que os nosos clientes os reclamen.Ente Comité de Empresa aínda está esperando unha solución o peche da instalación do Laminador.De ningunha das maneiras se permitirá que se quite un só tornillo desa instalación,mentres non se presente un plan de futuro para o Departamento da Fundición.      
De manterse esta dinámica,nun breve prazo de tempo este Comité de Empresa convocará a unha asemblea os traballadores para propoñer mobilizacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario