miércoles, 27 de abril de 2011

Domingo 1 de Maio,Día Internacional da Clase Traballadora.






O próximo domingo,1º de Maio,celebrase O DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA.
E con motivo de tal día,na nosa comarca,na cidade da Coruña,terá lugar unha manifestación que sairá ás 12 horas,desde a Praza de Vigo,onde animamos a toda a xente a participar activamente.

Este 1º de Maio saímos as rúas de toda Galiza baixo o lema POLO EMPREGO,POLOS DEREITOS SOCIAIS,NON AS REFORMAS DO CAPITAL.
O grave contexto no que celebramos este ano o 1º de Maio ven duramente marcado polos altos índices de desemprego,a precariedade laboral,agravados polas sucesivas reformas laborais,que empeoraron as xa de por si nefastas consecuencias da crise económica,por iso faise mais fundamental que nunca a nosa participación.
Os dereitos dos traballadores sempre se conseguiron mediante a loita dos mesmos, con gran esforzo e sacrificio, a mellor proba de iso é recordar porque se conmemora o día do traballador nesa data:


"Unha das reivindicacións básicas dos traballadores do século XIX era a xornada de oito horas. No ano 1829 formouse un movemento para solicitar a lexislatura de New York a xornada de oito horas. Anteriormente existía una lei que prohibía traballar más de 18 horas diarias, salvo caso de necesidade. Si non había tal necesidade, calquera xefe dunha compañía que por exemplo obrigase a un traballador a traballar xornadas de mais de 18 horas diarias simplemente debía pagar una multa de 25 dólares.

En 1886, o presidente de Estados Unidos Andrew Johnson promulgou a chamada Lei Ingersoll, establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ao pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas con cláusulas que permitían facer traballar os obreiros entre 14 e 18 horas.As condicións de traballo volvían a ser similares sendo insoportables,xa que se erguían as catro da maña e chegaban as oito da tarde ou incluso despois,de maneira que nunca vían as suas mulleres e fillos a luz do día.

A prensa calificaba o movemento en demanda das 8 horas de traballo como "indignante e irrespectuoso", "delirio de lunáticos pouco patriotas", e manifestando que era "o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo".
Como a Ley Ingersoll non se cumpriu as organizacións sindicais de Estados Unidos mobilizáronse,convocando unha folga xeral para o 1 de Maio de 1886,pero a principal organización de traballadores naqueles tempos en EE.UU. (a Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo) remitiu una circular a todas las organizacións adheridas onde manifestaba: "Ningún traballador adherido a esta central fará folga o 1° de maio xa que non dimos ningunha orde ó respecto". Este comunicado foi rexeitado por tódolos traballadores de EE.UU. e Canadá, calificando os dirixentes da Nobre Orde traidores ó movemento obreiro.

O 1° de maio de 1886, 200.000 traballadores iniciaron a folga, mentres que outros 200.000 obtiñan esa conquista ca simple ameaza de paro.



En Chicago onde as condicións dos traballadores eran moito peores que noutras cidades as mobilizacións seguiron durante varios días. A única fabrica que traballaba era la fábrica de maquinaria agrícola McCormik que a pesar de estar en folga seguía adiante ca produción a base de esquirois.
No terceiro día de folga a saída dos esquirois, os traballadores encaráronse con eles comezando así unha batalla campal .Vendo isto unha compañía de policías, sen aviso algún, procedeu a disparar a queimarroupa sobre a xente producindo 6 mortos e varias decenas de feridos.

O día seguinte convocouse un acto de protesta,pero cando o alcalde dou por finalizado o mesmo, gran parte da concorrencia (máis de 20.000 persoas) negáronse a marchar.A policía considerou que terminado o acto non debía permitir que os obreiros seguiran nese lugar, e avanzou cara o parque onde se encontraban e empezou a reprimilos. De súpeto estallou entre os policías un artefacto explosivo que matou a un oficial e feriu a varios. A policía entón disparou sobre a multitude, matando e ferindo a un número descoñecido de obreiros.Declarouse o estado de sitio e o toque de queda, e nos días seguintes detívose a centenares de obreiros, os cales foron golpeados e torturados, acusados do asasinato do policía.



O 21 de xunio de 1886, iniciouse a causa contra 31 responsables, sendo logo reducido o número a 8. O Xuízo foi unha farsa de principio a fin, violándose tódalas normas procesais de forma e de fondo, e a pesar de non poder probar nada na súa contra, os oito de Chicago foron declarados culpables, acusados de ser inimigos da sociedade e do orde establecido. Tres deles foron condenados a prisión e cinco a forca."




Este é un dos moitos exemplos do difícil e custoso que é conseguir melloras sociais para os traballadores,melloras que hoxe en día pérdense con facilidade en negociacións Goberno-Patronal-Sindicatos Gobernamentais en Madrid,ante a pasividade e falta de mobilización da clase traballadora ,pero está nas nosas mans o poder cambiar isto.

miércoles, 13 de abril de 2011

Vídeo da manifestación sindical do 5 de abril en Madrid


Sindicatos galegos, vascos, cataláns e canarios organizaron a mobilización en Madrid. En autocares, avión e coches particulares desprazáronse a  capital de España  os sindicalistas dende Galicia, País Vasco, Cataluña e Canarias, sumando uns 5.000 manifestantes. A manifestación partiu do Paseo de la Castellana (xunto ó Santiago Bernabeu) as 11.30 horas e finalizou ante a sede do Ministerio de Traballo. Consignas como: "Non faltan cartos, sobran ladróns";  "Zapatero, cabrón, rebaixa a túa pensión"; "onde están, que non se ven, CC.OO y UGT", entre outros, oíronse nunha manifestación que se desenrolou sen ningún incidente.

sábado, 2 de abril de 2011

A CIG mobilizarase en Madrid o 5 de abril contra as reformas do Goberno e polo dereito a decidir as condicións laborais

A Confederación Intersindical Galega e a maioría sindical vasca (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU) van desenvolver unha manifestación o vindeiro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do dereito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais. Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as que uns 1.200 serán representantes sindicais da CIG. 
 
 
“Queremos que o goberno español visualice que no estado existe unha contestación ás reformas que nos están impondo e dinámicas sindicais distintas á política de pacto social practicada por CCOO e UGT”. Así resumía o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o obxecto da convocatoria que a central nacionalista, xunto a ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU vai realizar o vindeiro martes 5 de abril en Madrid, dando continuidade á campaña de mobilizacións que estas centrais sindicais veñen realizando contra do conxunto de reformas promovidas dende os gobernos, incluída a folga xeral do pasado 27 de xaneiro.
A manifestación, explicou Seixo, que compareceu en rolda de prensa xunto ao Secretario Confederal de Comunicación da CIG, Francisco Miranda Vigo, sairá dende os arredores do campo de fútbol Santiago Bernabeu e marchará até as portas do Ministerio de Traballo e Inmigración. Aínda que a idea orixinal era rematar diante Congreso, este percorrido non foi finalmente autorizado.
Alén dos arredor de 3.500 delegados e delegadas que se agarda participen na manifestación, estase á espera de confirmar a presenza dos sindicatos cataláns e canarios, así como, apuntou Miranda Vigo, tamén amosaron a súa intención de participar na marcha organizacións que veñen de constituírse logo de romper coa dinámica sindical de UGT e CCOO e que xa convocaran paros de solidariedade durante a xornada de folga do 27 de xaneiro. 
Centralización da negociación colectiva
Coa mobilización, as centrais sindicais queren amosar o rexeitamento á reforma do sistema público de pensións (o anteproxecto de lei debátese mañá, mércores, no Pleno do Consello Económico e Social) e da negociación colectiva. Aínda que neste último caso non hai pechado un acordo, os termos nos que a patronal e CCOO e UGT teñen orientado a reforma apuntan a unha maior centralización e burocratización da mesma. Isto na práctica virá significar un monopolio da negociación colectiva a nivel estatal, marxinar as organizacións sindicais máis molestas e practicar unha negociación colectiva afastada dos traballadores e traballadoras.
De aí, matizou Seixo, a reivindicación do dereito dos galegos e as galegas a decidirmos no noso País as condicións laborais e sociais. “A negociación colectiva é un arma fundamental dos traballadores e traballadoras para mellorar as condicións laborais e precisa da proximidade e da participación da clase traballadora”, aclarou.
Para a CIG é imprescindíbel que a negociación colectiva se realice nun marco próximo aos traballadores/as, de xeito que poidan participar e decidir sobre aquelas cuestións que lles afectan. Aí radica a importancia dos convenios provinciais, tanto pola proximidade aos traballadores/as como porque o número de persoas á que afecta é o suficientemente elevado como para xerar capacidade de presión. Non obstante, este ámbito da negociación preténdese agora eliminar para camiñar a convenios marco de mínimos e deixar que sexa no eido da empresa onde se melloren os acordos. Punto en extremo difícil no caso da Galiza tendo en conta que o 90% das empresas non supera os seis empregados/as.
Seixo advertiu que esta reforma interesa ás organizacións sindicais estatais porque así poderán monopolizar a negociación e tentar apartar aos sindicatos molestos, pero tamén é do gusto da patronal, xa que consolidar este modelo suporá un empeoramento das condicións laborais e salariais.
Voto particular de CIG e ELA no Consello Económico e Social
ELA e a CIG presentarán un voto particular ao ditame sobre o anteproxecto de lei de reforma das pensións que se debate mañá no CES, a través do que manifestan o rexeitamento á modificación e denuncian o que suporá para moitos traballadores e traballadoras esta reforma: dificultar o acceso ás pensións e unha caída nas contías das mesmas.
O responsábel do sindicato nacionalista denunciou que no anteproxecto de lei aparecen recollidas cuestións que non figuraban no Acordo Social e Económico, como o relativo á xubilación voluntaria anticipada. Até agora estaba fixada nos 61 anos e nos 30 anos de cotización. Segundo o anteproxecto, a partir da aplicación da lei non se poderá acceder á xubilación anticipada até os 63 anos e sempre que se teñan cotizados 33 anos. A maiores impoñen outra condición: a pensión resultante ten que se superior ao 125% da pensión mínima. Esta obriga deixa sen a posibilidade de xubilarse anticipadamente a quen teña unha pensión inferior a ese valor.
Seixo advertiu que a reforma prexudica ás persoas que teñan as rendas máis baixas e de forma moi particular ás mulleres xa que, en xeral, estas teñen unhas condicións laborais máis precarizadas, altas taxas de temporalidade e de contratación a tempo parcial, polo que precisarán de moitos máis anos traballados para poder acumular os períodos mínimos de cotización.
De feito, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos que vén estabelecer a reforma das pensións. Non obstante, os cambios socio-económicos, é dicir a progresiva precarización do mercado laboral, mesmo fan prever que estas porcentaxes descenderán no futuro.
Ademais, ampliar os anos para calcular a base reguladora, pasando de 15 a 25, suporá incluír períodos de non cotización, polo que a contía das pensións ficará reducida. Na Memoria Económica do anteproxecto sinálase que pasar de 15 a 20 anos xa supón unha redución do 5.38% do total das pensións, redución que será moito maior realizando o cálculo a 25 anos.
Novamente, estas cifras resultan máis graves cando se fala das mulleres traballadoras. Segundo a Memoria Económica, pasar de 15 a 20 anos o período de cálculo supón que a porcentaxe de traballadores/as con baleiros de cotización superiores a 24 meses (a quen prexudica este cambio na reforma) pasará do 20.6% ao 31.8% do total. No caso das mulleres supón pasar do 35.8% ao 49.7%.