jueves, 27 de septiembre de 2012

O saqueo de INESPAL

Si se puidera resumir nunha frase a privatización de INESPAL  a mais acertada sería: ”O estado págalle a Alcoa para que se quede cos beneficios”, xa que realmente iso é o que pasou.
Os primeiros intentos de privatizar INESPAL e vendela a transnacional Alcoa datan do ano 1990, pero non prosperaron debido a que as eléctricas non estaban en mans privadas todavía ,e non se podía facer “negocio” tan fácilmente, polo que a firma do acordo de venda non chegaría ata xullo do 1997, aínda que non se formalizou ata o ano 1998,coincidindo ca ola de privatizacións das compañías eléctricas realizada polo goberno do Sr. Aznar  co Sr. Piqué como ministro de industria.
A venda do grupo INESPAL foi unha das privatizacións máis controvertidas,xa que se trataba dunha empresa que nos dous anos anteriores a venda e baixo a dirección de un bo xestor (Sr. Alvarez Vara) obtivo máis de 12.000 millóns de pesetas (77M$ da época) de beneficios netos e acababa de presentar un plan de futuro para o grupo, como pago a súa boa xestión foi fulminantemente destituído, non fora ser que encarecese máis o prezo de venda e fastidiase a operación.
 Os motivos da venta tamén foron moi cuestionados nas comisións do congreso do ano 1997,xa que non se explicaban como unha transnacional como Alcoa que estaba a pechar fábricas, moitas delas rendibles en outras partes,trasladando a súa produción a zoas con custes enerxéticos baixos e con minas de bauxita(materia prima do aluminio) preto,como África,quería comprar INESPAL sabendo que coa privatización das eléctricas, a enerxía encareceríase todavía máis  e a bauxita había que traela de fora; a resposta xa se intuía por aquela época como se reflicte nas comisión do congreso do ano 1997, Alcoa so viña a adquirir cota de mercado, eliminar competencia e a vivir de “subvencións”  mentres puidera como veremos mais adiante.
O prezo da venda quedou fixado inicialmente en 410 millóns de dólares (63450 mill. de pts. o cambio da época),pero foi reducido finalmente a 109 millóns de dólares (16840 mill. De pts.), o descontarlle algo máis de 200 millóns por asumir a débeda do Grupo(a maioría contraída por recentes inversións para modernizar as fábricas),e 100 máis ,por dúas reclamacións posteriores a venda que fixo o comprador, como ben reflexa o informe do tribunal de contas sobre privatizacións do 13 /1/ 2006.
Como contrapartidas a venda, o estado(SEPI) garantíalle a Alcoa un prezo da enerxía durante 10 anos (1998-2007) a 3840 pts/Mw (23€/Mw) e 5 anos suplementarios (2008-2012) a 4240 pts (25€/Mw) tendo que poñer o estado a diferencia entre ese prezo e o real de mercado que era moi superior,ata un tope de 410 millóns de dólares, ademais debería asumir todos os gastos medioambientais ata un tope de 65 millóns de dólares.
Segundo un informe de contas sobre as privatizacións de empresas públicas a data do 13/01/06 o resultado contable da venda de Inespal arroxaba unas perdidas para o estado de 456 millóns de euros os que hai que sumar 180 máis de compensación da tarifa eléctrica do período (2008-2010), polo que a venta foi unha operación nefasta para o estado, pero non así para Alcoa que leva obtendo beneficios ano tras ano e para as compañías eléctricas.
Pola súa banda Alcoa comprometíase:
1. Inverter 390 millóns de euros nos 10 primeiros anos: Todos nos preguntamos onde se meteron .
2. Incrementar a actividade: Dende a chegada de Alcoa na fábrica da Coruña parouse a refusión, pechouse o laminador ,pecharon os talleres de mantemento,e este ano unha das dúas series de electrólise.
3.Desenrolar novos produtos: Descoñecemos cales son, porque a parte de non facer nada novo deixamos de facer fío e placas.
4.Manter o emprego: A plantilla do grupo Inespal a 31/12/97 antes da venda era de 4581 traballadores ,e contaba con unha decena de centros de traballo, hoxe en día ,despois de pechar un par de centros,vender tres, varios  ERE´s e recortes de plantillas en todas elas, non chegamos nin a metade. 
Como pode verse non cumpriu ningún dos compromisos, tampouco tivo ningunha intención de facelo,porque como dixemos antes só veu a coller cota de mercado, eliminar competencia, e levarse todos os beneficios para fora, proba délo é o que quere facer agora, pechando as plantas de primario de España e Italia ca escusa da tarifa eléctrica (cando veu, a enerxía xa era moi cara e sabía que se ía encarecer máis cas privatizacións das empresas eléctricas) e trasladando a produción a megaplanta de Ma´aden en Arabia Saudita que entrará en funcionamento o vindeiro ano,onde os custes enerxéticos son moito máis baixos e a mina de bauxita está o lado da planta.

Non podemos permitir este espolio,e o goberno como responsable da privatización que nos levou a esta situación debe garantir a nosa continuidade mentres non se atope unha solución.

1 comentario: