viernes, 28 de septiembre de 2012

A "estafa" da tarifa eléctrica



Si hai unha palabra que poida definir a  o alto custe da enerxía esta e a palabra “estafa” porque senón non se pode entender como sendo un dos países onde menos custes reais ten producir enerxía, xa que as centrais hiroeléctricas, nucleares e térmicas están máis que amortizadas,e temos tamén unha gran produción eólica, e solar, temos unha das tarifas eléctricas máis altas de Europa.
Para comprender a magnitude da “estafa” temos que saber como se calcula o prezo do “mix“ enerxético nas poxas que se fan cada hora.
Cando se abre o mercado diario as enerxías renovables(as chamadas do réxime especial,aínda que aquí incluíse tamén a coxeración) teñen prioridade de entrada por lei e entran no “mix” a un custe 0€ (logo veremos que realmente non e así),logo entraría a nuclear e a hidráulica fluinte ,tamén a custe 0€, e como ca produción delas só non chega ,para cubrir a demanda entrarían segundo a necesidade as Térmicas de carbón a un custe medio de 48€/Mw, os ciclos combinados a un custe medio a 54€/Mw,as hidráulicas regulables e o fuel a 80€/Mw aprox., o prezo final de ese “mix” o marca a enerxía máis cara que entre, por exemplo si hai  demanda e teñen que entrar en funcionamento as de carbón o prezo de todas(excepto as renovables que para o cálculo do “mix” sempre e 0€) sería o do carbón, si aínda non chega e teñen que entrar as de ciclo combinado, pois sería o prezo do ciclo combinado, e así sucesivamente, isto xa de por si e un timo ,o lóxico sería que cada unha entrase a prezo de custe, máis un pequeno marxe de beneficios, con este sistema as compañías que xeran enerxía hidráulica e nuclear teñen unha marxe de beneficios enorme xa que os custes reais de estas enerxías son moi baixos (hidráulica 3€/Mw,e nuclear sobre 14€/Mw) ,e sempre se pagan o prezo da máis alta que entre, por este método obtiveron dende o ano 2006 , 22.926 millóns de euros,chamados con sorna dentro do negocio“windfall frofits” (beneficios caídos do ceo).
Pero aí non remata todo,como xa dixemos as enerxías renovables sempre entran a custe 0€ no “mix”,e isto e así porque están primadas fora de el,tendo sempre un prezo fixo vía subvencións do goberno que de media no ano 2011 foron para a eólica 42€/Mw, a coxeración   56 €/Mw ,a biomasa  73€/Mw, para solar termoeléctrica  240€/Mw para a solar fotovoltaica de 390€/Mw   , cartos que supostamente son como compensación polo desenrolo destas tecnoloxías e que dende o ano 2006 leváronse 28.144 millóns de euros en subvencións.
Estas son dúas das razóns polas que prezo final do “mix”e un dos máis caros de Europa, a pesares de que máis dun terzo da produción provén de enerxías que se obteñen do sol ,vento e auga  que son gratis, e que as centrais hidroeléctricas, nucleares e a maioría dos parques eólicos están máis que amortizados.
Pero por si isto fora pouco os custes do “mix” so representan a metade do custe final da factura eléctrica, xa que logo hai que sumar os chamados peaxes de acceso, compostos por: transporte, distribución, xestión comercial, operador de sistema e comisión nacional de enerxía, moratoria nuclear, interrumpibilidade , custes extrapeninsulares , primas as enerxías renovables, financiación do déficit tarifario  ,xestión de residuos nucleares, etc. que no ano 2011 supuxeron máis de 19.500 millóns de euros. E por último hai que sumarlle tamén os impostos .
Todo iso sumado a falta de competencia entre produtores que operan en réxime de oligopolio, fai que teñamos a tarifa máis cara de Europa, só por detrás de Chipre, Malta e Irlanda,que polo seu carácter insular teñen moitos custes engadidos.
Agora, unha vez explicada a tarifa  podemos comprender mellor cal e a guerra que se esta a librar pola mesma.
En España existen dous grandes lobbys eléctricos con intereses contrapostos,por un lado esta UNESA composta por Iberdrola, Endesa, Gas Natural, EON y HC herdeiros das grandes infraestruturas públicas da época franquista (pantanos, centrais hidroeléctricas, nucleares, térmicas, etc) con intereses principalmente nas enerxías tradicionais ,son os que obteñen grandes beneficios cas nucleares e hidroeléctricas co timo do cálculo do prezo do “mix “ enerxético, son o grupo mais afín o goberno do PP e pola outra banda a chamada “Triple A” formada por Acciona, Abengoa, ACS na maioría antigos ladrilleiros que unha vez pinchada a burbulla inmobiliaria e o amparo das subvencións as enerxías renovables outorgadas polo goberno  do PSOE deron a salto as renovables co respaldo de grandes fondos internacionais obtendo os seus principais beneficios das subvencións o réxime  especial.
Ambos grupos da man dos seus políticos títeres e influencias varias intentan que as reformas do mercado eléctrico  que se fagan ,recaian sobre a parte contraria.
Por la súa banda o goberno só esta interesado en reducir o mal chamado “déficit tarifario” que segundo eles é o resultado da diferenza do prezo que pagamos e o prezo real de custe da electricidade algo que claramente é mentira, e que ronda os 25.000 millóns de euros crecendo en máis de 400 millóns por mes e computa como si fose débeda pública(a través do aval de bonos FADE,etc).
¿Cal sería a solución máis lóxica para acabar co  malchamado “défict tarifario” e rebaixar a tarifa o mesmo tempo?
Pois sería facer unha reforma onde no cálculo do prezo do “mix” cada enerxía entrase o seu prezo de custe máis un marxe de beneficios razoable, non ó prezo da máis cara, acabar cas primas os parques amortizados e as tecnoloxías que xa están desenroladas , quitar conceptos da tarifa como extrapenisularidade, moratoria nuclear, primas, etc que deberían ir a cargo de outros presupostos, e sobre todo facer un mercado competitivo, pero como o poder e influencias de ambos grupos son tan grandes o final o peso das reformas recae sobre os de sempre, os consumidores, facendo que en menos de dez anos se duplicase o prezo da electricidade, afundindo máis a economía e facendo inviables moitas empresas, en especial ós grandes consumidores de electricidade.

2 comentarios:

  1. non entendo nin papa?......

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E sinxelo, a actual lei do sector eléctrico e a responsable do deficit tarifario. O que están facendo os grandes productores de enerxía e cobrar a electricidade que producen por diferentes medios e con diferentes custes de producción ao precio da máis cara. É como si vas á pescadería a mercar 4 Kg de sardiñas a 5 euros/Kg e 1 Kg de percebes a 40 euros/Kg, e cobranche 5 Kg de material a 40 euros/Kg, 200 euros en total, en vez de cobrarche 20 euros polas sardiñas e 40 polos percebes, 60 euros en total.E como tal salvaxada non a poden repercutir nas facturas que nos cobran as empresas comercializadoras, a diferencia a pon o estado, xenerando ese famoso deficit tarifario que ao final o pagaremos entre todos porque é débeda pública.

      Eliminar