martes, 27 de marzo de 2012

REQUIEM POLO DEREITO A FOLGA

Hoxe na asemblea de fábrica, tanto os representantes de CCOO coma UGT fixeron un bo discurso apoiando a folga, invitando a participación dos piquetes, tanto na fábrica como nos que se organicen no resto da Coruña, e animaron a todos os traballadores a secundar a folga pola importancia que ten debido ao tremendo ataque para os dereitos laborais que supón a reforma laboral.

Pena de discursos desaproveitados. Porque predican unha cousa e fan outra totalmente distinta. Firmaron os servizos mínimos máis extensos e abusivos da nosa historia e aínda encima poñen de escusa os da anterior folga xeral, que foron denunciados pola CIG e que seguen en trámite xudicial. E o mundo ao revés, os que aceptan as imposicións da empresa bótanlle a culpa a quen non as aceptan. Quen firma o acordo di firmalo obrigado por quen non o firma.

Pero o máis sangrante de todo, xa non son os servizos mínimos acordados, o peor é que a estes compañeiros que van estar no seu posto de traballo o día da folga, o comité non lles aclara cales son as súas funcións. Como dixemos na asemblea, a función do persoal de electrólise ten pouca discusión, poren o de fundición non. As tarefas a realizar polo persoal da fundición designados para servizos mínimos non poden ser de produción, porque non están para iso. Están para manter a integridade das instalacións e a seguridade das persoas, e se hai que facer as coladas necesarias para absorber o metal das series porque está pactado no acordo, haberá que facelas, pero de preparar os fornos cos aditivos e materias primas necesarias para conformar as diferentes aleacións non se di nada. Nin tampouco de facer cargas para homoxeneizado nin serrar.

Isto suporía que as coladas realizadas non valerían para enviar aos clientes e polo tanto si estariamos facendo unha folga efectiva. Pero disto, que así o expuxemos, o Comité non quixo falar e chegou a dicir que o que acordaran era facer as coladas e punto.

Precisamente perdemos o xuízo en primeira instancia, aínda que está recorrida a sentenza, porque a xuíza considerou como válida a teoría da empresa, de que estaban obrigados por un requirimento que a inspección de traballo lle fixo á empresa nos meses entre as folgas de setembro de 2010 e xaneiro de 2011 e que necesitaba ese número de persoas na fábrica para manter a seguridade das persoas. Este requerimento fala do número mínimo de persoas para atender as verticais e as serras na fundición, e foi motivado por unha denuncia doutra sección sindical. Non seremos nos os que critiquemos esta denuncia e este requerimento porque estamos plenamente de acordo, aínda que fose usado no xulgado na nosa contra, pero isto mesmo é o que outros fan con nós cando din que non había outro acordo posible por mor "dos servizos mínimos da CIG" da anterior folga. Se non había outro acordo posible, o lóxico sería que non houbese acordo.

O malo de non exercer os dereitos con forza é que se acaban perdendo. O día que necesitemos convocar unha folga nosa veremos o que pasa, e a ver se seguimos tendo nós a culpa.

5 comentarios:

  1. VAYA HIJOS DE PUTA LOS DE CCOO... SE HAN PEDIDO DÍA SINDICAL PARA MAÑANA ....

    ESPERO QUE ARDAN EN EL INFIERNO...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿Todos?,Os que son servizos mínimos vexo normal,sempre e cando pidan que o desconten,agora os que non o son ,si o fixeron non teñen perdón.

      Eliminar
  2. Alguén me pode explicar porque empezamos a folga 8 horas mais tarde que todo o mundo?

    ResponderEliminar
  3. Cuidado que igual algun miembro del comite de la CIG tambien pidio horas sindicales el dia de la huelga, investigar y encontrareis, y si no lo logras te doy el nombre.

    ResponderEliminar