viernes, 30 de marzo de 2012

Alcoa Portovesme,exemplo de loita obreira

O pasado mércores, a unhas horas de iniciar a parada da planta de Alcoa Portovesme e tras unha reunión de mais de 13 horas que acabou a altas horas da noite,entre sindicatos,dirección de Alcoa e representantes do goberno,chegouse a un acordo entre as partes,que garantiza o mantemento  de toda a produción ata finais de ano,data na que se empezaran a parar as cubas de maneira controlada para un futuro rearranque,garantindo así o emprego de todos os traballadores da planta ata o 1 de Xaneiro 2013, a partir de esa data a empresa pasará a ser responsabilidade do Estado,que se comprometeu a poñer tódalas medidas necesarias para atopar outro comprador no prazo de un ano (actualmente xa hai 3 interesados en adquirila as Suizas Glencore e Klesch ,e a austro-alemána Industrias Hammerer) e readmitir logo a toda a plantilla que traballaba na fábrica.

Pero este acordo que garantiza un plan de futuro,non sería posible sen a loita de tódolos traballadores,que lonxe de aceptar as causas que alegaba Alcoa para o peche,decidiron loitar por manter os seus postos de traballo dunha maneira exemplar,realizando nestes 3 meses manifestacións no so na illa de Cerdeña onde se atopa a fábrica senón que as levaron ata a  propia capital romana, a parte das manifestacións fixeron mobilizacións que saíron en medios de comunicación de todo o mundo,o peche de portos e o aeroporto da illa,folgas de fame,encadearse no alto de postes de alta tensión e  o secuestro e posterior encerro dun barco que traía carbón para a eléctrica Enel en protesta pola elevada tarifa eléctrica e incluso un operario chegou a rociarse con gasolina e intentou prenderse lume en sinal de protesta,impedíndollo afortunadamente a policía e os propios compañeiros.

O propio presidente da república Giorgio Napolitano chamou persoalmente os representantes dos traballadores para mostrar a súa satisfacción polo acordo acadado e traballo realizado na loita do seus postos de traballo.
Dende esta sección sindical queremos felicitar os compañeiros de Portovesme pola resolución do seu conflito e pola consecución dun plan de futuro para a súa fábrica a pesares de partir dunha peor posición inicial que nós.

A continuación poñemos diferentes enlaces a algunhas das accións de protesta levadas a cabo polos traballadores de Alcoa Portovesme:

Traballadores de Alcoa enfróntanse a  policía

Secuestro barco de Carbón por operarios de Alcoa

Operario Alcoa desesperado intenta prenderse lume

Operario Alcoa subido a poste alta tensión en sinal de protesta

No hay comentarios:

Publicar un comentario