lunes, 5 de marzo de 2012

Caravana de alimentos

O próximo sábado día 10 de marzo as 11 da mañá faremos unha caravana para levar alimentos a cociña económica,esta será a primeira acción solidaria prevista polo comité de empresa para reclamar a atención sobre a nosa situación diante das distintas administracións e os medios de comunicación  e o mesmo tempo agradecer a xente da Coruña o seu apoio e comprensión en tódalas mobilizacións anteriores.
Por iso pedimos a participación de tódolos traballador@s en esta mobilización,para participar e aportar alimentos poñerse en contacto cos delegados do comité de empresa.
Con que cada traballador aporte un quilo de alimentos alcanzaríamos mais de 400 quilos,as principais necesidades da cociña económica son:
Latas de conservas,aceite,café,azucar,galletas,cereais,efectos de aseo(champú e gel de ducha,espuma,cuchillas de afeitar,etc)

4 comentarios:

  1. Eses si que loitaban6 de marzo de 2012, 21:26

    No habería días para facelo sen ser no día da clase obreira galega,que pasa xa estamos tan acomodados que non nos acordamos do que pasou.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nos si que o conmemoramos, e pedimos que se cambiara a data pero non quixeron. O máis curioso é que os compañeiros Daniel e Amador eran de CCOO.
      A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista reprimiu unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron asesinados polos disparos dous responsables do comité ferrolán, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é aproveitada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza para reclamaren melloras sociais e laborais.
      No ano 1997, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade unha declaración institucional onde facía constar o especial significado do 10 de marzo, celebrado polas principais organizacións sindicais do país como Día da Clase Obreira Galega. A efeméride acadou rango oficial en 2006.

      Eliminar