lunes, 9 de enero de 2012

CRÓNICA DUN ERE ANUNCIADO

No día de hoxe a dirección da fábrica convocou a todo o Comité de Empresa para comunicarnos que inician o período de consultas para presentar un ERE temporal.


Comenzou falando o xefe de planta do anuncio que fixo Alcoa o pasado 5 de xaneiro de reducir un 12% a súa capacidade de produción. Isto supón unha redución de 531.000 Tm, das que 291.000 Tm supoñen o peche de duas fábricas americanas en Tennessee y Texas, que fan un 7% da produción. O 5% restante (240.000 Tm) saen do máis que probable peche de Portovesme, que ten unha produción anual de 150.000 Tm e das fábricas de A Coruña e Avilés, que teñen que repartirse unha perda de 90.000 Tm. Falounos do forte compromiso que ten Alcoa con A Coruña e Avilés e que estimaban unhas perdas entre as dúas para o ano 2012 de 15 millóns de euros. Isto e o que nos contaron e maña as 12 da mañan empezarán a darnos máis detalles.



Pois ben compañeiros, a noticia que máis temiamos xa está aquí, e se sumamos isto a negociación do prezo da enerxía e a posta en funcionamento da planta de Arabia para o vindeiro ano, parece que estamos ante o principio do fin.



A partir de agora o papel que xogue o Comité de Empresa na negociación do ERE, e o empuxe necesario que temos que dar entre todos os compañeiros a ese Comité vai ser de vital importancia. Esperamos que estén, que esteades e que esteamos todos a altura das circunstancias, e que todos rememos na mesma dirección, sen que se torza ninguén a metade de camiño coma ven sendo habitual nos últimos conflitos. Non nos podemos render, non podemos esmorecer e tede moi presente, que todos teremos unha parte de responsabilidade nos acontecementos futuros. A labor dos traballadores vai ser a de presionar a todas as Seccións Sindicais e ao Comité para que non se desvíen da ruta. Vai ser manter o conflito vivo, apoiar e propoñer mobilizacións e todo canto se nos ocorra. Temos que ser quen de saír da mellor forma posible desta situación, de manternos unidos e evitar por todos os medios que nos dividan ou compren, para poñer a uns poucos en contra de outros. Dende xa mesmo temos que estar preparados, en pe de guerra aprestos para a loita.



A partires de mañán estamos en estado de emerxencia e esperamos que o Presidente do Comité comence por convocar unha asemblea xeral o antes posible, para poder informar da situación directamente. E despois desa asemblea terán que vir moitas máis.



Ánimo a todos compañeiros, e recordade:



EN PE E EN LOITA



NON AO PECHE DA NOSA FÁBRICA. NON A DESLOCALIZACIÓN DO TRABALLO



2 comentarios:

  1. isto viase vir,solo hai que ver o lamentable estado da fábrica,esperemos que se quede todo nun ERE temporal,pero si se pecha unha serie enteira como din vexo dificil que se arrinque de novo.

    ResponderEliminar
  2. isto viase vir,solo hai que ver o lamentable estado da fábrica,esperemos que se quede todo nun ERE temporal,pero si se pecha unha serie enteira como din vexo dificil que se arrinque de novo.

    ResponderEliminar