jueves, 14 de julio de 2011

ENCERRO DO COMITE DE EMPRESA EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO E O FUTURO DA PLANTA



O Comité de Empresa encerrouse 24 horas nas instalacións de Alcoa polo reclamo dun plan de futuro pra planta da Coruña e en defensa dos seus postos de traballo.

Convocouse as 12:45 do día de onte 13 de Xullo, a que asistiron diferentes medios de comunicación, para facer público a situación insostible que atravesa a planta cos plans da actual dirección que nos abocan ao desmantelamento da mesma,entre os que se fixeron eco da noticia están os seguintes:(preme a ligazón para acceder)

-La opinion a Coruña
-Radio coruna cadena ser
-El ideal gallego
-O xornal de Galicia
-galiciahoxe.com
-El correo gallego.es
-Europapress

Con esta medida iníciase o proceso de mobilizacións que ten pensado iniciar o Comité de Empresa destacando a unidade amosada por todas as Seccións Sindicais a excepción de APC, o parecer este problema non vai con eles.

A dirección da empresa emitiu un comunicado desmentindo a rescisión de contratos dos nosos compañeiros eventuais, recoñecendo a finalización soamente de "algúns" deles cando todos sabemos cales son as verdadeiras intencións. A Empresa o que ten que facer é un plan de viabilidade pra planta e garantir a súa actividade e deixarse de caralladas, de manipular e mentir ás realidades latentes e as necesidades que ten a fábrica, feito que é bastante irresponsable por parte da dirección non facelo.

A VIABILIDADE DA PLANTA NUNCA PASA POLOS DESPIDOS DOS SEUS TRABALLADORES QUE SON QUENES XERAN A RIQUEZA, PASA POR UNHA ORGANIZACION EMPRESARIAL COMPETENTE, EFICAZ E HONRADA PRA XESTIONAR OS RECURSOS CON ÉXITO E GARANTIR A CONTINUIDADE DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL CON PROPOSTAS E INICIATIVAS DE FUTURO.

O DESENTENDEMENTO É TOTAL POR PARTE DA DIRECCIÓN, O QUE NOS LEVA COA SÚA ESTRATEXIA A INESTABILIDADE E A INCERTEZA DA CONTINUIDADE DA FABRICA.

A SÚA ACTITUDE DESMENTINDO A REALIDADE ACTUAL DE CARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOLO CONFIRMA A SÚA MEDIOCRIDADE. ¿QUE CRÉDITO TEÑEN DESMENTINDO AS SÚAS AFIRMACIÓNS?,¿COMO SE PODE VENDER POR MODERNIZACIÓN A AUTOMATIZACIÓN DO LABORATORIO? ,¿A QUEN QUEREDES ENGANAR?, ¿A ONDE NOS QUEREDES FACER CHEGAR? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario