viernes, 1 de julio de 2011

Comunicado do Comité de Empresa.

COMUNICADO


ASUNTO: MESA POLA COMPETITIVIDADE.
A Representación dos Traballadores na Mesa de Competitividade aberta para buscar alternativas de aforro de custes e melloras da produtividade, vendo que o gran problemas da Fábrica é a precariedade das súas instalacións e que non se oferta ningún plan industrial coas inversións necesarias para facer a planta competitiva e ante a persistencia da RD de trasladar a doce traballadores de mantemento e a un de EHS a produción, rescindindo os contratos eventuais como alternativa para aforrar 9 Millóns de Euros.
A Representación dos Traballadores comunicoulle a RD que a partir dese momento o Comité de Empresa estaba mobilizado aínda que a RT non ía deixar de asistir ás reunións da Mesa de Competitividade.
Polo tanto, comunicarlle ós traballadores que o Comité de Empresa iniciou accións encamiñadas a informar a todos os niveis xerárquicos, da situación de precariedade da planta e da necesidade dunhas inversións de viabilidade.
Ó mesmo tempo tamén se están iniciando contactos coas diferentes administracións para facelas participes da grave situación na que nos colocaron as malas xestións das diferentes direccións de planta.
Por outro lado, comunicarlles os traballadores a gran sorpresa deste Comité o ver aumentado o seu número de Delegados, e horas sindicais, o ter un novo portavoz na figura do xefe de planta que xa anunciou na súa última comunicación o inicio urxente de mobilizacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario