miércoles, 6 de julio de 2011

¡Comezo de Mobilizacións!

O comité de empresa unha vez rotas as negociacións na mesa pola competitividade,debido a que a representación da Dirección sigue tendo pensado aplicar a mobilidade de persoal que levaría consigo o despido de 13 compañeiros,decidiu tomar as seguintes accións:
  1. Enviar hoxe unha carta o Presidente de Alcoa Klaus Kleinfeld e ós responsables de Europa Marcos Ramos e José Ramón Camino denunciando a pésima xestión da Fábrica,que nos está a levar a unha delicada situación, explicado as propostas do comité de Empresa para aforrar custes sen ter que despedir a ningún traballador,temen se solicitou na mesma inversións que sigan permitindo a viabilidade da fábrica nun futuro. 
  2. Solicitar á  Dirección Internacional da Compañía a presenza dun responsable con capacidade real de decisión no tocante a inversións devido a que consideramos que esta Dirección ten unha falta total capacidade de decisión, mostrada  en reiteradas ocasións na Mesa da Competitividade.
  3. Solicitar unha auditoría sobre o custe que están a supoñer as empresas auxiliares e  as obras que están a realizar así como o custe do aluguer de vehículos existentes na fábrica, xa que creemos que están moi por enriba dos custes de mercado.
  4. Encerro do Comité de Empresa  o vindeiro mércores día 14 durante 24 horas ,onde se dará unha rolda de prensa  para explicar ós medios de comunicación a desastrosa  xestión que se esta a facer da Fábrica por parte desta Dirección e da delicada situación a que nos está a levar.
Con esta serie de medidas esperamos facer recapacitar a representación da Dirección sobre a súa política de despedimentos,si non o fai ,nos veremos obrigados a tomar novas e mais duras medidas o respecto .

No hay comentarios:

Publicar un comentario