martes, 21 de abril de 2015

Plataforma de convenio CIG 2015.







Art.2.- Ámbito temporal



            Este convenio terá vigor desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de decembro de 2016.



Art.3.- Ámbito persoal (2º parágrafo)



            Estenderase a todos os traballadores de Alcoa Inespal A Coruña S.L. quedando excluído o persoal considerado de Alta Dirección pola lexislación vixente. Para o persoal que ocupa postos denominados de función directiva(PFD), sen menoscabo das súas condicións laborais actuais, respectarase en todo caso o contido deste convenio con carácter de mínimo.



Art.4-Denuncia



            O presente convenio quedará denunciado automáticamente con tres meses de antelación ao seu vencemento , prorrogándose o actual ata a entrada en vigor do seguinte.



Art.4.1.- Descolgue salarial



Previo acordo coa representación dos traballadores, os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación no caso que a empresa acredite perdas nos dous últimos exercicios, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do convenio anterior.


            A efectos de aplicar esta cláusula, as partes acordan someterse as seguintes normas:


A duración do descolgue non poderá durar maís dun ano.       


            Comunicar por escrito ao comité de empresa o inicio do procedemento de descolgué, que iniciará un periodo de consultas de 30 días. Ao inicio deste período a empresa fará entrega ao Comité da Memoria explicativa das causas, balance de contas e resultados dos dous últimos exercicios, orzamento e previsión do ano en curso e o aforro que vai ter con estas medidas, etc.           


            Dentro do acordo ten que figurar de xeito obrigado a forma e o tempo para recuperar os dereitos perdidos polos traballadores, así como o compromiso o remate dese ano de actualizar os novos salarios de convenio.. 



Art.4.2.-Extinción de contratos por causas obxectivas.



            En caso de producirse despidos por causa obxectivas crearase una Bolsa de Emprego cos traballadores despedidos, co compromiso de que no momento no que a empresa recupere a actividade normal terá a obriga de contratalos por orde de antigüidade na empresa e entrada na bolsa.



Art.12.1.- A permanencia no nivel oito non poderá ser superior a un mes.



Ar14.1.- Réxime de traballo a quendas


            Aqueles traballadores maiores de 50 anos, que leven prestando sevicio a quendas por un período superior a 20 anos poderán cambiar o seu réxime de xornada laboral de quendas a xornada se no departamento existen postos de traballo a xornada normal, ou a quendas de mañá e tarde.



Art. 15.-Excedencias



            15.1.-Excedencia especial por motivos familiares



            Os traballadores que teñan unha antigüidade mínima dun ano terán dereito a desfrutar dunha excedencia especial dun máximo dun mes de duración  para atender ao cuidado dun familiar ata o segundo grado de consanguinidade o afinidade, que por razons de edad, accidente, enfermidade ou discapacidade non poda valerse por sí mesmos. Dita excedencia especial poderá ser fraccionada en dous periodos de 15 días en cada semestre. Mentres dure o período da excedencia o traballador cobrará o salario mínimo interprofesional, e será computable como tempo traballado a todos os efectos. A finalización do mesmo, o traballador incorporase automaticamente a seu posto de traballo.


Art.19.- Xornada



A xornada en cómputo anual será de 1672 horas.



Art. 20.- Calendarios laborais (punto 3)



            3.- Persoal de quenda: o seu calendario laboral é o que se acorde co comité de empresa. O seu horario será de 6 a 14 horas, de 14 a 22 horas, e de 22 a 6 horas. Os calendarios publicaranse antes do 15 de decembro do ano anterior a súa aplicación.


Art. 23.- Vacacións



            23.1.- Duración  
  


            As vacacións anuais serán de 31 días naturais consecutivos                            (equivalentes a 23 días laborables do calendario de traballo de cada posto), gozados no período comprendido entre o 20 de xunio e o 10 de setembro, salvo pacto individual co departamento.



            23.2.-Igual



            23.3.-Igual



            23.4.-Calendario



                        O persoal indicará ó seu departamento, antes do 15 de Marzo as datas nas que desexa as vacacións. Cada departamento publicará o calendario de vacacións antes do 1 de abril. Os traballadores terán de prazo ata o 10 de abril para facer as reclamacións que consideren oportunas, e a empresa disporá de dez días para contestar estas reclamacións. En caso de non contestar nese prazo darase por aceptada a reclamación.


                  Pasado esta data serán aceptados os cambios pactados entre compañeiros, da mesma quenda ou xornada, con  funcións ou especialidades análogas.


            En caso de desacordo das partes , a xurisdición competente fixará a data que  para o desfrute corresponda e a decisión será irrecurrible. 



Art. 24.- Permisos retribuídos



            Todo igual ata:


            Dous días por  enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario de conxugue, pais avós, fillos ,netos e irmáns, tanto naturais como políticos. Poderá facerse uso desta licenza mentres dure o feito causante.


            Seguinte parágrafo eliminado


            Resto igual.



Art. 30.- Estrutura retributiva



            Engadir no 30.2 e no 30.3.3 os seguintes conceptos:


            -Prima de preventivo


            -Cortocircuitado de cubas e traballos en pontes arranca agullas e máquinas sobre cubas. (Duplicar a contía)


            -Plus de transporte. Compensar aos traballadores que viven fora do concello da Coruña por non ter a posibilidade de acceder ao bus de fábrica por cada día de con 20 céntimos por Km de distancia dese a súa residencia habitual á fábrica.


            -Plus líder.





Art. 31.- Contía retributiva



            Incrementos salariais:



            O incremento salarial será o seguinte:


            1200 euros anuais en salario base para todas as categorías. En todo caso quedará garantido un incremento do IPC real en tablas se este superase 1200 euros anuais.



Art. 49.-Comedor.



            Todo igual ata


            1. Familiares do cadro de persoal da fábrica: pais e irmás coa limitación de un por día e a unidade familiar, cónxugue e fillos ao completo.


            Resto igual.  



Art.60.Reduccion de xornada por garda legal e coidado de familiares



            Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de 12 anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo diaria, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.


            Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grado de consanguinidade o afinidade, que por razón de idade, accidente ou enfermidade non poda valerse por si mesmo.


            O proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente,  terá dereito a unha reducción de xornada, coa diminución proporcional do salario de, polo menos , a metade da duración de aquela, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do menor a seu cargo afectado por cáncer(tumores malignos, melanomas e carcinomas), o por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso de longa duración e requira a necesidade dun coidado directo, continuo e permanente.



Art.62.- Flexibilidade da xornada



            Cando ambos proxenitores traballen na empresa, para os casos contemplados no artigo 60, os traballadores poderán solicitar que as súas quendas de traballo non coincidan ou  a faltar unha hora ao traballo, na entrada ou na saída, de forma alternativa. Esa hora non será retribuída.


           





Art.63.- Lactación



            Nos supostos de nacemento de fillo, adopción ou acollemento, para a lactación do menor ata que este cumpra dez meses, os traballadores terán dereito a unha hora retribuída de ausencia do traballo , que poderán dividir en dous fracciones ou substituir por unha redución da sua  xornada de media hora ou  acumulalo en xornadas completas.


            A concreción horaria e a determinación do período de disfrute do permiso de lactación e redución de xornada, previsto no artigo 60 e no 63, corresponden ao traballador , dentro da sua xornada ordinaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario