martes, 8 de enero de 2013

Reunión día 8 "plan de recortes"


Na reunión de hoxe a dirección cunha actitude prepotente e ata chulesca négase a negociar nada co comité, que é o principal órgano de representación dos traballadores,di que so se vai sentar a mesa cunha comisión de sete representantes dos traballadores e como segundo eles, que o comité se presentase alí en pleno, desobedecendo a súas ordes demostra que non hai unha actitude negociadora, van presentar estes días diante da autoridade laboral o descolgue de convenio.
Non deixa de ser curioso que nos acusen de falta de actitude negociadora,cando pola súa parte deixan claro que non hai nada que negociar,porque alí cansáronse de repetir que a conxelación salarial y a perda da prima de competitividade xa están comprometidas (gustaríanos saber con quen) e non son negociables ,polo que so queda por negociar unha pequena parte do total dos recortes.
Tamén o comité lles pediu que se nos entregara a documentación económica detallada da empresa xa que eles mesmos se contradín cos datos continuamente,e xa sabemos a facilidade que teñen para mentir sobre eles,xa que agora fixéronse públicas as contas consolidadas do ano 2011 cuns beneficios(directos e indirectos) de máis de 400 millóns de euros ,contas que xa adiantou esta sección sindical en Febreiro do ano pasado nas seguintes publicacións e na documentación presentada en Madrid diante da inspección,polo tanto o ERE queda claro que foi unha estafa os traballadores e agora pretenden continuar con ela por medio dos recortes.

www.cigmetal.org/2012.02.17/cig-alcoa-rexeita-o-ere-por-non-considerar-xustificadas-cau

A CIG rexeita o ERE por considerar inxustificadas as causas económicas

O que ten claro o comité e que non lles vamos regalar nada,so estamos dispostos a facer un "préstamo" con garantías de devolución,e como os cartos saen do noso peto queremos elixir de onde os sacamos,porque si esto so se trata de aforrar un millón e medio de euros,terían o mesmo valor independientemente da parte que se quite.
Despois de esta pequena reunión queda claro a falta de vontade negociadora da empresa,e tamén nos deixa claro que o fin último de estas medidas non e garantir a competitividade e a viabilidade da fábrica,porque como xa dixemos, so o novo contrato enerxético suponlle un aforro 20 veces superior o do plan de recortes,ademais de haberes outras formas de recortar ese millón e medio de euros sen meterlle a man no peto os traballadores,que bastante teñen con seguir traballando nunhas condicións lamentables, debido ERE, a perda de persoal ("371 trabajadores y bajando" como ben nos recordou na reunión a xefa de persoal cun sorriso na boca) e a falta de inversións na fábrica.

7 comentarios:

  1. o que máis me jode como traballador é que creo que a empresa(xestores da planta da coruña,non alcoa) aproveita a situación para facer e desfacer o seu antoxo,pasando polo forro os traballadores,mofándose na nosa puta cara....
    mira tí que non haberá de donde recortar sen ser nos soldos.....pero claro,esta planta está condenada a morte,morte pola mala xestión das intalacións e inversións,que a maioría das veces non valen para nada.....tiran e despilfarran os cartos en maquinaria,reformas innecesarias.....tampouco se lle pode pedir demasiado os xestores das diferentes partes da fábrica cando esto xa ven de vello,é dificil ser eficiente ahora que fai moita falta cando foron sempre uns derrochadores....

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. Estes esbirros da direcion non son mais que uns conejillos que acatan as ordes que lles mandan, pero se o barco se funde eu axudarei a que afoguen os primeiros

    ResponderEliminar
  5. 371 e baixando fala a nosa "virtuosa" xefa de recursos humans cun soriso na boca,podese rir porq cando o barco afunda no creo que nin ela atope traballo tan facil,a non ser q tenha outras habilidades ocultas:p
    Aqui se mostra a estupidez e catadura moral de estes porcos

    ResponderEliminar
  6. Haberia que facer unha asamblea para establecer algunha medida de presion (concentracions, folgas, paradas, etc) se non dicideme onde esta a vaselina mais barata.

    ResponderEliminar
  7. De roubo en roubo, ata o peche final e a xente preocupada por irse en verán de erte,temos o que merecemos.

    ResponderEliminar