sábado, 12 de enero de 2013

Descolgue de convenio


Como xa nos anticipara a empresa na anterior reunión, e demostrando que non había ningunha vontade de negociar nada ,a empresa  presentou formalmente  o descolgue do convenio colectivo nos seguintes puntos:
  • Conxelación salarial do IPC previsto para o ano 2013.
  • Non incremento do plus de quendas nin o de xornada fraccionada no ano 2013.
  • Non incremento da prima fixa no ano 2013.
  • Non incremento da prima de vacacións no ano 2013.
  • Suspensión do compromiso recollido no art.º 34 Convenio Colectivo sobre aboamento da prima de resultados do ano 2013.
  • Suspensión durante o 2013 das achegas ao plan de pensións.
  • As pagas extra de xullo e decembro ao 50% no ano 2013.

Todos estes recortes que supoñen preto de 5000 euros de media a cada traballador e todos eles  son sen ningún tipo de garantías de continuidade,nin de retorno si a situación mellora,e o aforro eque van producir é mínimo en comparación con outras medidas que se poden tomar,polo que  non son nin para facer máis competitiva a fabrica nin para garantir o noso futuro senón que se trata claramente dun ataque sen precedentes os dereitos dos traballadores ,polo que non nos imos deixar roubar de esa maneira e temos que tomar medidas, empezando pola non colaboración máis alá das nosas obrigas,realizando as nosas tarefas cumprindo escrupulosamente as normas de seguridade, revisión de máquinas, etc. e informando os Delegados do Comité de Empresa de todas as anomalías que encontremos este sentido para que as poñan en coñecemento das autoridades laborais si é preciso.



O Comité de empresa quedou citado para o próximo mércores día 16 ás 11:30h. Para ese mesmo día e hora, mentres o Comité e a Empresa están reunidos convocouse a todos os traballadores que non teñan que traballar (quenda de tarde ou noite, vacacións, descanso ou ERE) a unha CONCENTRACIÓN na porta da Fábrica para facerlle entender á Empresa que non imos consentir que se nos ataque deste xeito,e o momento de mobilizarse e pararlle os pes a empresa temos que facerlle entender a empresa que non pode xogar así con nos.
Este e o pago que recibimos por un ano de loita en busca de unha tarifa competitiva para a empresa, ano no que fixemos máis de 30 mobilizacións loitando pola continuade da fábrica ata conseguir o que estaba buscando.

4 comentarios:

  1. temos que pararlles os pes de unha puta vez,xa esta ben de foder sempre os mesmos,agora que o comite por unha vez parece que esta unido e o momento de facerlles frente.

    ResponderEliminar
  2. totalmente dacordo co comentario do compañeiro hai que facerlles fronte xa esta ben de bater sempre nos mesmos

    ResponderEliminar
  3. Folga xa!!!parar o arranque da seie 1.huevos!!!!!

    ResponderEliminar