viernes, 21 de diciembre de 2012

1º Reunión do plan de recortes


O Xoves día 20 tivo lugar a primeira reunión da mesa sobre o plan de recortes 2013 entre a dirección e a representación dos traballadores onde a dirección plantexou o plan de aforro de custes laborais nos que pretende aforrar preto de 1.500.000 euros que sairían da seguinte maneira:
  1. Conxelación salarial e eliminación da prima de resultados que suporía un aforro de algo mais de 900.000 euros.
  2. O resto ata chegar a esa cantidade a empresa propón que saia de calquera das seguintes propostas:
  • Non contratacións no ano 2013
  • Pagar por calendario a partir de Abril o persoal internalizado.
  • Modificar o fondo de axuda.
  • Modificar as axudas sociais.
  • Eliminar cantidades do economato.
  • Quitar días de lavado de mans.
  • Parar as aportacións o fondo de pensións.
  • Eliminar unha paga extra.
 A dirección segue sen dar garantías de ningún tipo mais alá do 2013,así como tampouco aclara si proporá un novo ERE o rematar este,o único que di e que de non aceptar estas medidas intentara facer un descolgue de convenio,aínda que estas medidas en si, xa o son de feito.

Tamén hai que dicir que pola maña celebrouse un pleno do comité onde a excepción de APC que non asistiu ,todas as seccións sindicais coincidimos en que estas medidas son un  roubo a clase traballadora e totalmente inútiles, xa que unha pequena variación do tipo de cambio euro-dolar ou no valor do LME farían que as medidas de aforro que propoñen foran completamente inútiles,ademais de que estas medidas que supoñen percibir uns 3.000 euros menos de media a cada traballador o próximo ano so representan un aforro aproximadamente do 1% no total de custes que ten a fábrica,unha porcentaxe totalmente ridícula da cal non depende a nosa continuidade, polo tanto trátase dun ataque claro as condicións laborais dos traballadores,que por outra banda foron os principais  artífices da posible consecución da nova tarifa eléctrica que lle supón a empresa un aforro de mais do 20% dos custes totais.
A próxima reunión terá lugar o día 7 de Xaneiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario