lunes, 23 de abril de 2012

Primeiro de Maio de 2012: Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular



Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

As políticas, iniciadas polo PSOE e continuadas agora polo PP con máis virulencia, de recorte de gasto público, de deterioración de servizos públicos como ensino, saúde e servizos de asistencia social, de facilitar e abaratar o despedimento, de incrementar a idade de xubilación e reducir a contía das pensións futuras, etc, responden á defensa do mesmo modelo económico de capitalismo neoliberal. Son políticas que non serven para saír da crise económica e que realmente o que buscan é incrementar os beneficios e o poder económico do capital financeiro especulativo, cargando os custos da crise económica ás clases traballadoras.
Temos que rebelarnos contra estas políticas e este sistema económico, esixindo dos gobernos que fagan políticas que realmente axuden a saír da crise e que o fagan desde unha perspectiva favorábel aos intereses da maioría social. Si existen alternativas, si é posíbel facer outro tipo de políticas diferentes como é combater realmente a fraude fiscal, facer unha política impositiva para que pague máis quen máis ten, incrementar os impostos ás rendas do capital, crear unha banca pública que garanta crédito a familias e pequenas empresas, incrementar o investimento público e os salarios como mecanismo de reactivación da economía e xerar emprego, rematar co especulación coa débeda pública pola vía de que o BCE compre directamente débeda ao estados, negarse os estados a pagar a débeda pública ilexítima....
Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga a clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente... Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto.
Temos pois que loitar por un novo modelo de organización a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social e no que as clases populares e os seus representantes, sociais e políticos, sexan os que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital.
Polo que respecta á clase traballadora galega, hoxe máis que nunca, precisamos poder decidir por nós mesmos as nosas condicións laborais e sociais, por iso esiximos un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais, con competencias plenas, en correspondencia co exercicio do dereito á soberanía política plena da nación galega.

Os dereitos dos traballadores sempre se conseguiron mediante a loita dos mesmos, con gran esforzo e sacrificio, e agora que estamos retrocedendo en dereitos laborais coas novas reformas  ata o século XIX está ben recordar porque se conmemora o día da clase traballadora nesa data:

"Unha das reivindicacións básicas dos traballadores do século XIX era a xornada de oito horas. No ano 1829 formouse un movemento para solicitar a lexislatura de New York a xornada de oito horas. Anteriormente existía una lei que prohibía traballar más de 18 horas diarias, salvo caso de necesidade. Si non había tal necesidade, calquera xefe dunha compañía que por exemplo obrigase a un traballador a traballar xornadas de mais de 18 horas diarias simplemente debía pagar una multa de 25 dólares.
En 1886, o presidente de Estados Unidos Andrew Johnson promulgou a chamada Lei Ingersoll, establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ao pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas con cláusulas que permitían facer traballar os obreiros entre 14 e 18 horas.As condicións de traballo volvían a ser similares sendo insoportables,xa que se erguían as catro da maña e chegaban as oito da tarde ou incluso despois,de maneira que nunca vían as suas mulleres e fillos a luz do día.

A prensa calificaba o movemento en demanda das 8 horas de traballo como "indignante e irrespectuoso", "delirio de lunáticos pouco patriotas", e manifestando que era "o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo".
Como a Ley Ingersoll non se cumpriu as organizacións sindicais de Estados Unidos mobilizáronse,convocando unha folga xeral para o 1 de Maio de 1886,pero a principal organización de traballadores naqueles tempos en EE.UU. (a Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo) remitiu una circular a todas las organizacións adheridas onde manifestaba: "Ningún traballador adherido a esta central fará folga o 1° de maio xa que non dimos ningunha orde ó respecto". Este comunicado foi rexeitado por tódolos traballadores de EE.UU. e Canadá, calificando os dirixentes da Nobre Orde traidores ó movemento obreiro.
O 1° de maio de 1886, 200.000 traballadores iniciaron a folga, mentres que outros 200.000 obtiñan esa conquista ca simple ameaza de paro.En Chicago onde as condicións dos traballadores eran moito peores que noutras cidades as mobilizacións seguiron durante varios días. A única fabrica que traballaba era la fábrica de maquinaria agrícola McCormik que a pesar de estar en folga seguía adiante ca produción a base de esquirois.
No terceiro día de folga a saída dos esquirois, os traballadores encaráronse con eles comezando así unha batalla campal .Vendo isto unha compañía de policías, sen aviso algún, procedeu a disparar a queimarroupa sobre a xente producindo 6 mortos e varias decenas de feridos.

O día seguinte convocouse un acto de protesta,pero cando o alcalde dou por finalizado o mesmo, gran parte da concorrencia (máis de 20.000 persoas) negáronse a marchar.A policía considerou que terminado o acto non debía permitir que os obreiros seguiran nese lugar, e avanzou cara o parque onde se encontraban e empezou a reprimilos. De súpeto estallou entre os policías un artefacto explosivo que matou a un oficial e feriu a varios. A policía entón disparou sobre a multitude, matando e ferindo a un número descoñecido de obreiros.Declarouse o estado de sitio e o toque de queda, e nos días seguintes detívose a centenares de obreiros, os cales foron golpeados e torturados, acusados do asasinato do policía.


O 21 de xunio de 1886, iniciouse a causa contra 31 responsables, sendo logo reducido o número a 8. O Xuízo foi unha farsa de principio a fin, violándose tódalas normas procesais de forma e de fondo, e a pesar de non poder probar nada na súa contra, os oito de Chicago foron declarados culpables, acusados de ser inimigos da sociedade e do orde establecido. Tres deles foron condenados a prisión e cinco a forca."


Este é un dos moitos exemplos do difícil e custoso que é conseguir melloras sociais para os traballadores,melloras que hoxe en día pérdense con facilidade tras sucesivas reformas,pactos,negociacións que o que fixeron foi precarizar as condicións da clase traballadora,pero está nas nosas mans o poder cambiar isto.

2 comentarios:

  1. e as listas do segundo turno que pasa con elas?

    ResponderEliminar
  2. Nos non sabemos nada,nos deixaron fora, e non nos facilitan ningunha información a pesares de pedírllela varias veces.

    ResponderEliminar