lunes, 20 de febrero de 2012

Alcoa, un ERE inxustificable.

Desde esta sección sindical queremos denunciar as seguintes irregularidades na presentación do ERE que nos fan pensar que este ERE e totalmente inxustificable ,en primeiro lugar a empresa non presenta contas consolidadas[1] do grupo, cando é evidente que se cumpren os requisitos que establece no artigo 6 do R.D. 801/2011, pois:
a) ALCOA INESPAL pertence a un grupo consolidábel cuxa sociedade dominante no estado español é ALCOA INVERSIONES ESPAÑA S.L. (tal e como se deduce, entre outros, da nota 1 da memoria das contas anuais do exercicio 2010).
b) No grupo existen empresas que se dedican ao mesmo sector de actividade que ALCOA INESPAL.
c) ALCOA INESPAL mantén saldos e transaccións con sociedades dese grupo (sen ir máis lonxe, segundo as contas provisionais de 2011, nese exercicio tería ingresado unha significativa cantidade cercana aos 400 Millóns de euros por participacións en empresas do grupo e asociadas).
Ademais, non é posíbel obter estas contas consolidadas por outras vías, pois tanto ALCOA INESPAL S.A. como ALCOA INVERSIONES ESPAÑA S.L. veñen incumprindo de xeito sistemático a obriga legal de depositar as contas anuais no rexistro mercantil.
Tampouco se facilitan as contas provisionais á presentación da solicitude do expediente, asinadas polos administradores ou representantes da empresa solicitante. O documento con datos provisionais de 2011 e xaneiro de 2012 que nos entregan consiste apenas nunha conta de resultados, non incluíndo o resto dos estados contábeis esixíbeis (balance, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo, memoria). Só a suma de todos eses estados contábeis pode ter a consideración de contas da empresa (o art. 254 da Lei de Sociedades de Capital afirma rotundamente que tales documentos forman “unha unidade”). Que o R.D. 801-2011 fale de contas “provisionais” non significa que estas poidan ser “incompletas”.
Causas
Por outra banda, a documentación facilitada non permite chegar, en absoluto, á conclusión de que concorren causas obxectivas suficientes para acometer unha regulación de emprego como a que se propón. Nin se demostra a súa necesidade nin se demostra a súa proporcionalidade nin se demostra a súa razoabilidade. Como se verá, entre outras cousas, non se acredita a que existan perdas ou diminución de ingresos “que poidan afectar á súa viabilidade ou capacidade de manter o volume de emprego” (causas económicas) nin tampouco a existencia de “cambios, entre outros, na demanda dos produtos ou servizos que a empresa pretende colocar no mercado” (causas produtivas) (art. 51 do ET).

O único que nos fica claro é que o ERE é consecuencia dunha “decisión adoptada por Alcoa [léase a multinacional á que pertence a sociedade] de “reducir su capacidad de producción mundial...” (p. 35 da memoria explicativa). Pero de aí a deducir a razoabilidade do concreto ERE presentado neste momento en ALCOA INESPAL (fábricas de A Coruña e Avilés) hai un abismo.
Segundo as contas facilitadas, ALCOA INESPAL S.A. tería rematado o exercicio 2011 con máis de 400 millóns de € de beneficios!. Aínda que boa parte deses beneficios teñen orixe en ingresos financeiros por participacións en empresas do grupo, o resultado de explotación tamén foi positivo e importante (case 11millóns de €), sobre todo se o comparamos coas supostas perdas de explotación que tería habido en exercicios previos.
Ademais, os ingresos de explotación medraron un 30,5% respecto de 2010 e un 64,6% respecto de 2009, porcentaxes que no caso dos gastos de persoal se reducen a apenas 1,5% e 2,0%, respectivamente. Gastos de persoal que, como consecuencia disto, diminuíron o seu peso case á metade: se en 2009 representaban o 19,5% dos ingresos de explotación, en 2011 xa só representaron o 10,6%. Isto é: con apenas investir un 2% máis en gastos de persoal (+963 miles de euros) produciuse un 64,6% máis (+153.347 miles de euros)[2].
Obsérvese, porén, que a xustificación do ERE suspensivo de doce meses de duración recae “fundamentalmente” sobre dúas circunstancias (segundo p. 35 da memoria explicativa):
- “...la caída del precio del aluminio así como la de la demanda [...] A este respecto, es imprescindible realizar una mención específica del sector de la construcción en España, uno de los principales sectores destinatarios de los productos fabricados en las plantas de A Coruña y Avilés
- “...resulta decisivo el hecho de que los contratos que regulan las condiciones de suministro de energía eléctrica de las plantas tanto de A Coruña como de Avilés se extinguirán el 31 de diciembre de 2012. A pesar de haberse comenzado a dar los pasos para negociar las condiciones del suministro a partir del 1 de Enero de 2013 para dichas instalaciones, a fecha actual dichas negociaciones están condicionadas por diversos desarrollos legislativos pendientes de aprobación
Se a demanda e o prezo de aluminio están caendo (principalmente como consecuencia da evolución do sector da construción en España), ¿como se explica que ALCOA INESPAL incrementara un 64,6% os seus ingresos de explotación no período 2009‑2011?
E se o prezo da enerxía pode verse afectado a partires do 1 de Xaneiro de 2013 por diversos desenvolvementos lexislativos “pendentes de aprobación”, ¿por que se presenta o ERE agora e por que se afirma a “necesidad de poner en marcha las medidas propuestas a la mayor brevedad” (carta ao comité)?



[1] A empresa podería alegar que, ao tratarse dun ERE suspensivo, o artigo aplicábel é o 22.c) que afirma que “a documentación xustificativa será a estritamente necesaria para acreditar a concorrencia da causa”. Pero tamén é certo que, máis adiante, asegúrase que “a estes efectos, no caso de que a causa aducida pola empresa sexa de índole económica, a documentación exixíbel segundo o artigo 6.2 limitarase á do último exercicio económico completo, así como ás contas provisionais do vixente á presentación da solicitude do procedemento”. O que nos fai deducir que o que se varía é o período de contas exixíbeis, pero non o tipo de contas.



[2] Non falaban os donos do sistema de ligar salarios e produtividade? Ou iso resérvase para cando a produtividade cae pero non para cando se dispara como neste caso? Aquí o premio por producir máis por menos é un ERE.




8 comentarios:

  1. Penso que coa primeira explicacion sobre a vosa postura era suficiente. Aqui entre artigos, porcentaxes e citas non se entende nada. Estou totalmente de acordo en que este è un ERE inxusto pero no caso de que non se aprobe sabemos que as consecuencias van ser moito peores pq levarase a cabo a parada da serie 1 e vai sobrar moita xente... ¿que solucion podemos ter? ¿que hai de certo sobre que o ministerio de traballo rechazou o ERE?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O ministerio non vai facer nada porque o imos aprobar nos,eso e un conto,o que vai facer alcoa e un peche non traumatico,firmar este ERE sen ningún compromiso de futuro e darlle a chave para o peche da fabrica a Alcoa.
      Si nos tenos que enfrontar o peche e mellor facelo agora que temos unha oportunidade de demostrar a falsedade do que se
      afirma no ere,e nos ten que botar pagando un despido improcedente,tendo unha fabrica en pleno funcionamento,que podería resultar interesante para outro comprador e ademais estamos todos para loitar,que dentro de un ano,cando xa non teremos maneira de desmontar o ERE de extincion e ningen se vai interesar por nos xa que esta unha mitade parada,e o peche lle vai sair case gratis.

      Eliminar
  2. Nos ponen el caramelo delante y vamos a tragar,decir si,a un ERE basado en mentiras y sin ninguna garantía de futuro es un suicidio.Hay un dicho que dice que cuando el dedo señala la luna el tonto mira el dedo y no ve la luna.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que alcoa non ten moito interese en seguir coas plantas de primario en españa e mais que evidente. Pero alcoa nin outras empresas acaso pensas que vai vir alguen a invertir cartos nunha fabricade 50 anos situada nun pais coa enerxia mais cara de europa?E sobre o de facer un peche menos traumatico pois pode ser pero xa non estou tan de acordo en que o fagan para aforrar cartos nos despidos. Xa que alcoa este ano SI que vai ter perdidas na coruña e aviles para eles era mais rentable cerrar xa e deixarse de eres. Pensa que nun posible rearranque xa se gastarian mais cartos que en todas as indemnizacions de 45dias por ano

      Eliminar
    2. Que me paguen o que me deben21 de febrero de 2012, 21:05

      a indemnizacion so dos 10 tios con mais antiguedade da fabrica(a mais de 200.000 euros cada un )xa vale mais que o rearranque.

      Eliminar
    3. Non habia pensado nos xefes. De todas formas se alcoa quere presentar perdidas o ten moi facil: materias primas malas e manter aos xefes que temos. A marcha das series xa sabemos cal é e na fundicion falan dun 30% que vai pa refundir

      Eliminar
  3. Pues vaya solucion cambiar un ere temporal por uno d extincion y despues esperar a que nos compre otra empresa. Si me voy a quedar sin trabajo yo prefiero que sea mas tarde que temprano y mas teniendo en cuenta la situacion por la que atraviesa el pais.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. no se trata de cambiar uno por otro,se trata de que aceptar este sin garantias de futuro nos va llavar al otro.Por eso hay que pararles los pies ahora porque despues no va haber nada que hacer.

      Eliminar