lunes, 8 de agosto de 2011

TENSA E DURA ASEMBLEA XERAL

O pasado venres celebrouse unha tensa asemblea xeral para tratar o asunto da mal chamada mesa pola "competitividade",nela íase presentar, despois de 10 reunións,para someter a votación un principio de acordo,pactado supostamente polo sindicato maioritario (CCOO) e a Representación da Dirección, xa que esta sección sindical levantarase da mesa de negociacións na 8º reunión e UGT na seguinte, que incluía unha lista de persoal eventual que se ía a rúa e outra da que se quedaba,ademais da lista de traslados de departamento así como un suposto plan de inversións que mais parecía un plan de mantemento básico ,de aprobarse esa lista  realizada sen ningún criterio obxectivo,suporía desfacerse de todo o persoal contratado durante o ano 2011,2010 e parte do 2009.
Pero as cousas empezáronselles a torcer dende un principio e en vista do xiro que tomou a asemblea, e o estado de animo xeral,víronse obrigados a  negar a maior, dicindo que tampouco estaban de acordo e que non se ía a votar nada,cando no seu propio blogue dicían o contrario,e os propios traballadores os viron chegar ca urna das votacións.
Esta sección sindical abandonou a mesa de negociacións no momento de que se empezou a negociar a mobilidade funcional que acarrearía o despido inmediato de varios compañeiros,e queremos deixar claro que non entraremos a negociar os despidos de ninguén,senón que loitaremos por defender todos os postos de traballo,e mais aínda cando se leva demostrado que ese persoal ,que en moitos casos leva traballando dende o ano 2009 é necesario en todos os departamentos en que se atopa,(só ai que recordar que o ano pasado se fixeron mais de 5000 horas extras "declaradas" e este ano levamos preto de 3000 sobrepasando en moitos casos o limite individual para todo ano) ,ademais todos os que alí traballamos sabemos que para o sitio dos que despiden ou lles rescinden o contrato virán outros,xa que son postos de produción imprescindibles.
A partir de agora esta Sección Sindical só ira as reunións da mesa pola competitividade(si é que hai mais) en calidade se simple notario para saber do que alí se fala e para amosar o noso desacordo ,sempre e cando se trate de falar de despidos e traslados.
Visto o anterior e ante a falta total de acordo, esta sección sindical como primeira medida procedeu a denunciar os contratos por obra e servizo,ante a Inspección de Traballo xa que consideramos que están en fraude de lei.
Dende esta Sección Sindical non podemos entender que esta Fábrica estea a pedir cartos do diñeiro público para acometer as "inversións mais custosas" por un lado ,e polo outro fale de destruír emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario