martes, 23 de agosto de 2011

REFERENDUM

No día de hoxe tivemos unha reunión do pleno do Comité de Empresa, para tratar o asunto dos despidos e da mobilidade funcional dos compañeiros de mantemento. O único que sacamos en claro e que o Comité vai someter a referéndum a última oferta da empresa. Parece que CCOO están desexosos de firmaren un acordo o antes posible. Xa o quixeron intentar na última asemblea e se lle torceron as cousas e agora fan a manobra de presentar un referéndum sen asemblea previa coa intención de lexitimar de algunha forma a firma do acordo coa empresa.



A verdade e que nos colleron algo desprevidos co tema do plebiscito, e nunha primeira instancia non nos opuxemos a súa celebración, entre outras cousas porque teñen ese dereito e ademais resultaría inútil xa que teñen a maioría absoluta no comité. Pero despois da aprobación da celebración desta votación para a vindeira semana, cando se empeza a concretar como facelo dámonos conta da trampa que supón e mostramos o noso desacordo, por unha banda con quen ten dereito a votar, xa que estarán incluídos os PFD’s, e por outra co contido do documento a votar, se se lle pode chamar documento.



Nos non estamos de acordo en que participen os PFD’s porque non os consideramos persoal afectado polas medidas que pretende implantar a empresa, pero a postura do presidente é ben distinta, e chega a dicir que non vai excluír a ninguén da votación porque non quere que lla tiren abaixo. Pero se o referéndum non ten ningunha validez legal, e é soamente un instrumento consultivo para coñecer a opinión dos traballadores, quen o organiza pode poñer as regras que considere máis oportunas, e non se pode refutar.



En canto o que se vai a votar non e a redacción final do acordo que se pretende firmar, senón o que escribiu a empresa na última acta da mal chamada mesa pola competividade, na que nos se concreta case nada e se chega a dicir que os contratos de obra finalizarán de todas a todas en setembro pero que algúns os tornarán en indefinidos e outros en relevo con fecha límite de fin de ano do 2012. E que o resto do persoal eventual, que prestan servizos por vacacións ou baixas iranos chamando, pero só os que tiveran un bo desempeño e actitude na súa estancia na fábrica.
E o máis macanudo do escrito e a cláusula de incumprimento, que ven a dicir que en caso de incumpriren o acordo garantirán a contratación dos eventuais afectados sempre que se manteñan as circunstancias actuais. E logo, cales son esas circunstancias? E isto unha licenza para incumprir o resto do acordo? E se non respectan o resto por que habían de respectar a contratación?



O caso e que a firma supón o beneplácito para despedir aos nosos compañeiros e a ver se non cambian “as circunstancias” e os volven a contratar.
Máis arriba falabamos dun REFERENDUM TRAMPA. E unha trampa porque e unha forma de saltarse a asemblea que lle dixo que non o acordo, é unha trampa porque se van votar os PFD’s en masa xa sabemos o resultado, e é unha trampa porque queren facernos crer que necesitamos un acordo.



E por que raios iamos a necesitar deste acordo? Pois non se sabe, ou polo menos nos o sabemos. Porque os compañeiros directamente afectados expresáronse libremente na última asemblea e parece que quedou claro que non o querían. E o resto do persoal da fábrica, necesitamolo? Pois non se nos ocorre que beneficio pode traer o resto de compañeiros que non somos despedidos. Entón nos non entenderiamos as razóns de ningún compañeiro para querer a aprobación deste trato, xa que aparentemente ningún colectivo sae beneficiado, algún indignado se cabe.



Outras curiosidades do documento son que adxunta nos anexos 1 e 2 os listados definitivos do persoal eventual que pasaría a relevo ou indefinido non máis tarde do 31 de decembro de 2012. Que ían adxuntar pero non adxuntaron querían dicir. Porque nos non os cheiramos. E resulta curioso que a empresa escriba nun papel que te entrega un documento que non te intención de entregar. A explicación do presidente e que que so os entregarán cando este firmado o acordo. Ou será que outros non deixan que os teñamos. Dende logo nos non firmariamos nada sen os listados, non vaia ser que logo non estén todos os que deberían estar. Pero claro, que non os teñamos nos non quere dicir que nos os teñan outros.



Por último, e máis sorprendente se cabe, e que a empresa cerra o documento ameazando que en caso de non chegar a acordo retira os puntos anteriores e volve a proposta presentada inicialmente. ¿ Pero por que ten todo o mundo tanta presa en firmar?


Sen máis despedímonos pedindo o voso voto negativo no referéndum.




VOTA NON
Saúdos compañeiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario