jueves, 17 de octubre de 2013

Visita de Ramón Camino presidente de Alcoa España

Onte visitounos o presidente de Alcoa España, nesa breve visita comunicounos que Alcoa non vai facer ningún tipo de inversións no que queda de este ano nin no próximo na nosa planta,polo tanto sumamos outro ano sen inversións, demostrado que o ERE non só foi unha estafa a tódolos traballadores, senón que tamén un engano, xa que do famoso plan de competitividade non se cumpriu nin un só punto.
Díxonos tamén que as perspectivas do mercado cara o futuro non son boas xa que o LME, debido a que o stock de aluminio e moi alto, vaise manter como agora ou baixar, e o contrato enerxético non vai cambiar, porque o novo mecanismo de poxa non supón ningún cambio económico para Alcoa con respecto o que ten actualmente,ademais a todo isto hai que sumar que para o ano vanse baixar os aranceis ó aluminio que chega de fora de Europa, abaratando a tonelada en mais de 70$.
Outro punto dos que tratou é a venda do laminador ,xa que é unha máquina que non se vai volver a utilizar nunca mais(palabras textuais) ao cal o pleno do comité se negou en redondo xa que iso supón unha descapitalización máis sen ningunha contrapartida a cambio.
Tamén insistiu que temos que seguir gañando competitividade ,que traducido da neolingua quere dicir que van continuar cos despidos e que van vir mais recortes salariais, xa que o de gañar competitividade mediante inversións non vai con eles,neste punto se lle preguntou unha vez máis cal era a plantilla que esperan ter na fábrica o cal seguen sen responder.
Outra cousa moi interesante que nos comunicou e que se disolve a sociedade Alcoa Inespal(Aviles-Coruña) constituíndose cada unha de elas nunha sociedade independente,segundo eles por temas de claridade contable,cousa que non deixa de ser curiosa dada a opacidade das contas que mantiña ata agora a sociedade Alcoa Inversiones España S.L accionista maioritario de esta sociedade, teremos que seguir de cerca esta manobra para saber que esconde realmente.
Todo isto nos confirma unha vez mais o camiño que empezamos a percorrer fai xa case dous anos, un camiño que so ten dúas saídas, a venda no mellor dos casos e o peche no peor,xa que Alcoa unha vez mais nos demostra que con eles non hai futuro e ó ritmo que imos de desmantelamento e abandono da fábrica cada vez nos alongamos máis do primeiro e nos acercamos maís o segundo, o de onte, só foi un pasiño mais nese duro camiño que nos leva pola corda frouxa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario