martes, 25 de enero de 2011

Mensaxe de benvida

Benvidos a  web da sección sindical da C.I.G. en Alcoa Inespal-A Coruña.Esta páxina nace para intentar ser un punto de encontro na rede cos nosos afiliados e tamén con tódolos que aínda non o sodes.
Intentaremos que sirva para mantervos informados de tódalas novidades e cuestións que acontezan, tanto na Sección Sindical como na Empresa.
Tamén queremos que sexa un punto de participación de todos os traballadores e traballadoras polo se poderá comentar de forma anónima calquera entrada que se publique sen ningún tipo de censura,só non toleraremos os comentarios que insulten de maneira explicita a algún compañeiro en concreto,tamén queremos dicir que o ser anónimos e libres esta sección sindical e os autores do blog non se fan responsables dos comentarios que aquí se poñan.