A reunión celebrada hoxe non valeu para nada (unha vez mais),a dirección non presentou a organización, con posto e nome do persoal de cada departamento despois da finalización do ERE,como se lle solicitara en anteriores reunións, e iso que estamos a unha semana do remate do mesmo,o que si nos deixou claro e que quere dispor das nosas vacacións a conveniencia, e que aínda quere reducir mais o persoal de tódolos departamentos,que sumado a falta total de inversións condenándonos a unha perdida de competitividade que ademais porá en risco a integridade e saúde dos traballadores.
Tampouco aclarou si se cubrirán por voluntarios as prazas de internacionalización ou irán os 27 elixidos a dedo que xa están na lista e que xa se lles comunicou por carta.
Por outra banda tampouco nos aclarou si pensa tomar mais medidas que prexudiquen os traballadores o rematar o ERE,e tampouco nos dixo si vai continuar reducindo persoal o longo do ano,como xa leva facendo o longo dos dous últimos anos.
martes, 26 de marzo de 2013
jueves, 7 de marzo de 2013
miércoles, 6 de marzo de 2013
Asemblea Informativa
Hoxe rematou o o período de consultas sobre a modificación substancial e a inaplicación de convenio sen acordo ,nestes máis de dous meses de negociacións a Dirección practicamente non se moveu nin un ápice da súa proposta inicial xa que antes de sentarse a negociar xa o tiña todo comprometido,dende o principio deixou claro que a cantidade a aforrar era intocable,así como a conxelación salarial,e que non haberia retorno de cantidades aínda que a empresa se equivocara nas súas predicións e obtivera beneficios ó final do ano,polo que nos deixou pouco marxe de manobra e tamén ben claro que non se trataba de un problema económico xa que aínda que entre todos conseguísemos os cartos e os puxésemos enriba da mesa o proceso seguiría igual para adiante.
A pesares do anterior dende o comité se puxeron múltiples propostas sobre a mesa para aforrar esa cantidade sempre cun retorno de parte das mesmas en caso de teren beneficios que foron rechazadas pola Dirección.
Por outra banda a empresa tampouco quixo comprometerse a facer nin sequera as mínimas inversións que xa se acordaran nos plan de competitividade e do ERE,e tampouco se comprometeu a non acometer novas medidas de recorte salarial ou de redución de plantilla o largo deste ano.
Polo tanto para explicar o proceso e aclarar dubidas, así como explicar o proceso a seguir convocase :
Asemblea xeral o luns 11 de marzo as 10:30 horas e as 17:15 horas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)