martes, 23 de septiembre de 2014
Reforma das mutuas do goberno do PP
En pleno mes de xullo o PP puxo unha reforma da lei de mutuas que constitúe unha nova agresión os dereitos dos traballadores,afondando na privatización do sistema da seguridade social e da sanidade,primando unha vez mais os intereses económicos privados sobre os dereitos da clase traballadora, creando asi un novo negocio a conta da privatización da nosa saúde.
lunes, 22 de septiembre de 2014
Sentenza favorable ós traballadores no xuizo pola prima de resultados
Xa temos resolución do xuízo pola modificación da prima de resultados, e a xustiza neste caso dounos a razón a tódolos traballadores, polo tema de cambio de parámetros por parte da empresa para así poder reducir a contía a pagar a tódolos traballadores,o xuíz se basease nos seguintes puntos para darnos a razón:
- O parámetro de "marxe neto" foi incluído a finais de ano polo que os traballadores ata esa data no puideron influír nel, contradicindo o artigo 34 do convenio.
- Os resultados máximos que propoñía ese concepto eran inalcanzables a esas alturas de ano.
- Os conceptos nos que se basea o "marxe neto" tales coma o prezo da enerxía e das materias primas non son influenciables polos traballadores e ademais xa estaban incluídos en outros parámetros tales como os custos de conversión.
- O parámetro non é comprensible para os traballadores xa que a empresa non entregara nin sequera na data do xuízo, as contas da empresa de dito ano ós representantes dos traballadores a pesares de pedírllelas en varias ocasións.
martes, 9 de septiembre de 2014
Xuízo polo cambio de parámetros na prima de competitividade
Hoxe celebrouse o xuízo pola demanda interposta por todas as centrais sindicais presentes na nosa fábrica (agás APC) contra a empresa, pola modificación da prima de competitividade do ano 2013 e calculamos que antes de final de ano sairá sentencia sobre o mesmo,recordamos que a modificación a meteu a empresa a raíz do resultado do laudo sobre a inaplicación do convenio de ese ano, que non lle foi favorable ,obrigando a empresa a abonala tal como di o convenio, polo que decidiu incluír un novo parámetro denominado "marxe neto" para rebaixar a contía da prima ,un parámetro este, totalmente opaco ,que descoñecemos como se calcula,xa que non nos dan ningún tipo de dato para poder calculalo nós mesmos, polo que aceptar a cifra que nos dan ,convertese nun acto de fe.
Este parámetro ademais está baseado sobre previsións que fan eles non se sabe moi ben como e non sobre contas reais,parámetro por outra banda no que non temos ningún tipo de influencia, xa que esta condicionado por factores externos o noso traballo,tales como prezo da enerxía, das materias primas,LME,paridade euro-dolar etc. contradicindo o espírito da prima reflectido no convenio (art.34) que é premiar a calidade e cantidade do traballo realizado polos traballadores o longo do ano con parámetros comprensibles por tódolos traballadores.

lunes, 4 de agosto de 2014
Cambios propostos no servizo médico
Xa fai un mes que a empresa propuxo ó comité un cambio no servizo
médico, ata o de agora non nos pronunciamos sobre o tema porque non
sabiamos exactamente o que andaban a buscar xa que as opcións que nos
deron (para aforar custes segundo eles) eran totalmente opostas.
Na primeira reunión que mantivemos coa dirección, propuxéronos un cambio no servizo médico debido segundo eles a o alto custe que tiña a nosa fábrica,dicindo que o seu custo por persoa era o dobre que Avilés e San Cibrao,(cousa que dubidamos ata que nos ensinen as cifras reais) e ademais nos puxeron uns exemplos absurdos de outras empresas que a maioría de elas nin sequera están obrigadas a ter servizo médico propio, debido o seu numero de traballadores (menos de 250) ou pola actividade que realizan.
Nesta primeira reunión a dirección propoñía dúas alternativas:
-Primeira opción: Suprimir o ATS en quendas de tarde e noite, asi como os fins de semana,segundo eles porque hai menos xente traballando (esquecesen que a necesidade dun servizo médico non ten que ver só co número de xente traballando senón co risco que corren), no seu lugar os xefes de quenda con un manual guiaburros e a chave do botiquín serían os encargados de decidir a gravidade do accidentado, prestarlle os primeiros auxilios e estabilizalo, ata a chegada da ambulancia ,que ademais terían que chamar eles, e segundo a gravidade do accidentado elixirían unha ambulancia privada concertada para os casos mais leves e as UVI´s móbiles do 061 nos casos mais graves,incrible que os médicos perdan unha década da sua vida formándose cando con este manual en cinco minutos poden socorrer a calquera accidentado.
Ademais todos os traballadores terían que facer un curso de primeiros auxilios de dúas horas para poder botar unha man (non sabemos a onde con tremenda formación) en caso de accidente.
Por si iso fora pouco en casos de enfermidade común tamén serian os xefes de quenda os encargados de decidir si pode seguir traballando ou non.
Cal foi a nosa sorpresa que aínda sin chegar a explicarnos ben a segunda opción practicamente o día seguinte xa sacan unhas charlas para que os xefes de quenda expliquen o novo funcionamento do servizo médico baseado nesta primeira opción sin os ATS de quenda.
Ante semellante despropósito o pleno do comité negouse en redondo, e chegamos o acordo por unanimidade de tomar as medidas que fagan falta para evitar esa situación que suporía unha desprotección total para os traballadores a quendas,ante iso a empresa parece que temporalmente desistiu de implantar inmediatamente esa opción e formuloumos algo mais en serio a segunda opción ,o Autoseguro.
-Segunda opción:Facernos entidade colaboradora da seguridade social e facer un Autoseguro como teñen Avilés e San Cibrao.
Nesta opción parte dos cartos que destina a empresa a seguridade social e a mutua irían para unha especie de fondo xestionado pola empresa para facer fronte as incapacidades temporais derivadas de accidentes de traballo,non cubriría enfermidade común ,nin incapacidades permanentes,ou morte que as cubriría a SS e a mutua.
Para facerse entidade colaboradora da SS,habería que adecuar as instalacións do servizo médico da fábrica ampliándoas para poder dar un maior grado de cobertura sanitaria os traballadores nas propias instalacións,mantendo a atención as 24 horas do día os 365 días do ano igual que agora.
Ademais habería que manter concertos con centros de fisioterapia,ortopedia,radioloxía e cirurxía plástica,asi como con un hospital privado para casos graves (posiblemente o Modelo) e un centro hospitalario da SS ( J. Canalejo) para os casos de extremada gravidade.
Esta opción si no la chegan a detallar pormenorizadamente sería unha opción a considerar xa que os centros de traballo que a teñen a nivel nacional(a maioría de empresas públicas así como Avilés e San Cibrao) parece que funciona bastante ben e se acortan moito os tempos de atención sobre todo a hora de facer determinadas probas médicas, obter próteses, etc, que coas mutuas e case imposible conseguir hoxe en día.

Despois
de tres reunións ca dirección o longo do mes pasado, agora temos claro
que a intención da empresa é simplemente deixar as quendas sin servizo
médico ,xa que non se ve ningún movemento por parte da empresa para
adoptar a opción do autoseguro (que por certo xa lles foi denegada no
ano 1996 por non cumprir os requisitos básicos), ante esta situación
esta sección sindical quere amosar o seu mais absoluto rexeitamento e
fará todo o posible para impedir que a empresa leve a cabo esta reforma,
deixando a xente que traballa a quendas desprotexida totalmente en caso de teren un accidente.
jueves, 26 de junio de 2014
Manifestación contra a represión sindical
MOBILÍZATE,a manifestación sairá o 30 de Xuño as 20:00 h. dende a casa do Mar en dirección a delegación de Goberno .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)