jueves, 19 de septiembre de 2013

As mensaxes da Dirección que nos levan a extinción.

Cada vez que Alcoa move e ficha ,as respectivas direccións das plantas que ten en España, nunha estratexia conxunta apresurase a dar mensaxes de tranquilidade ó persoal,de aquí non pasa nada e séguenlle a pedir ós operarios que sigan arrimando o ombro e facendo mais esforzos para ser competitivos, e de paso que poñan nas enquisas que están encantados de que os exploten, lles recorten o salario e lles acaben ca saúde,unha proba de cara onde nos leva esta estratexia é a comunicación publicada por unha das seccións sindicais das plantas que agora están en venta, despois de manter unha reunión ca dirección da planta hai pouco mais de tres meses.(Omitimos o nome da sección xa que é irrelevante porque todas saíron ca mesma impresión).

 

Como se pode ver a mensaxe e totalmente idéntica as que mandan na nosa planta ca diferencia de que aquí xa nin se molestan en mentirnos sobre as inversións .
As respectivas seccións sindicais desa planta tiñan a esperanza que tras os tremendos esforzos realizados pola plantilla no traballo, asumindo unha carga maior de traballo debido os numerosos despidos,e os multiples ERES, algún deles brutal onde so se traballaban pouco 150 xornadas o ano,así como dun recorte do 20% do salario esas promesas de futuro poderían cumprirse,pero co tempo demostrouse que non era así,todo o que fixeron só valeu para reducir a plantilla de cara a un futuro peche (cantos menos sexan menos impacto político mediático) e máis baratas serán as indemnizacións.
Por iso dende esta sección sindical levamos dicindo moito tempo que a única maneira de ser máis competitivos e a través de inversións que na nosa planta fai anos que brillan pola súa ausencia, e ultimamente nin se destina cartos mantemento básico das instalacións  cal nos pon nunha situación moi complicada.
Agora despois do anuncio da venda por parte de Alcoa das plantas de Amorebieta e Alicante a nosa dirección apresurase a dicir que iso non nos afecta para nada,que  temos que seguir facendo esforzos os de sempre,pero o primeiro que nos ven a cabeza é a quen lle imos vender o que producimos xa que imos perder o principal cliente de placas que temos e dicimos iso porque aínda que a cousa saia ben e se concrete a venta non teñen porque seguir comprándonos a nós, temos un claro exemplo ca fábrica de Sapa o noso lado, que prefire traer o aluminio de Mostar ,Qatar ou calquera outra parte antes que comprárnolo a nos, gracias a gran xestión da nosa dirección,e aínda máis Amorebieta tamén e o principal cliente de placas de San Cibrao e si o perden terán que ir a tocho polo que Alcoa terá que decidir entre recortar a produción alí ou na nosa planta, e creemos que a estas alturas xa sabemos cal pode ser a decisión.
Agora que so van quedar tres das doce plantas que tiña a antiga Inespal antes da "venda" e saqueo por parte de  Alcoa, e despois de perder case 4000 postos de traballos nos acordamos de que dúas das condicións de "venta" era manter o emprego e elaborar un plan de futuro para o grupo,15 anos despois se confirma a que veu realmente Alcoa a España, a saquear as fábricas regaladas polo PP,explotar a xente,levarse case 1000 millóns de euros de subvencións enerxéticas e tódolos beneficios sen apenas pagar  impostos e quedarse ca couta de mercado en Europa.
Dito isto, só nos queda desexarlle o mellor os compañeiros de Amorebieta e Alicante desexando que atopen un comprador que non se dedique a especular con eles e poña un plan de futuro sobre a mesa,porque nos temos claro que con Alcoa non hai futuro posible.


miércoles, 14 de agosto de 2013

Maís de dous anos despois o compañeiro Abrahan gaña o xuizo pola inxusta sanción que se lle impuxo.






Máis de dos anos despois a  xustiza danos a razón sobre a inxusta sanción imposta o noso compañeiro,por parte do xefe de departamento,ca axuda inestimable do xefe de quenda,casualmente coincidindo ca súa presentación a delegado de persoal, recordamos que a primeira proposta de sanción era de unha falta moi grave que podería significar o seu despido,con esta sentenza queda patente a persecución a que son sometidos algúns compañeiros e demostra que non hai que deixarse amedrentar polas ameazas da empresa algo que agora mais que nunca estase a dar, e tamén queda claro que se lles pode facer fronte e gañar.

jueves, 1 de agosto de 2013

Os traballadores de San Cibrao rexeitan o preacordo de convenio

Os compañeiros da planta de San Cibrao rexeitaron o preacordo de convenio o que chegaran a empresa,UGT,CCOO,APC, e CSIF ca única oposición da CIG   por 432 votos en contra e 362 a favor,por consideralo sobre todo lesivo para o persoal de novo ingreso xa que os condenaba a estar catro anos no nivel salarial máis baixo pero facendo o mesmo traballo que o resto,a empresa tratou de repetir a mesma xogada que xa fixera con éxito na nosa fábrica nun anterior convenio dándolles só o 80% e 90% do salario do nivel máis baixo durante os dos primeiros anos o persoal de novo ingreso,pero esta vez non lle saíu gracias a solidariedade dos traballadores.

Aquí reproducimos a nota de agradecemento ós traballadores dos nosos compañeiros da CIG de San Cibrao:


martes, 30 de julio de 2013

LAUDO ARBITRAL SOBRE A INAPLICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO



O árbitro D. Francisco Gonzalez de Lena, designando pola Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos (CCNCC) polo proceso que de Inaplicación do Convenio que iniciou a Dirección da Empresa acaba de decidir no seu ditame que aínda que existen causas económicas na empresa para promover o proceso de Inaplicación.

O Laudo arbitral limita a Inaplicación e só poderá facerse a partir do 5 de Abril 2013 (finalización do período do ERE)  ata o 30 de Xuño de 2013.

Polo que a empresa só pode facer a conxelación salarial que quería nese período de tempo,ademais de rebaixar en 15 días de salario a paga extra de Xullo, pero non pode facer o mesmo coa de Decembro como tiña solicitado. A prima de Resultados de 2013 terá tamén que ser aboada de acordo ao recollido no Convenio Colectivo.

Este Laudo dálle en gran parte a razón os traballadores e rebaixa considerablemente as pretensións da empresa, algo por outra banda lóxico debido a desproporcionada acumulación de medidas de aforro que soportabamos os traballadores.

Este laudo non fai referencia as medidas de aforro tomadas sobre o persoal PFD e aínda que parte deles como ben nos demostrou APC non sumándose a demanda, esta de acordo cas mesmas, non implica que os que non estean de acordo non poidan denuncialas e máis tendo agora este precedente, esta sección sindical apoiará a todos aqueles que decidan facelo.

miércoles, 19 de junio de 2013

IMPORTANTE SENTENCIA CONTRA O INSS E A SEGURIDADE SOCIAL

A CIG gaña unha sentencia definitiva no Xulgado Central Contencioso Administrativo que anula a orde do INSS de pagar aos inspectores médicos por reducir os tempos de baixas dos traballadores e traballadoras.

En marzo do 2011 o INSS crea un complemento de produtividade para os inspectores médicos en función das altas que promovan. Cantas máis altas, máis cobran.

A sentenza e de dobremente importante xa que afecta ao conxunto de traballadores de todo o Estado, e pola súa transcendencia económica, xa que o Instituto Nacional da Seguridade Social é o que paga as prestacións por incapacidade temporal das traballadoras e traballadores que se encontran de baixa por enfermidade ou accidente.

Esta decisión atentaba contra a saúde dos traballadores e traballadoras, provocando que moitas persoas sen estar curadas fosen dadas de alta para o traballo, prexudicando a súa curación e a súa saúde.

Para a CIG a prestación sanitaria por IT (incapacidade temporal), é fundamental na medida en que garante a subsistencia material das traballadores e traballadores en situación de enfermidade. Ante estas sentenzas, Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación da central sindical denuncia que as políticas de austeridade están levantando sospeitas sobre as/os traballadoras/es que se ven na necesidade de exercer este dereito. “Hai cantidade de persoas que teñen que acudir aos seus postos de traballo dados de alta estando enfermas e mesmo casos de despedimentos para aqueles que pola súa situación de enfermidade non están aptos para realizar o seu traballo en condicións óptimas”.

Este goberno actúa en función das reclamacións dos empresarios,desprezando os nosos dereitos.

viernes, 26 de abril de 2013

Manifestación 1º de Maio


A Confederación Intersindical galega convoca manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.
A CIG denuncia o ataque ás pensións, os dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo”.
A central sindical denuncia tamén a redución das prestacións sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus amigos; o poder que se dá ás mútuas para as baixas por enfermidade; o encarecemento da universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Pregúntase por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano.
Lembra que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación.
Alerta de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas”.

Manifestación convocada
-          A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo