miércoles, 14 de agosto de 2013
Maís de dous anos despois o compañeiro Abrahan gaña o xuizo pola inxusta sanción que se lle impuxo.
Máis de dos anos despois a xustiza danos a razón sobre a inxusta sanción imposta o noso compañeiro,por parte do xefe de departamento,ca axuda inestimable do xefe de quenda,casualmente coincidindo ca súa presentación a delegado de persoal, recordamos que a primeira proposta de sanción era de unha falta moi grave que podería significar o seu despido,con esta sentenza queda patente a persecución a que son sometidos algúns compañeiros e demostra que non hai que deixarse amedrentar polas ameazas da empresa algo que agora mais que nunca estase a dar, e tamén queda claro que se lles pode facer fronte e gañar.
jueves, 1 de agosto de 2013
Os traballadores de San Cibrao rexeitan o preacordo de convenio
Os compañeiros da planta de San Cibrao rexeitaron o preacordo de convenio o que chegaran a empresa,UGT,CCOO,APC, e CSIF ca única oposición da CIG por 432 votos en contra e 362 a favor,por consideralo sobre todo lesivo para o persoal de novo ingreso xa que os condenaba a estar catro anos no nivel salarial máis baixo pero facendo o mesmo traballo que o resto,a empresa tratou de repetir a mesma xogada que xa fixera con éxito na nosa fábrica nun anterior convenio dándolles só o 80% e 90% do salario do nivel máis baixo durante os dos primeiros anos o persoal de novo ingreso,pero esta vez non lle saíu gracias a solidariedade dos traballadores.
Aquí reproducimos a nota de agradecemento ós traballadores dos nosos compañeiros da CIG de San Cibrao:
Aquí reproducimos a nota de agradecemento ós traballadores dos nosos compañeiros da CIG de San Cibrao:
martes, 30 de julio de 2013
LAUDO ARBITRAL SOBRE A INAPLICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO
O árbitro D. Francisco
Gonzalez de Lena, designando pola Comisión Consultiva Nacional de
Convenios Colectivos (CCNCC) polo proceso que de Inaplicación do Convenio que iniciou a Dirección da
Empresa acaba de decidir no seu ditame que aínda que existen causas económicas na empresa
para promover o proceso de Inaplicación.
O Laudo arbitral limita a
Inaplicación e só poderá facerse a partir do 5 de Abril 2013 (finalización do
período do ERE) ata o 30 de Xuño de 2013.
Polo que a
empresa só pode facer a conxelación salarial que quería nese período de tempo,ademais de rebaixar en 15 días
de salario a paga extra de Xullo, pero non pode facer o mesmo coa de Decembro
como tiña solicitado. A prima de Resultados de 2013 terá tamén que ser aboada de acordo
ao recollido no Convenio Colectivo.
Este Laudo dálle en gran parte a razón os traballadores e rebaixa considerablemente as pretensións
da empresa, algo por outra banda lóxico debido a desproporcionada acumulación de medidas de aforro que soportabamos os traballadores.
Este laudo non fai referencia as medidas de aforro tomadas sobre o persoal PFD e aínda que parte deles como ben nos demostrou APC non sumándose a demanda, esta de acordo cas mesmas, non implica que os que non estean de acordo non poidan denuncialas e máis tendo agora este precedente, esta sección sindical apoiará a todos aqueles que decidan facelo.
miércoles, 19 de junio de 2013
IMPORTANTE SENTENCIA CONTRA O INSS E A SEGURIDADE SOCIAL
A CIG gaña unha sentencia definitiva no Xulgado Central Contencioso Administrativo que anula a orde do INSS de pagar aos inspectores médicos por reducir os tempos de baixas dos traballadores e traballadoras.
En marzo do 2011 o INSS crea un complemento de produtividade para os inspectores médicos en función das altas que promovan. Cantas máis altas, máis cobran.
A sentenza e de dobremente importante xa que afecta ao conxunto de traballadores de todo o Estado, e pola
súa transcendencia económica, xa que o Instituto Nacional da Seguridade
Social é o que paga as prestacións por incapacidade temporal das
traballadoras e traballadores que se encontran de baixa por enfermidade
ou accidente.
Esta decisión atentaba contra a saúde dos traballadores e traballadoras, provocando que moitas persoas sen estar curadas fosen dadas de alta para o traballo, prexudicando a súa curación e a súa saúde.
Para a CIG a
prestación sanitaria por IT (incapacidade temporal), é fundamental na
medida en que garante a subsistencia material das traballadores e
traballadores en situación de enfermidade. Ante estas sentenzas,
Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación da central
sindical denuncia que as políticas de austeridade están levantando
sospeitas sobre as/os traballadoras/es que se ven na necesidade de
exercer este dereito. “Hai cantidade de persoas que teñen que acudir aos
seus postos de traballo dados de alta estando enfermas e mesmo casos de
despedimentos para aqueles que pola súa situación de enfermidade non
están aptos para realizar o seu traballo en condicións óptimas”.
Este goberno actúa en función das reclamacións dos empresarios,desprezando os nosos dereitos.
viernes, 26 de abril de 2013
Manifestación 1º de Maio
A Confederación Intersindical galega convoca
manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas
de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido
Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha
cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes
reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás
grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.
A CIG denuncia o ataque ás pensións, os
dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada
laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas
dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións
por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio
para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización
durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas
as que perderon o seu traballo”.
A central sindical denuncia tamén a redución
das prestacións sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a
privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus amigos; o poder
que se dá ás mútuas para as baixas por enfermidade; o encarecemento da
universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos
de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Pregúntase por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano.
Lembra que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación.
Alerta de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas”.
Manifestación convocada
- A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo
A central sindical denuncia tamén a redución
das prestacións sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a
privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus amigos; o poder
que se dá ás mútuas para as baixas por enfermidade; o encarecemento da
universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos
de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.Pregúntase por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano.
Lembra que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación.
Alerta de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas”.
Manifestación convocada
- A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo
miércoles, 10 de abril de 2013
martes, 26 de marzo de 2013
Reunión martes 26
A reunión celebrada hoxe non valeu para nada (unha vez mais),a dirección non presentou a organización, con posto e nome do persoal de cada departamento despois da finalización do ERE,como se lle solicitara en anteriores reunións, e iso que estamos a unha semana do remate do mesmo,o que si nos deixou claro e que quere dispor das nosas vacacións a conveniencia, e que aínda quere reducir mais o persoal de tódolos departamentos,que sumado a falta total de inversións condenándonos a unha perdida de competitividade que ademais porá en risco a integridade e saúde dos traballadores.
Tampouco aclarou si se cubrirán por voluntarios as prazas de internacionalización ou irán os 27 elixidos a dedo que xa están na lista e que xa se lles comunicou por carta.
Por outra banda tampouco nos aclarou si pensa tomar mais medidas que prexudiquen os traballadores o rematar o ERE,e tampouco nos dixo si vai continuar reducindo persoal o longo do ano,como xa leva facendo o longo dos dous últimos anos.
Tampouco aclarou si se cubrirán por voluntarios as prazas de internacionalización ou irán os 27 elixidos a dedo que xa están na lista e que xa se lles comunicou por carta.
Por outra banda tampouco nos aclarou si pensa tomar mais medidas que prexudiquen os traballadores o rematar o ERE,e tampouco nos dixo si vai continuar reducindo persoal o longo do ano,como xa leva facendo o longo dos dous últimos anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



