http://www.youtube.com/watch?v=otSFB-DzFY8&feature=player_embedded
martes, 6 de noviembre de 2012
domingo, 4 de noviembre de 2012
14 Novembro ¡Folga Xeral!
O Consello Confederal da CIG vén de ratificar a decisión da
Executiva de convocar folga xeral para o 14 de novembro, coincidindo coa data
acordada noutros países da periferia europea, como Portugal, e a nivel estatal,
con CCOO e UGT. O Consello Confederal reitera a necesidade de continuar coa
mobilización social dada a dureza das políticas do PP e do seu carácter “profundamente
antisocial e antiobreiro”.
O secretario xeral da CIG, Suso
Seixo, explicou que “imos á folga xeral con todas as consecuencias, conscientes
de que as políticas que está a adoptar o PP requiren deste tipo de respostas” e
lembrou que a central sindical viña reclamando a necesidade desta convocatoria.
“Eramos partidarios de que fora xa no mes de setembro, coincidindo coa que se
convocaba en Euskadi, para responder ás medidas adoptadas polo goberno durante
os meses de verán. Políticas de recorte de dereitos moi duras que nos están a
levar a unha situación e a unhas condicións de precariedade e de empobrecemento
da poboación intolerábeis”.
Iso non foi posíbel, subliñou, porque a CCOO e UGT non lles parecía a data máis adecuada. Por iso a CIG avaliou esta situación e acordou agardar, xa que, pola súa parte había o compromiso de que se convocaría no mes de novembro a nivel de estado. “Consideramos que a resposta tiña que ser o máis masiva posíbel, porque cantas máis organizacións sindicais participen na convocatoria, máis posibilidades teremos de que a participación sexa, a nivel cuantitativo, máis importante”.
A central sindical valora moi positivamente que CCOO e UGT acordaran sumarse á convocatoria de folga e mesmo sindicatos de países da periferia de Europa, porque “estas medidas veñen decidas desde o BCE e da Comisión Europea e o que está a facer o PP, na medida en que coincide cos seus presupostos ideolóxicos, é levalas adiante con toda a dureza”.
A CIG considera que para 2013 empeorarán aínda máis as condicións laborais e sociais e que se incrementarán as políticas de axuste. “Parécenos máis necesario que nunca continuar con esta dinámica mobilizadora e dar unha resposta con convocatorias de folga xeral as veces que sexa necesario, para parar estas políticas e forzar aos gobernos a facer outras distintas, que garantan que imos saír da crise, pero non de calquera maneira, senón favorecendo os intereses da clase traballadora”, afirma Seixo.
Respecto do impacto que puideran ter os resultados electorais no éxito da convocatoria, o secretario xeral sinala que moitos galegos e galegas “aspirabamos a que o PP perdera a maioría absoluta na Xunta de Galiza e estou convencido de que moitos e moitas entendiamos que o PP o único que está facendo é servir de correa de transmisión do que marca o BCE e o vai seguir facendo con dramáticas consecuencias para o noso país”, entre as que sinalou o deterioro do no noso tecido produtivo, da rede de servizos sociais e mesmo a marcha que se está a producir de mozas e mozos a outras partes de Europa. “Mozos e mozas cunha formación profesional e académica importante que tiñan que estar aportando todo ese coñecemento ao desenvolvemento económico e social do noso país”.
Malia recoñecer o estado xeralizado de decepción ante a revalidación da maioría absoluta, Seixo subliñou que, en todo caso, os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación galega, polo que considerou que “non pode facer o que lle dea a gana”.
Xunto a isto lembrou a perda de miles de votos e o feito de que alí onde se lle deu unha maior contestación ás políticas do PP, nas cidades e nas grandes vilas, esa perda de apoios foi aínda maior. “Quere dicir que a política de contestación social que se está a facer si está a incidir en certos sectores e na perda de votos, cando menos nos sectores máis conscientes da sociedade galega”. Por iso, convidou a seguir mobilizándose para tratar de chegar ao resto das galegas e galegos “moi influenciados polos medios de comunicación, polo enorme poder institucional e caciquil, para dicirlles que aquí votar ao PP é un suicidio para o noso pobo, que levará a Galiza a unha calella sen saída, ao empobrecemento das clases populares e a perda de dereitos laborais e sociais”.

jueves, 25 de octubre de 2012
Referendum
SI - 40 votos a favor de continuar as mobilizacións.
NON - 116 votos en contra das mobilizacións por consello de Alcoa.
En branco - 3 votos nin fu nin fa.
Por orde do señor Presidente de Alcoa España faise saber que as mobilizacións en defensa dos postos de traballo quedan desconvocadas oficialmente ate novo aviso.
Menos mal que todavía quedan 40 valentes, e algúns máis que non quixeron participar desta tomadura de pelo.
Supoño que para convocar a vindeira asamblea teremos que celebrar outro plebiscito, para que nos den o seu visto bo as maiorías silenciosas.

jueves, 18 de octubre de 2012
A CIG en Alcoa Inespal desminte que o problema coa tarifa eléctrica estea resolto e garantida a continuidade da produción
A Sección Sindical rexeita tamén a decisión adoptada por unha parte do Comité de empresa de desconvocar as mobilizacións previstas para esta semana
A sección sindical de CIG de Alcoa Inespal A Coruña ante a noticia da que se fan eco varios medios de comunicación a respecto de que o problema que ten Alcoa coa tarifa eléctrica actual xa está solucionado e que a multinacional anunciou que vai proseguir a súa produción normal para o vindeiro ano, quere manifestar que estas afirmacións non se corresponden á realidade.
En primeiro lugar, explica a Sección Sindical da CIG, a Orde Ministerial que presuntamente firmou o ministro Soria o xoves pasado (11/10/2012), segundo anunciou o Presidente da Xunta de Galiza, e que garantiría un prezo competitivo da enerxía eléctrica para a industria, non é tal. De momento non é máis que unha proposta que foi enviada polo Ministerio de Industria á Comisión Nacional da Enerxía, para que esta elabore un informe preceptivo no que pode facer alegacións ou propoñer modificacións ao contido parcial ou total de dita Orde Ministerial.
En segundo lugar, a trasnacional Alcoa non se pronunciou publicamente dando por solucionado o problema e non garantiu de ningunha forma a continuidade da actividade nas fábricas de produción de aluminio que ten en Galiza. Aprazou a decisión final a finais de ano cando estea en vigor esa suposta norma, e ao resultado da negociación que ten que levar a cabo coas compañías produtoras de electricidade.
Así mesmo, a Sección Sindical da CIG amosou o seu total desacordo coa decisión tomada pola maioría do Comité de empresa, (co voto favorábel de CCOO e APC e o voto en contra de CIG e UGT), de desconvocar as mobilizacións previstas para esta semana, “xa que ao noso xuízo non existe garantía algunha por parte de Alcoa de retomar a produción normal da fábrica da Coruña e manter todos os postos de traballo”.
lunes, 15 de octubre de 2012
Comunicado de prensa CIG San Cibrao.
A CIG insiste que debe de continuarse coas mobilizacións por non haber garantía para a continuidade de Alcoa.
A día de hoxe non temos ningún compromiso que non sexa de palabra, pese a que a Dirección manifesta que se salvou un escollo importante. Á pregunta da CIG de si o acordado é suficiente para garantir a continuidade das fábricas,o director de San Cibrao manifestou contundente que non,emprazando a solución definitiva para despois das eleccións. “A nos para algo tan público e simple como un permiso de paternidade a dirección pídenos un xustificante, sen embargo queren que fagamos un acto de fe con algo que afecta a miles de persoas”.
A CIG tamén manifesta o seu descontento polo feito de ser excluída da reunión informativa que se celebrará mañá en Madrid e á que si asistirán os presidentes dos Comités pertencentes a CC.OO e UGT.
É responsabilidade tanto da Xunta como do ministro de Industria conseguir garantías de continuidade das factorías e dos postos de traballo, polo que consideramos se cabe máis urxente que antes continuar e intensificar as mobilizacións pois logo do día da xornada electoral a posibilidade de conseguir resultados será moito menor

jueves, 11 de octubre de 2012
Movilizacións de CIG
Na proxima semana, a que comeza o luns, 15 de outubro, a C.I.G. na comarca da Coruña, temos convocadas e acordamos apoiar diferentes mobilizacións en resposta ás antigalegas, duras e inxustas políticas de recortes, de destrución de emprego e de direitos do P.P. de Feijoo e Rajoy.
Se mandamos este correo electrónico informativo é para procurar a túa implicación, a tua participación e a sua maior difusión.
As mobilizacións son :
1.- O LUNS, 15 DE OUTUBRO, ás 19 horas desde a Praza de Pontevedra, MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO EMPREGO E DOS SERVIZOS PÚBLICOS, convocada pola C.IG. e todos os sindicatos da Area Pública.
2.- O MARTES, 16 DE OUTUBRO, ÁS 11 horas, diante do Recinto Feiral, EXPOCORUÑA. A PLATAFORMA " NUNCA MÁIS" convoca UNHA CONCENTRACIÓN NACIONAL NA CORUÑA , con motivo do inicio do macro-xuizo do PRESTIGE.
3.- O MÉRCORES, 17 DE OUTUBRO :
- ÁS 10 HORAS, NOVA CONCENTRACIÓN da ASEMBLEA DE PARADOS/AS DA C.I.G. DA COMARCA DA CORUÑA, diante da Oficina do Inem da Avenida de Fisterra, na Coruña, como continuación a feita onte diante da Oficina do Inem de Monelos.
- MANIFESTACIÓN CON MOTIVO DA FOLGA ESTUDANTIL , ÁS 12 HORAS, saída da PRAZA DA PALLOZA.
4.- O XOVES, 18 DE OUTUBRO, MANIFESTACIÓN da PLANTILLA DE ALCOA- A CORUÑA, con saída ás 17:30horas da fábrica en Agrela.
RECORDADE A CONCENTRACIÓN DO LUNS 15/10 NA ENTRADA DE FÁBRICA DE 13:30 A 14:30 QUE NON ESTÁ NA LISTA ANTERIOR PORQUE FOI ACORDADA CON POSTERIORIDADE A ELABORACIÓN DESTA LISTA.
miércoles, 10 de octubre de 2012
MOVILIZACIÓNS
-Luns 15 de outubro de 13:30 a 14:30: Concentración na entrada da fábrica.
-Manifestacións os días 18 e 25 de outubro, saída da fábrica ás 17:30 horasdende rotonda de Arias Hermanos e regresando para Alcoa pola rotonda do Marineda City.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)