Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as
nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase
traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de
salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos,
etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o
PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de
institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu
modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da
banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG
chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións
convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as
medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.
As
políticas,
iniciadas
polo
PSOE
e
continuadas
agora
polo
PP
con
máis
virulencia,
de
recorte
de
gasto
público,
de
deterioración
de
servizos
públicos
como
ensino,
saúde
e
servizos
de
asistencia
social,
de
facilitar
e
abaratar
o
despedimento,
de
incrementar
a
idade
de
xubilación
e
reducir
a
contía
das
pensións
futuras,
etc,
responden
á
defensa
do
mesmo
modelo
económico
de
capitalismo
neoliberal. Son
políticas
que
non
serven
para
saír
da
crise
económica
e
que
realmente
o
que
buscan
é
incrementar
os
beneficios
e
o
poder
económico
do
capital
financeiro
especulativo,
cargando
os
custos
da
crise
económica
ás
clases
traballadoras.
Temos
que
rebelarnos
contra
estas
políticas
e
este
sistema
económico,
esixindo
dos
gobernos
que
fagan
políticas
que
realmente
axuden
a
saír
da
crise
e
que
o
fagan
desde
unha
perspectiva
favorábel
aos
intereses
da
maioría
social.
Si
existen
alternativas,
si
é
posíbel
facer
outro
tipo
de
políticas
diferentes
como
é
combater
realmente
a
fraude
fiscal,
facer
unha
política
impositiva
para
que
pague
máis
quen
máis
ten,
incrementar
os
impostos
ás
rendas
do
capital,
crear
unha
banca
pública
que
garanta
crédito
a
familias
e
pequenas
empresas,
incrementar
o
investimento
público
e
os
salarios
como
mecanismo
de
reactivación
da
economía
e
xerar
emprego,
rematar
co
especulación
coa
débeda
pública
pola
vía
de
que
o
BCE
compre
directamente
débeda
ao
estados,
negarse
os
estados
a
pagar
a
débeda
pública
ilexítima....
Este
sistema
económico
non
garante
dereitos
básicos
e
universais
á
poboación.
Este
modelo
económico
e
social
obriga
a
clase
traballadora
a
estar
permanentemente
en
loita
na
defensa
dun
salario
e
dun
posto
de
traballo
digno;
dun
ensino
e
dunha
sanidade
públicos
e
de
calidade;
dunha
vivenda
para
todos/as;
dunha
alimentación
sa;
dunha
política
industrial,
agrícola
e
de
infraestruturas
respectuosa
co
medio
ambiente...
Este
é
un
modelo
económico
ao
servizo
dunha
minoría
social
e
nestas
situacións
de
crise
é
cando
mellor
se
pon
de
manifesto.
Temos
pois
que
loitar
por
un
novo
modelo
de
organización
a
nivel
social
e
económico,
realmente
democrático,
que
sirva
aos
intereses
da
maioría
social
e
no
que
as
clases
populares
e
os
seus
representantes,
sociais
e
políticos,
sexan
os
que
fixen
as
políticas
económicas
e
laborais
e
non
institucións
políticas
e
financeiras
ao
servizo
do
capital.
Polo
que
respecta
á
clase
traballadora
galega,
hoxe
máis
que
nunca,
precisamos
poder
decidir
por
nós
mesmos
as
nosas
condicións
laborais
e
sociais,
por
iso
esiximos
un
Marco
Galego
de
Relacións
Laborais
e
Sociais,
con
competencias
plenas,
en
correspondencia
co
exercicio
do
dereito
á
soberanía
política
plena
da
nación
galega.
Os dereitos dos traballadores sempre se conseguiron mediante a loita
dos mesmos, con gran esforzo e sacrificio, e agora que estamos retrocedendo en dereitos laborais coas novas reformas ata o século XIX está ben recordar porque se conmemora o día da clase traballadora nesa data:
"Unha
das reivindicacións básicas dos traballadores do século XIX era a
xornada de oito horas. No ano 1829 formouse un movemento para solicitar
a lexislatura de New York a xornada de oito horas. Anteriormente
existía una lei que prohibía traballar más de 18 horas diarias, salvo
caso de necesidade. Si non había tal necesidade, calquera xefe dunha
compañía que por exemplo obrigase a un traballador a traballar xornadas
de mais de 18 horas diarias simplemente debía pagar una multa de 25
dólares.
En 1886, o presidente de Estados Unidos Andrew
Johnson promulgou a chamada Lei Ingersoll, establecendo as 8 horas de
traballo diarias. Ao pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que
permitían traballar xornadas máximas con cláusulas que permitían
facer traballar os obreiros entre 14 e 18 horas.As condicións de
traballo volvían a ser similares sendo insoportables,xa que se erguían
as catro da maña e chegaban as oito da tarde ou incluso despois,de
maneira que nunca vían as suas mulleres e fillos a luz do día.
A
prensa calificaba o movemento en demanda das 8 horas de traballo como
"indignante e irrespectuoso", "delirio de lunáticos pouco patriotas", e
manifestando que era "o mesmo que pedir que se pague un salario sen
cumprir ningunha hora de traballo".
Como a Ley Ingersoll non se
cumpriu as organizacións sindicais de Estados Unidos
mobilizáronse,convocando unha folga xeral para o 1 de Maio de 1886,pero a
principal organización de traballadores naqueles tempos en EE.UU. (a
Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo) remitiu una circular a todas las
organizacións adheridas onde manifestaba: "Ningún traballador adherido a
esta central fará folga o 1° de maio xa que non dimos ningunha orde ó
respecto". Este comunicado foi rexeitado por tódolos traballadores de
EE.UU. e Canadá, calificando os dirixentes da Nobre Orde traidores ó
movemento obreiro.
O 1° de maio de 1886, 200.000
traballadores iniciaron a folga, mentres que outros 200.000 obtiñan esa
conquista ca simple ameaza de paro.En Chicago onde as condicións dos traballadores eran moito peores que
noutras cidades as mobilizacións seguiron durante varios días. A única
fabrica que traballaba era la fábrica de maquinaria agrícola McCormik
que a pesar de estar en folga seguía adiante ca produción a base de
esquirois.
No terceiro día de folga a saída dos esquirois, os
traballadores encaráronse con eles comezando así unha batalla campal
.Vendo isto unha compañía de policías, sen aviso algún, procedeu a
disparar a queimarroupa sobre a xente producindo 6 mortos e varias
decenas de feridos.
O día seguinte convocouse un acto
de protesta,pero cando o alcalde dou por finalizado o mesmo, gran parte
da concorrencia (máis de 20.000 persoas) negáronse a marchar.A policía
considerou que terminado o acto non debía permitir que os obreiros
seguiran nese lugar, e avanzou cara o parque onde se encontraban e
empezou a reprimilos. De súpeto estallou entre os policías un artefacto
explosivo que matou a un oficial e feriu a varios. A policía entón
disparou sobre a multitude, matando e ferindo a un número descoñecido
de obreiros.Declarouse o estado de sitio e o toque de queda, e nos días
seguintes detívose a centenares de obreiros, os cales foron golpeados e
torturados, acusados do asasinato do policía.
O 21 de xunio de 1886, iniciouse a causa contra 31 responsables,
sendo logo reducido o número a 8. O Xuízo foi unha farsa de principio a
fin, violándose tódalas normas procesais de forma e de fondo, e a
pesar de non poder probar nada na súa contra, os oito de Chicago foron
declarados culpables, acusados de ser inimigos da sociedade e do orde
establecido. Tres deles foron condenados a prisión e cinco a forca."
Este
é un dos moitos exemplos do difícil e custoso que é conseguir melloras
sociais para os traballadores,melloras que hoxe en día pérdense con
facilidade tras sucesivas reformas,pactos,negociacións que o que fixeron foi precarizar as condicións da clase traballadora,pero está nas nosas mans o poder cambiar isto.